A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1839 |
714 |
428 |
697 |
3024 |
3031 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1612 |
620 |
372 |
620 |
2583 |
2662 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
440 |
174 |
119 |
147 |
665 |
642 |
Chegamos á 23ª xornada de liga no Grupo 2 da 1ª Galicia, e o CD Baio viaxa ata terras dezanas para enfrontarse á SD Agolada. O equipo agolandense compite dende a temporada 1997-98, aínda que non de forma consecutiva. De feito, estivo as súas dúas primeiras campañas na 3ª Rexional e logo deixou de competir durante cinco anos, para volver na 2004-05 de novo na 3ª Rexional. Tras cinco campañas o subcampionato da 2008-09 valeulle o ascenso á Liga do Sar. Tras asentarse nesta categoría na 2009-10, ao ano seguinte chegou o subcampionato que lle deu opción de xogar a promoción de ascenso, pero tras superar ao Bertamiráns B, non puido co Carral. Non puido ascender na campaña 2011-12 a pesar dos moitos ascensos pola creación dun novo grupo na 1ª, pero na 2012-13 foi de novo subcampión e na promoción puido conseguir o ascenso, xunto co Baio, deixando eliminado ao Sálvora ribeirense. Debutaba na 2013-14 na 1ª Autonómica semiprovincial, categoría na que segue a día de hoxe, acumulando cinco temporadas consecutivas. A campaña pasada estivo a piques de ascender á Preferente, pois o seu segundo posto deulle dereito a xogar a promoción, pero nesta non puido superar ao San Tirso. Polo tanto, leva a SD Agolada 16 temporadas competindo, divididas entre as 7 da 3ª Rexional, 4 na Liga do Sar e 5 na 1ª Autonómica.
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
9 |
1 |
5 |
3 |
12 |
12 |
|
Xogados en Agolada |
|||||
|
4 |
0 |
2 |
2 |
04 |
06 |
Esta é a quinta temporada na que coinciden os dous clubs, catro delas na 1ª Autonómica e a previa na fase de ascenso a esta categoría. Polo tanto, o seu primeiro enfrontamento foi na temporada 2012-13, e o 20 de maio de 2012 tivo lugar ese partido no Hospitalillo, con vitoria local por 2-1. Xa na competición provincial, na 2013-14 o seu primeiro partido en terras dezanas acabou co empate final (1-1), mesmo resultaddo que se deu na 2014-15; e na última visita do Baio a Agolada o cadro local, completando o círculo gañou por 2-1. Polo tanto, o Baio non foi capaz de gañar nunca no Hospitalillo, pero puido conseguir o empate en dúas ocasións e mesmo nas derrotas estivo preto de puntuar. Con todo, as estísticas son favorables ao club agoladense, tanto as dos partidos xogados no seu campo como as xerais.
O partido do domingo
A SD Agolada está certificando esta temporada o amosado o ano pasado, e figura desde o comezo da competición nos postos altos, ata chegar ao liderato que ocupa desde hai varias xornadas. Da man de Pichel foron 19 os xogadores utilizados ata o momento na liga, dos que ningún participou en todos os partidos, pero Jacobo e Pacheco chegan aos 21 encontros. Na portería o veterano Rafa e o xoven Peti repártense os partidos xogados, e para os dez postos restantes do equipo titular xoga o míster con 14 homes. Na defensa Jacobo e Rivas son fixos, e Pacheco e Santi no medio do campo. Na dianteira Aitor foi titular en todos os encontros nos que estivo dispoñible logo da súa lesión, e pola contra David foi perdendo protagonismo nas aliñacións. Rubén, Canutas e Leo repártense os postos restantes da defensa; Brais, Joselu e David fano no medio do campo, e diante Álex Diéguez e Jemba, mentres que do banco adoitan saír Gabucho, Pablo e Miguel Díaz.
Tras 22 xornadas o Agolada lidera a clasificación aproveitando a boa xeira de 10 partidos sen perder que leva (8 vitorias e 2 empates). Leva o equipo dezano 15 vitorias e tres empates, con tan só catro derrotas, o que dá un total de 48 puntos. Disputou só 10 partidos como local, nos que sumou 22 puntos, mentres que colleitou 26 puntos fóra da casa nos 12 partidos que xogou. Como local gañoulle ao Flavia, Tordoia, Puebla, Bastavales, Soneira, At. Ribeira e Bertamiráns; empatou co Chaián e perdeu con Unión e Cordeiro. Como visitante suma oito vitorias: Chaián, Sigu, Lalín, Fisterra, San Lorenzo, Silleda, Unión e Tordoia; dous empates co Baio e Flavia, e veu derrotado de Bertamiráns e Piloño. Leva un total de 39 goles a favor, o que o converten no 3º equipo máis goleador do grupo, e tan só encaixou 19, o que menos recibe deste grupo. O seu máximo goleador é o seu xogador revelación Álex Diéguez, que xa chegou aos 10 goles (o ano pasou marcou 3 en 30 partidos); tras el figuran Jemba, con 8, e Aitor, con 7. Os trece xogadores que lograron marcar complétanse con: Brais, Canutas, Pacheco e Santi, con 2 goles, e con 1 están David, Joselu, Miguel Díaz, Pablo, Rivas e incluso o porteiro Peti.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
S.D. AGOLADA – C.D. BAIO
Domingo 25 de febreiro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:00 horas.
Campo: O Hospitalillo (Agolada).
Árbitro: Noel Villamor Rial.
Asistentes: Pablo Blanco Ameijeiras / Andrés Ferro Benito.

