Previa Xuvenil: SD Cabana-CD Baio

Este sábado temos en xogo a Liga da Costa Xuvenil e o CD Baio ten un curto desprazamento ata Neaño para enfrontarse á SD Cabana. Despois da difícil vitoria fronte ao Xallas da semana pasada, que como previamos ía poñer as cousas complicadas, o equipo baiés demostrou fortaleza para remontar o gol inicial dos xalleiros e conseguir un triunfo que os coloque en disposición de ir subindo postos nesa zona media da clasificación. E este sábado recibe ao Cabana, que ocupa o 5º posto, ou o que é igual o primeiro dos que quedou descolgado dos catro que loitan polo título de liga e pola segunda praza que dá dereito a xogar o ascenso á Liga Galega. Os cabaneses levan 41 puntos tras 24 partidos disputados, nos que conseguiron un bo número de goles, nada menos que 86, pero tamén encaixan bastante para estar nos postos altos (58). Tres grandes goleadores teñen os cabaneses, como son Manuel (18), Simón (17) e Diego (15). Será, pois, un duro contrincante ao que haberá que ter moi ben vixiado na defensa, pero que permite chegar á área contraria, onde hai que aproveitar as oportunidades para sacar algo positivo.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

S.D. CABANA – C.D. BAIO

Sábado 3 de marzo; 17:00 horas.

Saída de Baio ás 15:45 horas.

Campo: As Redondas (Neaño-Cesullas).

Árbitro: Alberto Baña Tajes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *