Previa CD Baio-Soneira SD

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1865

728

435

702

3062

3060

TOTAL LIGAS

1636

631

379

626

2612

2689

1ª AUTONÓMICA

464

185

126

153

698

669

Na décimoterceira xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao Soneira SD, nun novo derbi tras o vivido hai quince días contra o Fisterra SD. O club vimiancés foi fundado en 1965, e entrou a competir na terceira Liga da Costa. Esta é súa 42ª temporada, pois estivo varias campañas sen participar (da 1970-71 á 1977-78, e da 1991-92 á 1994-95). Despois do seu debut na Liga da Costa, estivo cinco temporadas competindo, para desaparecer durante oito campañas. Volve na 1978-79, e tras seis temporadas na Liga da Costa, ascende á 1ª Rexional semiprovincial, na que bota dúas temporadas. Cinco campañas estará na Liga da Costa da 1ª Rexional, ata que o club desaparece en logo da 1990-91. Tras catro campañas sen competir, volve na 3ª Rexional na 1995-96, e ese ano xa consegue o ascenso á Liga da Costa, na que vai botar nove anos antes de ascender á 1ª Rexional provincial. Logo de cinco temporadas nesta categoría logra o ascenso á Preferente, na que botará os seguintes catro anos. Tras dúas temporadas na 1ª Autonómica semiprovincial, volve ascender á Preferente na 15-16, para volver baixar ao ano seguinte e militar na actualidade neste Grupo 2º da 1ª Galicia. En definitiva, son 5 temporadas na Preferente, 15 na Liga da Costa, 1 na 3ª Rexional e coa actual 11 na 1ª Rexional. O Soneira conseguiu os títulos ligueiros da 1ª Autonómica (2015-16) e da Liga da Costa (1966-67, 1983-84 e 2004-05), así como dúas Copas da Costa (2008-09 e 2010-11), sendo ademais finalista en tres ocasións máis (1999-2000, 2006-07 e 2015-16).

Esta é a décimoquinta temporada que coinciden os dous conxuntos, cinco delas na 1ª Rexional e o resto na Liga da Costa. O seu primeiro enfrontamento tivo lugar o 19 de maio de 1966 no campo do Balsiño e o Soneira levou a vitoria con claridade (0-3). O mesmo que fixo nas tres temporadas seguintes, nas que os puntos marcharon para Vimianzo cos seguintes marcadores: 0-1, 0-3 e 1-2. Na 1969-70 chegou a primeira vitoria baiesa, e tamén a máis clara, un 5-0 ante un Soneira que acabaría co farol vermello esa temporada e deixaría de competir nas seguintes. Volveron coinidir na campaña 1979-80, na que o Baio volveu gañar (3-1). Empate na seguinte (1-1), mesmo resultado que se deu na 1982-83, tras un ano separados nos dous grupos da Liga da Costa. Tras o paso do Baio por categorías superiores, volveron coincidir na Liga da Costa 1989-90, con vitoria local (3-0), vitoria que se daría tamén na seguinte (2-0). Tras quince anos sen cadrar na mesma categoría, Baio e Soneira xogarían na temporada 2005-06 na 1ª Rexional provincial, e o resultado no Platas Reinoso foi de empate (1-1). A partir de aquí será o Soneira o que xogue en categorías superiores ao Baio, e non volverían coincidir ata a 2014-15, na 1ª Autonómica semiprovincial, e neste ano os baieses impuxéronse por 2-1, para empatar na campaña seguinte (2-2). Tamén houbo empate (1-1) na última visita ligueira do Soneira a Baio que tivo lugar a temporada pasada. As estatíticas amosan unha lixeira vantaxe para os baieses nos partidos xogados como locais, con cinco vitorias, cinco empates, e catro derrotas, tendo en conta que estas foron nos seus primeiros enfrontamentos. As estatísticas xerais, pola contra, indican unha lixeira vantaxe para os vimianceses, que gañaron 10 partidos, por nove derrotas e outros tantos empates.

O partido do domingo

O Soneira SD, despois da boa temporada pasada, mantén boa parte do bloque de xogadores, aínda que ten as importantes baixas de Anxo, Rubén Forján, Jota ou Vía Rápida. Para suplilos viñeron varias fichaxes, como Javi Souto e Álex Taibo (San Lorenzo), Sito (Sofán), Alemán (Tordoia), Samuel (Coristanco) ou César Vázquez (Lesende). Coa temporada comezada foron baixa Álex Figueiras, José Manuel e o propio César Vázquez, e chegaron Jairo (At. Coruña) e Adrián Pose (Boimorto). O adestrador Pedro Gómez utilizou ata o momento 20 xogadores, tres deles xuvenís. Conta na actualidade con 16 fichas de xogadores sénior, unha das cales pertence a Chapela que aínda non puido debutar. Dous xogadores non só foron titulares nos 12 encontros, senón que xogaron todos os minutos, son o porteiro Javi Souto e o defensa Alemán. Tamén participaron en todos os encontros Álex Taibo, Basti (os dous titulares en 11), Darío e Nazo. Sandelo e De la Sierra son fixos case sempre no centro do campo, ao igual que Sito na defensa e Pichi na dianteira. O resto dos postos tiveron varios candidatos, moitas veces motivados polas lesións, e aí temos que encadrar aos Aarón, Samuel, Agra e os mencionados Darío e Nazo. Jairo e Adrián Pose tamén o foron, aínda que menos veces pois foron fichaxes recentes. Moita presenza saíndo do banco teñen os xuvenís Sergio, Fran e Brais.

Na actualidade ocupa o 14º posto, con 13 puntos, logrados mediante catro vitorias (Bastavales 1-0, Cordeiro 0-1, Unión 2-1 e Esclavitud 5-2) e un empate (Chaián 0-0), perdendo sete partidos (Lalín 1-0, Fisterra 0-1, Flavia 3-0, Piloño 1-0, Tordoia 1-2, Praíña 1-3 e Dumbría 3-1). Como visitante suma tan só catro puntos, coa vitoria no campo do Cordeiro e o empate en Chaián, e destacan os dous únicos goles logrados fóra do Municipal, aínda que tamén hai que dicir que tan só encaixou 8. En total, os goles a favor son 12, e os encaixados 17. O máximo goleador é Pichi, con 3 goles, mentres que David Agra e Basti levan dous; con un están Álex Taibo, Alemán, Sandelo, Fran e Adrián Pose.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – SONEIRA S.D.

Domingo 25 de novembro; 16:15 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Adrián Pérez Rellán.

Asistentes: Iván Vilanova Antelo / Iván Ferreiro Santos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *