A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1834 |
714 |
426 |
694 |
3022 |
3025 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1607 |
620 |
370 |
617 |
2581 |
2656 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
435 |
174 |
117 |
144 |
663 |
636 |
O CD Baio vai viaxar ata terras de Trazo para enfrontarse na decimoitava xornada -primeira da segunda volta- da Primeira Galicia ao Chaián CF no campo de Augas Santas. O equipo local, ascendido esta temporada como o CD Baio, compite desde hai 33 temporadas. Tras botar as súas primeiras trece campañas na categoría máis baixa (3ª Rexional, ou 2ª cando a Liga do Sar pasou á 1ª) ascendeu á Liga do Sar tras proclamarse campión da 3ª na 97-98. Tres temporadas na Liga do Sar, e o subcampionato na 00-01 valéronlle para subir á 1ª Rexional provincial, categoría na que botaría catro temporadas. Dúas temporadas na Liga do Sar, a segunda delas, a 06-07, como campión e novo ascenso á 1ª Autonómica provincial. Mais só estaría un ano nela, para iniciar un descenso, primeiro á Liga do Sar e despois á 3ª Autonómica. No segundo ano nesta proclámase campión e sobe de novo á Liga do Sar. Tras seis temporadas consegue o campionato na campaña pasada e ascende á 1ª Galicia semiprovincial, na que se atopa nestes momentos. Son, logo, 12 temporadas na Liga do Sar, 15 na 3ª Rexional, e coa actual 6 na 1ª Rexional. No seu currículo están dúas Ligas do Sar (2006-07 e 2016-17) e outras dúas da 3ª Rexional (1997-98 e 2010-11).
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
09 |
02 |
05 |
02 |
11 |
12 |
|
Xogados en Chaián |
|||||
|
04 |
00 |
03 |
01 |
05 |
06 |
Esta é a quinta temporada na que coincidan os dous conxuntos, todas elas na 1ª Rexional. O primeiro enfrontamento foi o 11 de novembro de 2001, no Platas Reinoso, con vitoria local (3-2), mesmo resultado para os locais que se deu no primeiro encontro xogado en Chaián, o 24 de marzo de 2002. A seguinte visita a Chaián do CD Baio foi o 1-12-2002, con empate no marcador (2-2); á temporada seguinte volveron empatar, neste caso 0-0, o 24 de febreiro de 2004. E na última visita a terras tracenses, o 20-2-2005, o Chaián e o Baio empataron de novo (1-1). Polo tanto, tres empates e unha derrota é a estatística dos encontros xogados en Chaián polo CD Baio, mentres que no computo global os números están igualados.
O partido do domingo
O Chaián CF, como dixemos, ascendeu de novo esta temporada á 1ª Galicia como campión do seu grupo, e está facendo unha boa campaña ata o momento, tras comezar un pouco dubitativo, pois non conseguiu gañar o primeiro partido ata a xornada 8ª. Actualmente ocupa o 12º posto, con 19 puntos, os mesmos que suma o Baio, aínda que o Chaián conta cun partido menos (o suspendido fronte ao Flavia). Os puntos veñen dados por catro vitorias, sete empates e cinco derrotas, o que o converten, tamén empatados co Baio, no rei do empate. Como local conseguiu 11 puntos nos oito encontros (vitorias ante Fisterra, San Lorenzo e Silleda; empate con Piloño e Tordoia; derrota con Agolada, Lalín e Sigüeiro); mentres que fóra só sumou 8 puntos (triunfo no campo do Soneira; empates ante Baio, Cordeiro, At. Ribeira, Unión e Bertamiráns; derrotas en Puebla e Bastavales). Os goles no equipo teñen nome propio, Jacobo López, que leva 9, seguido por Anxo, con 3, e Álex Caeiro, con 2, e logo ata oito xogadores máis lograron marcar un gol.
Nesta primeira volta, aparecen unha serie de xogadores como máis ou menos fixos no once inicial. Non houbo ningún que disputase a totalidade de encontros, mais Martín foi titular en 15 e Rubén en 14. Son tamén da partida habitualmente Javi, Anxo, Jacobo López, Dani López, Álvaro ou Raúl; mentres que na portería estanse relevando Peri e Miguel. Contan tamén con moitos minutos, Iván, Antón, Jacobo Estévez ou Dani Mato; mentres que adoitan saír desde o banco os Cea, Álex Caeiro, Róber Prendes ou Pablo, ata completar os 23 xogadores que foron utilizados ata o momento.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
CHAIÁN C.F. – C.D. BAIO
Domingo 14 de xaneiro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 13:45 horas.
Campo: Augas Santas (Chaián).
Árbitro: Marco Alejandro Castro Liñares
Asistentes: Pablo Blanco Ameijeiras / Raúl Ferreiro Pampín

