A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1870 |
730 |
437 |
703 |
3072 |
3065 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1641 |
633 |
381 |
627 |
2622 |
2694 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
469 |
187 |
128 |
154 |
708 |
674 |
Comeza a segunda volta e recibimos no Platas Reinoso por vez primeira na historia ao Praíña Sporting Club, club fundado en 1970 en Pontevea, concello de Teo. Non imos repetir aquí o historial xa mostrado no partido de ida coa súa traxectoria nas 49 temporadas que leva competindo; tan só mencionar que esta súa estadía na 1ª Galicia é o seu maior logro -fóra dos títulos conseguidos- e para lograr o ascenso estivo loitando as últimas temporadas, lográndoo na pasada campaña brillantemente.
Polo tanto, é esta a primeira temporada que coinciden Baio e Praíña no mesmo grupo, e tan só temos o precedente da primeira volta disputado no campo Juan Amado, con vitoria do equipo baiés pola mínima (0-1) na presentación do campionato.
O partido do domingo
O Praíña Sporting Club está loitando nesta súa presentación na categoría por manterse afastado dos postos de descenso, mais a igualdade que reina nela fai que suba ou baixe na táboa dependendo de se encadea dous bos resultados ou malos. Con todo, boa primeira volta dun conxunto que mantivo boa parte do cadro de xogadores que o ano pasado lograron o título, aínda que tivo a significativa baixa nada máis comezar o campionato do seu goleador Lucas. As altas viñeron do porteiro Vicente Caneda, dos Toni Márquez (Bastavales) e Rober (Conxo Xuvenil), dos medios Fafú e Gato (Estradense), Borja (Chaián) e Adrián Ferreiro (Conxo Xuvenil), e do dianteiro Javier Sánchez (San Mamed). Pero andado o campionato sufriu un novo golpe coa baixa dun dos seus mellores homes, Fafú, que volvía para o Estradense, aínda que incorporaban a Tarrío (ex do Grixoa, Estudiantil, Conxo…). Conta o míster Diego Gálvez actualmente con 22 fichas, aínda que só utilizou 21 xogadores na primeira volta. Dous deles interviron en todos os partidos: Ameijeiras e Javier Sánchez, aínda que dúas veces fixérono desde o banco. Pódense considerar titulares tamén Diego Salgueiro, Álex Touceda, Ibán, Pegaso e Gato; e Luis na portería, aínda que Vicente tamén xogou catro partidos desde o inicio. Toni Márquez tamén foi as máis das veces da partida, e poden completar o once -sen contármonos a Fafú, titular indiscutible cando estaba no equipo- os Judoka, Adrián Castro ou Álex López. Alternando banco e titularidades estiveron Tito e Román, mentres que Adrián Ferreiro, Fer ou Calaza saían máis desde o banco que de inicio. Menos minutos tiveron Noé e Róber.
Na actualidade ocupa o 15º posto, con 17 puntos, logrados mediante cinco vitorias (Val do Ulla 2-1, Esteirana 1-0, Bastavales 2-3, Soneira 1-3 e Dumbría 2-1) e dous empates (Lalín 1-1 e Tordoia 2-2), e perdeu dez partidos (Baio 0-1, Sigüeiro 1-0, Bertamiráns 2-0, Fisterra 3-1, Flavia 0-3, Cordeiro 3-1, Unión 1-3, Chaián 1-0, Piloño 1-0 e Esclavitud 1-0). Os seus puntos foron fundamentalmente conseguidos no seu campo, onde sumou 11, por só 6 como visitante. Leva unha mala xeira nos últimos partidos da primeira volta, pois só sumou tres dos últimos 18 en xogo, o que o levou a postos baixos. As súas tres últimas saídas resolvéronse con derrota, pero pola mínima (1-0), e é que nos nove partidos como visitante marcou 8 goles e encaixou 15, dos 17 a favor e 27 en contra que leva na conta xeral. Os seus máximos goleadores son Fafú e Judoka, con 4 goles; Álex Touceda e Javier Sánches suman 2; e con 1 están Pegaso, Gato, Tito, Álex López e Román.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – PRAÍÑA SP.C.
Domingo 13 de xaneiro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Yannick Juncal García.
Asistentes: Carlos Martínez Rodríguez / Samuel Yuste Vázquez.

