Volve este sábado a Liga da Costa Xuvenil ao Platas Reinoso, e faino coa visita do renacido Xallas FC. Tras a derrota da pasada semana na visita a Fisterra, cun gran primeiro tempo, pero que a lesión de Anxo e o potencial físico dos fisterráns no segundo período fixo moi avultado o marcador final. Deben esquecer os rapaces baieses esta “esperable” derrota e centrarse nun complicado partido ante o Xallas, que vén mostrando nas últimas semanas unha importante melloría, pois gañou tres e empatou un nos últimos catro partidos, e dous últimos oito venceu en cinco e empatou un, aínda que a súa vitoria co Outes foi eliminada pola retidada destes dos 13 que leva na clasificación. Conseguiu adiantar a Camariñas e Muxía na clasificación, e non ten nada que ver co equipo que recibía goleadas nos seus partidos. Aínda así leva unha boa cifra goleadora, 39 goles, similar á do Baio, e o 100 goles que encaixou teñen como dicimos un antes e un despois. Manu e Fran, con 11 goles cada un, son os seus máximos goleadores. Polo tanto, non o vai ter nada fácil o equipo baiés ante un rival en alza, e terá que poñer todos os sentidos para conseguir sumar os tres puntos.
O equipo baiés, agora con 23 puntos despois da regularización da clasificación, ten que intentar competir nestes partidos para seguir subindo na clasificación e rematar a liga na mellor posición posible. Pero para iso debe manter a boa actitude que mostra contra os “equipos grandes” e non pensar que todo está feito antes de empezar, porque o Xallas non vai ser un rival sinxelo. Os feitos así o demostran.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
C.D. BAIO – XALLAS F.C.
Sábado 24 de febreiro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Borja Señarís Balsas.

