A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1846 |
718 |
429 |
699 |
3032 |
3035 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1619 |
624 |
373 |
622 |
2591 |
2666 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
447 |
178 |
120 |
149 |
673 |
646 |
Na trixésima xornada da Primeira Galicia o CD Baio vai recibir no Platas Reinoso ao Soneira SD. O club vimiancés foi fundado en 1965, e entrou a competir na terceira Liga da Costa. Esta é súa 41ª temporada, pois estivo varias campañas sen participar (da 1970-71 á 1977-78, e da 1991-92 á 1994-95). Despois do seu debut na Liga da Costa, estivo cinco temporadas competindo, para desaparecer durante oito campañas. Volve na 1978-79, e tras seis temporadas na Liga da Costa, ascende á 1ª Rexional semiprovincial, na que bota dúas temporadas, pola transformación do seu grupo en dous, polo que continúa na 1ª Rexional, pero en realidade é a Liga da Costa. Cinco temporadas bota nesta categoría, ata que o club desaparece en logo da 1990-91. Tras catro campañas sen competir, volve na 3ª Rexional na 1995-96, e ese ano xa consegue o ascenso á Liga da Costa, na que vai botar nove anos antes de ascender á 1ª Rexional provincial. Logo de cinco temporadas nesta categoría logra o ascenso á Preferente, na que botará os seguintes catro anos. Tras dúas temporadas na 1ª Autonómica semiprovincial, volve ascender á Preferente na 15-16, para volver baixar ao ano seguinte e militar na actualidade neste Grupo 2º da 1ª Galicia. En definitiva, son 5 temporadas na Preferente, 15 na Liga da Costa, 1 na 3ª Rexional e coa actual 10 na 1ª Rexional. É o 12º club da Costa en número de partidos disputados, que son un total de 1361 en todas as competicións oficiais, e 1196 en campionatos ligueiros. Curiosamente, a pasada semana o seu dianteiro Basti conseguiu marcar o gol número 1900 en liga que é ademais o 2200 en todas as competicións na historia do club soneirán.
O Soneira conseguiu os títulos ligueiros da 1ª Autonómica (2015-16) e da Liga da Costa (1966-67, 1983-84 e 2004-05), así como dúas Copas da Costa (2008-09 e 2010-11), sendo ademais finalista en tres ocasións máis (1999-2000, 2006-07 e 2015-16).
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
27 |
09 |
08 |
10 |
48 |
41 |
|
Xogados en Baio |
|||||
|
13 |
05 |
04 |
04 |
21 |
16 |
Esta é a decimocuarta temporada na que coinciden os dous conxuntos, catro delas na 1ª Rexional e o resto na Liga da Costa. O seu primeiro enfrontamento tivo lugar o 19 de maio de 1966 no campo do Balsiño e o Soneira levou a vitoria con claridade (0-3). O mesmo que fixo nas tres temporadas seguintes, nas que os puntos marcharon para Vimianzo cos seguintes marcadores: 0-1, 0-3 e 1-2. Na 1969-70 chegou a primeira vitoria baiesa, e tamén a máis clara, un 5-0 ante un Soneira que acabaría co farol vermello esa temporada e deixaría de competir nas seguintes. Volveron coinidir na campaña 1979-80, na que o Baio volveu gañar (3-1). Empate na seguinte (1-1), mesmo resultado que se deu na 1982-83, tras un ano separados nos dous grupos da Liga da Costa. Tras o paso do Baio por categorías superiores, volveron coincidir na Liga da Costa 1989-90, con vitoria local (3-0), vitoria que se daría tamén na seguinte (2-0). Tras quince anos sen cadrar na mesma categoría, Baio e Soneira xogarían na temporada 2005-06 na 1ª Rexional provincial, e o resultado no Platas Reinoso foi de empate (1-1). A partir de aquí será o Soneira o que xogue en categorías superiores ao Baio, e non volverían coincidir ata a 2014-15, na 1ª Autonómica semiprovincial, e neste ano os baieses impuxéronse por 2-1, para empatar na campaña seguinte (2-2), na que foi a última visita ligueira do Soneira a Baio. As estatíticas amosan unha lixeira vantaxe para os baieses nos partidos xogados como locais, tendo en conta que as catro derrotas sufridas foron nos seus primeiros enfrontamentos. As estatísticas xerais, pola contra, indican unha lixeira vantaxe para os vimianceses.
O partido do domingo
O Soneira SD, tras un irregular comezo, foi mellorando ao longo da campaña e figura na actualidade no 7º posto. Suma un total de 51 puntos, colleitados de 15 vitorias e 6 empates, mentres que perdeu 8 partidos. Disputou 15 partidos como local e un menos como visitante, sumando 29 puntos nos partidos da casa e 22 nos de fóra. Lonxe do seu campo gañaron sete partidos: Fisterra, At. Ribeira, Unión, Cordeiro, Sigüeiro, Silleda e Bertamiráns; mentres que empatou só un, en Chaián; e caeu derrotado nos seus enfrontamentos con Piloño, Flavia, Tordoia, Agolada, Lalín e San Lorenzo. A mellora do Soneira demóstrase nos últimos dous meses, xa que acumula sete partidos sen perder (5 vitorias e 2 empates).
Tras a presenza durante a primeira volta de Rafael Suárez no banco, o ex-adestrador baiés Pedro Gómez fíxose cargo do equipo soneirán nesta segunda. Ata un total de 26 xogadores sénior e 4 xuvenís foron utilizados no que vai de campionato, aínda que tivo o equipo nada menos que oito baixas e algunha lesión de longa duración, coma a de Óscar. Na actualidade conta con 24 fichas sénior, aínda que algúns deles non foron nunca convocados. Quen estivo presente en todos os patidos foi o defensa Jota, cunha única suplencia. Xunto a el, foron case fixos no once inicial os Basti, Pichi, Álex Figueiras, Sandelo, Aaron, o xa ex-xogador Alberto Vía, ou Darío. Anxo é normalemente o titular na portería, aínda que Josiño tamén interveu en varios partidos; e De la Sierra e Rubén Forján son tamén fixos desde hai moitas xornadas. O camariñan Nazo ou a fichaxe de inverno Chapela tamén teñen moita presenza nos onces; mentres que Brais Mouzo e Chinda teñen menos minutos. O Soneira leva marcados ata o momento 54 goles, o que o converten no 3º equipo máis goleador do grupo, mentres que só encaixou 32 goles -o 4º que menos recibe-. O seu máximo goleador é Basti, con 13 goles, seguido por Pichi, con 7, e con 6 están Aarón e Chapela; marcou 5 o xa ex-soneirán Bruno, e 4 para Nazo e Alberto Vía, mentres que Álex Figueiras suma 3, ata completar unha lista de 11 xogadores que lograron marcar.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – SONEIRA S.D.
Domingo 22 de abril; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Óscar Regos Martínez
Asistentes: Álvaro Puga Nogueira / Diego Cusset Ramírez

