Previa: CD Baio-Bastavales UD

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1842

714

429

699

3024

3034

TOTAL LIGAS

1615

620

373

622

2583

2665

1ª AUTONÓMICA

443

174

120

149

665

645

Na vixésimosexta xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe por vez primeira ao Bastavales U.D., club que debuta na 1ª Autonómica, tras moitos anos competindo na Liga do Sar. Despois do intento da temporada 2015-16, na que quedou ás portas do ascenso na liguiña de promoción co Sp. Zas, a temporada 16-17 converteuse nun paseo para eles no Grupo 4º da 2ª Galicia, proclamándose campión con varias xornadas de adianto. Puido completar a súa boa temporada coa Copa do Sar, pero perdeu a final que o enfrontou ao Piloño SD, non podendo aínda conseguir este trofeo tras chegar por segunda vez á final (a anterior fora na temporada 77-78, que gañara o Padrón SD).

Como dixemos é a primeira visita que o Bastavales fai a Baio, dúas parroquias de similar poboación que non son capitais municipais comparten este ano categoría. Tras seren campións a temporada pasada das súas respectivas ligas, este ano enfrontáronse en Brión con empate final no marcador (1-1).

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

1

0

1

0

1

1

Xogados en Baio

0

0

0

0

0

0

O partido do domingo

Aínda que os dous ascenderon esta pasada temporada, a campaña dos dous é ben distinta, pois mentres o Baio está sufrindo para manter a categoría, o Bastavales UD é a gran revelación da categoría, pois ocupa na actualidade o 3º posto, a pesar de non xogar a pasada xornada polo temporal. Suma nos 24 partidos disputados 45 puntos, colleitados tras 14 vitorias, 3 empates e 7 derrotas. Como local xogou 11 encontros, nos que fixo 23 puntos; un punto menos sumou como visitante a pesar de xogar dous partidos máis, con 7 vitorias (Unión, Flavia, Tordoia, Cordeiro, San Lorenzo, Silleda e Bertamiráns), un só empate (Chaián), e sufriu 5 derrotas (Ribeira, Agolada, Lalín, Sigüeiro e Soneira).

Alberto Fernández ‘Pika’ utilizou no que vai de temporada 26 xogadores sénior e 2 xuvenís, sen que ningún deles participase nos 24 partidos. A un deles están Viti, Pereira, Laba e Maikel Danuite, dos que os dous primeiros foron titulares en todos eles. Xunto a estes catro, tamén é fixo nas aliñacións Xaco, mentres que na portería o é David Insua tras estar fóra as primeiras xornadas. Tamén o é Adrián Beiroa desde que fichou e Julián Nieto, que foi baixa unhas xornadas polas lesións. Outros xogadores con moitos minutos son Raúl Insua, Mirazo e Fran; e menos ca eles teñen Vila, Óscar. Do banco saen normalmente Miguel Castro, Luis Rey, Lito, Anxo, Rocamonde, Dani Santos, Baliño ou Márquez. Ata 14 xogadores marcaron no que vai de temporada a pesar de que non leva unha gran cantidade de goles dada a súa posición. O seu máximo goleador é Beiroa, con 7 goles, con 6 está Julián Nieto, mentres que 5 suman Pedreira e Laba; Raúl Insua e Viti levan 3, e con 2 están Luis Rey e Villaverde; Emilio, Miguel Castro, Mirazo, Róber, Vila e Xaco conseguiron anotar cadanseu gol.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – BASTAVALES U.D.

Domingo 18 de marzo; 17:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: David Castreje Ferrío

Asistentes: Óscar Rey Sánchez / Daniel Martínez Ferreiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *