Volve a Liga da Costa Xuvenil coa disputa este sábado da 20ª xornada, na que o CD Baio se despraza ata Coristanco. Tras a derrota na anterior xornada ante o Laxe, o equipo baiés perdeu un pouco o contacto cos equipos que lle preceden na clasificación, polo que é bo renovar a confianza para poder ir escalando postos na clasificación. A visita a Coristanco non vai ser fácil, pois o equipo da terra da pataca ocupa actualmente o 6º posto, con 31 puntos, e aínda que ten un partido menos, vaille ser moi difícil alcanzar os dous primeiros postos, aínda que por falta de empeño non vai ser, pois acumula catro vitorias nos últimos partidos que disputou. A pesar da lenda do campo da Rocheira como unha encerrona, o certo é que o equipo coristanqués conseguiu máis puntos como visitante que como local, pois a metade dos equipos que o visitaron conseguiron puntuar. É un conxunto que consegue un bo número de goles, con Diego Castro como gran definidor (20 goles), sen esquecernos de Fran (14), pero tamén encaixa, pois suma 40 na súa contra (case os mesmos que leva o Baio).
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
S.D. CORISTANCO – C.D. BAIO
Sábado 13 de xaneiro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: A Rocheira (Coristanco).
Árbitro: Iván Ferreiro Santos.

