Previa Xuvenil: UD Corcubión-CD Baio

A Liga da Costa Xuvenil chega á súa penúltima xornada e o CD Baio vai render a última visita da temporada, e neste caso vai viaxar ata Corcubión. Logo do excelente partido da semana pasada na que os baieses foron quen de facerlle fronte ao campión Corme, sendo un dos tres equipos que lograron non perder contra el, a ambición debe ser a clave neste partido deste sábado. E é que a UD Corcubión é o que figura por riba do Baio na clasificación, con dous puntos máis, polo que unha vitoria traería canda si superalo na clasificación. O cadro corcubionés tras unha meritoria primeira volta, só suma tres vitorias e un empate nesta segunda, con catro derrotas nos últimos cinco partidos. Leva 71 goles a favor e 78 en contra, numeros os dous superiores aos baieses; sumou máis puntos como visitante que como local (17 por 19). O seu máximo goleador é Saulo, con 12 goles, dous máis dos que leva Hugo. Se os rapaces do tandem Bieito-MC afrontan o choque coa seriedade mostrada nestas últimas xornadas poderán traer algo positivo da súa visita ao Novo Cubaleiro, e ter opción de acabar a liga entre os dez primeiros.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

U.D. CORCUBIÓN – C.D. BAIO

Sábado 21 de abril; 18:30 horas.

Saída de Baio ás 16:45 horas.

Campo: Novo Cubaleiro (Corcubión).

Árbitro: Juan Marcos Ríos Suárez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *