Tras a non disputa da xornada da Liga da Costa Xuvenil a semana pasada polo temporal, volve este sábado a competición e o CD Baio viaxa ata Vimianzo para enfrontarse ao Soneira SD. O equipo vimiancés ocupa os postos medio-altos, actualmente na 6ª posición, con 40 puntos. Leva nesta segunda volta xogados oito partidos, con 4 vitorias e catro derrotas. Leva unha boa cantidade de goles a favor, 69, pero tamén recibe moitos pois está a piques de igualar a cifra: 67. O seu máximo goleador é Moreira, que leva case a metade do equipo, 33, o que o converte no segundo na táboa de artilleiros do grupo. Na primeira volta o Soneira logrou a vitoria no Platas Reinoso, cun triunfo pola mínima (2-3), que esperan os rapaces de Bieito e MC devolver nesta ocasión.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
SONEIRA S.D. – C.D. BAIO
Sábado 17 de marzo; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: Municipal (Vimianzo).
Árbitro: David Castreje Ferrío.

