A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1856 |
721 |
433 |
702 |
3044 |
3051 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1627 |
626 |
377 |
624 |
2600 |
2678 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
455 |
180 |
124 |
151 |
682 |
658 |
Na cuarta xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe no Platas Reinoso á SD Piloño. O club representativo da parroquia do mesmo nome, que non chega aos 300 habitantes, é relativamente novo, pois fundouse en 1996, polo que esta é a 23ª temporada da súa historia. Tras oito campañas na 3ª Rexional, a maioría delas ocupando postos baixos, na 2003-04 queda subcampión e ascende á 2ª Rexional. Pero só botará nesta categoría un ano, polo que volve baixar á 3ª Rexional, na que estará cinco temporadas máis. Na 2009-10 proclamouse campión e ascende á 2ª Autonómica, na que prolonga os seus éxitos. Na 2010-11 queda cuarto, pero na 2011-12 é subcampión e ascende á nova 1ª Autonómica. E nesta categoría acumula xa seis temporadas consecutivas, as primeiras delas acabando na zona media, pero mellorando nestas últimas. Na campaña 2016-17 rematou na 6ª posición, aínda que lonxe dos postos de ascenso e promoción, pero na 2017-18 a piques estivo de conseguir o título, pero ao final rematou nunha meritoria 3ª posición. Polo tanto, a SD Piloño disputou 13 temporadas na 3ª Rexional 2 na 2ª Rexional e esta é a sétima na 1ª Autonómica. Nas súas vitrinas figura esa liga da 3ª Rexional (2009-10) , á que hai que sumarlle a Copa do Sar conseguida na temporada 2016-17 (impúxose ao Bastavales UD), despois de perder a final da campaña 2015-16 (co Flavia SD).
Esta é a quinta temporada na que coinciden os dous conxuntos, todas elas na 1ª Autonómica semiprovincial. Nos oito enfrontamentos das catro temporadas disputadas, tres vitorias para cada un deles, e dous empates, polo que a igualdade é máxima, aínda que o Baio logrou marcar 10 goles, por 14 do Piloño. Tamén hai igualdade nos partidos disputados en Baio, cunha vitoria para cada un e dous empates, con 5 goles a favor do Baio e 8 a favor do Piloño. O primeiro partido que disputaron foi o 15 de decembro de 2013, no Platas Reinoso, e o Piloño goleou ao equipo baiés (1-5), desquitándose estes na volta, impoñéndose por 1-2. Na temporada seguinte o Piloño conseguiu empatar en Baio (2-2) no partido que pechaba a temporada, xa sen nada en xogo. E na 2015-16 o enfrontamento disputado no Platas Reinoso coincidiu co partido inaugural da liga e alí repetiuse o empate (neste caso, 0-0). A temporada pasada o Baio conseguiu gañar por vez primeira ao impoñerse por 2-1.
O partido do domingo
Despois da excelente temporada pasada, a SD Piloño segue confiando na mesma base e os resultados parece que confirman a aposta. Da man de Julio Alberto, apenas houbo cambios no plantel, e tan só hai que significar a chegada do veterano Senra, e para rexuvenecer o plantel ficharon ao porteiro Caramés e o dianteiro Taboada, da E.F. Lalín, e do veciño Cruces a Manu García. As baixas son as de Cherokee, Dumbo, Matías ou Iván Negro. O cadro de xogadores continúa cos Álex, Dani, Santi, Otero, Imanol, Maceiro, Marc Vidal, Zequi, Víctor, Dani Méndez, etc. ata completar as 20 fichas das que dispón o conxunto.
Nos tres partidos disputados, leva dúas vitorias e un empate, polo que os 7 puntos o sitúan na segunda posición, por detrás do líder Sigüeiro. Nove goles a favor e tan só un contra, o logrado polo Fisterra no empate da primeira xornada. Despois viñeron dúas goleadas: 0-4 na Escravitude e 4-0 ante o Flavia. Dos nove goles dous son de Víctor e outros dous de Dani Méndez, mentres que os outros foron obra de Zequi, Manu García, Martín Taboada, Marc e Imanol.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – S. D. PILOÑO
Domingo 23 de setembro; 17:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: David Castreje Ferrío.
Asistentes: Carlos Señarís Balsas / Sebastián Pérez Rellán

