Previa: CD Baio-Puebla FC

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1840

714

428

698

3024

3033

TOTAL LIGAS

1613

620

372

621

2583

2664

1ª AUTONÓMICA

441

174

119

148

665

644

Na 24ª xornada da 1ª Galicia o CD Baio recibe no Platas Reinoso a un dos grandes favoritos para gañar a liga, o Puebla FC. O equipo barbanzano fundouse en 1973, e nas 44 temporadas que leva disputadas, estivo en todas as categorías desde a 3ª División á 3ª Autonómica. Tras as súas cinco primeiras temporadas na Liga do Sar, na 78-79 proclámase campión da 2ª Rexional e ascende á 1ª Rexional. Aquí vai estar cinco temporadas, ata que na 83-84 logra o título en dura loita co CD Baio. Tres campañas en Preferente, para na última delas ser subcampión e ascender á 3ª División, categoría na que botará tameén tres temporadas, descendendo de novo á Preferente polos arrastres. A dúas campañas na Preferente seguíronlle catro na 1ª Rexional, nove na 2ª Rexional para caer na 3ª, na que competiu catro temporadas. Co título na 08-09, ascende á 2ª Autonómica, na que estará tres campañas, a última delas, a 11-12, como campión, ascende á 1ª Autonómica. Outras tres temporadas no grupo semiprovincial, e subcampionato na última delas que lle valeu o ascenso de novo á Preferente tras gañar a promoción. Pero só bota unha temporada e baixa á 1ª Autonómica, na que leva con esta dúas temporadas consecutivas. En resumo, 3 temporadas na 3ª División, 6 na Preferente, 14 na 1ª Autonómica, 13 na 2ª Autonómica (+5 na Liga do Sar) e 3 na 3ª Autonómica. Suma os seguintes títulos: 1 liga de 1ª Rexional, 2 ligas de 2ª Rexional e 1 liga de 3ª Autonómica. Non chegou nunca á final da Copa do Sar, pero si gañou unha Copa Galicia de Preferente.

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

15

9

2

4

29

18

Xogados en Baio

7

6

1

0

16

05

Esta é a oitava temporada na que coinciden os dous clubs, tres na Preferente e as outras cinco na 1ª Autonómica. A primeira vez que coincidiron foi o 6 de novembro de 1983 no campo da Alta, con empate no marcador (2-2), e a primeira visita do Puebla a Baio foi o 1 de abril de 1984, e no Balsiño gañaron os locais (2-1). Os dous ascenderon á Preferente e as tres seguintes campañas van enfrontarse nesta categoría. Na 1984-85 repetiuse no Balsiño o marcador da temporada anterior (2-1), na 1985-86 volveu gañar o Baio, nesta ocasión por 2-0 e na 1986-87 o Puebla conseguiu por vez primeira puntuar (2-2). Habería que agardar ata a temporada 1994-95 para que cadrasen de novo, neste caso na 1ª Rexional provincial, e o Baio campión goleou no Platas Reinoso (4-0). Máis houbo que agardar para a seguinte visita dos barbanzáns a Baio, pois ata a campaña 2013-14 non volveron facelo. Nesta ocasión o Baio gañou con claridade (3-1), mentres que na 2014-15 a vitoria xa foi máis axustada (1-0). Xa que logo, nas sete visitas do Puebla FC a campo baiés non conseguiu máis que un empate, polo que as estatísticas son moi claramente favorables aos baieses. Tamén o son as estatísticas xerais, que amosan que é un equipo que se lle dá ben historicamente.

O partido do domingo

Pero as estatísticas non entenden de presente, e o Puebla FC é hoxe en día un dos mellores cadros da 1ª Galicia, que a pesar dun comezo irregular acumula 12 xornadas sen perder (con 7 vitorias e 5 empates). 22 xogadores sénior utilizou o míster Casalderrey, aos que lles hai que sumar varios xuvenís que normalmente completan a convocatoria. Tan só un xogador estivo xogou nas 23 xornadas que levamos disputados, e é nada menos que a súa figura, Changui (22 como titular). Xunto con el outros seis podemos dicir que son fixos nas aliñacións do cadro pobrense: o porteiro Juan, os defensas Pablo Pérez e Rafa, os medios Benogo e Treus e o dianteiro Pap. Para os demais postos van entrando outros xogadores como Espi, Manuel María, Sandro, Jesús, Diego Rivas, Xacobe, Nacho ou Viturro. Álex Teira, que volveu despois de xogar esta temporada co Ordes na Preferente, estase facendo tamén un oco no once. Menos partidos tiveron Sergio, Piñeiro ou Jorge Lojo.

Na actualidade o Puebla figura na 5ª praza, achegándose pouco a pouco aos postos cabeceiros por esa boa xeira de partidos sen perder. Suma 42 puntos, mercé a 12 vitorias e 6 empates, con 5 derrotas. É máis forte como local, pois nos 11 partidos que xogou na casa sacou 24 puntos, mentres que fóra só sumou 18 disputando un encontro máis. Fóra da Alta venceu en Tordoia, Sigüeiro, Ribeira, Chaián e Bertamiráns; empatou nos campos do Cordeiro, Soneira e Silleda, e foi derrotado nos do Unión, Agolada, Flavia e Bastavales. Conseguiu marcar un total de 43 goles, a terceira mellor marca do grupo, e só encaixou 22, o segundo que menos encaixa. Os goles teñen fácil localización, pois son repartidos practicamente por catro xogadores: Viturro suma 12, Changui 11, Pap leva 10 e Espi 6; os catro restantes marcáronos Xacobe (2) e cadanseu Piñeiro e Diego Rivas.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – PUEBLA F.C.

Domingo 4 de marzo; 17:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Juan Núñez Fiúza.

Asistentes: Alejandro García Mosquera / Santiago Lobón Martínez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *