Previa SD Piloño-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1873

733

437

703

3079

3066

TOTAL LIGAS

1644

636

381

627

2629

2695

1ª AUTONÓMICA

472

190

128

154

715

675

O domingo o CD Baio ten que viaxar ata Vila de Cruces para xogar no campo do Camballón contra a SD Piloño, equipo fundado en 1996, e do que non imos repetir a súa historia, que podedes ver na previa do partido da primeira volta.

Tan só dicir que esta é a quinta temporada que coinciden os dous conxuntos na mesma categoría e grupo, todas elas na Primeira Autonómica semiprovincial (ou supraprovincial neste caso). O primeiro partido dos dous conxuntos no Camballón foi o 27 de abril de 2014, e nel o Baio impúxose por 1-2. Na seguinte visita, da temporada 2014-15 o Piloño impúxose claramente (3-0), e tamén gañaría na 2015-16 por 2-0, con dous goles nos últimos minutos. A última visita a terras cruceñas do CD Baio foi a campaña pasada, e nela o cadro baiés logrou unha importante vitoria (0-3) na súa loita pora evitar o descenso. Polo tanto, dos catro enfrontamentos repártense as vitorias entre os dous conxuntos (cinco goles a favor do Baio e seis a favor do Piloño, para desfacer a igualdade). Nas estatísticas xerais, o Baio é lixeiramente superior, pois suma 4 vitorias nos nove partidos, con dous empates e tres derrotas; leva 12 goles a favor e 15 en contra.

O partido do domingo

A SD Piloño era un dos equipos chamados a loitar polo título, máis polo bo traballo feito en temporadas anteriores que por manexar altos presupostos como pode ser o caso do Sigüeiro ou Flavia. Mais un inicio complicado de temporada, con moitas lesións fixeron que quedase descolgado dos postos cabeceiros, pero pouco a pouco vaise achegando e colleitando resultados ao nivel do esperado. A vitoria da pasada semana no Souto así o testemuña. O bloque de xogadores é similar ao da temporada pasada, pois as incorporacións eran poucas: o gardameta Caramés, que chegou da EF Lalín (e que xa causou baixa pois foise para o Cire Melide), o veterano Senra, e os tamén novos Manuel García (Cruces) e Martín Taboada (EF Lalín). Coas baixas lograron recuperar a Matías e Iván Fernández, para contar na actualidade con 21 fichas dispoñibles. E son 21 os xogadores que fixo xogar no que vai de campaña o míster Julio Alberto, e tan só Martín Taboada o fixo en todos os partidos (e en todos titular). Un partido menos xogaron Marc, Zequi e Manuel García, aínda que mentres que o veterano Marc foi titular en todos eles, os outros dous fórono en 13 deles. Son case sempre fixos na aliñación o porteiro Álex (sobre todo logo da marcha de Caramés na xª.9), Otero, Juan, Santi, Imanol e Dani Méndez. Moitos partidos desde o inicio levan tamén Dani ou Tuco, mentres que homes como Pablo ou Víctor reparten as súas aparicións entre a titularidade e a suplencia. Menos minutos acumulan de momento, aínda que non é por falta de calidade, os Maceiro, Romero, Javi López, Terri, Senra ou o recuperado Matías.

Na actualidade ocupa o 6º posto, con 31 puntos, logrados mediante oito vitorias (Esclavitud 0-4, Flavia 4-0, Soneira 1-0, Val do Ulla 1-3, Bertamiráns 3-5, Chaián 1-0, Praíña 1-0 e Flavia 0-1) e sete empates (na casa, Fisterra 1-1, Tordoia 0-0, Unión 0-0, Lalín 2-2 e Esclavitud 2-2; fóra, Esteirana 0-0 e Fisterra 1-1), e perdeu cinco partidos (Baio 2-1, Sigüeiro 2-0, Cordeiro 0-1, Bastavales 2-1 e Dumbría 2-0). Son pois 17 os puntos que logrou como local, polos 14 como visitante, cos mesmos encontros xogados como local e como visitante, e quizais na pouca bagaxe de puntos que leva no Camballón para o que era habitual neste equipo faga que non estea nos postos altos da táboa. En dez encontros tan só catro vitorias é algo estraño no Piloño, e se miramos os últimos partidos vemos dous empates contra Lalín e Esclavitud, que chegaron despois de dúas vitorias pola mínima contra equipos da parte baixa (Chaián e Praíña). Mais analizando o potencial deste equipo vemos que logrou gañarlle os dous partidos ao Flavia (o único que venceu no Souto) e empatar os dous co Fisterra, ou sacar catro puntos contra o Esclavitud. Outro dato que destaca está no aspecto goleador, pois marca e recibe máis goles como visitante que no Camballón, onde só lle marcaron sete dos 20 que leva en contra, mentres que marcou 13 dos 29 que suma a favor. O seu máximo goleador é Dani Méndez, con 8 goles, seguido por Martín Taboada, con 7; Víctor suma 5; con 3 están Marc e Manuel García; e completan con 1 gol Terri, Zequi e Imanol.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

S.D. PILOÑO – C.D. BAIO

Domingo 3 de febreiro; 18:15 horas.

Saída de Baio ás 15:30 horas.

Campo: O Camballón (Vila de Cruces).

Árbitro: Manuel Castro Mouzo.

Asistentes: Santiago Boedo Varela / Sergio García Otero.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *