Este sábado temos de novo no Platas Reinoso a Liga da Costa Xuvenil coa disputa da 21ª xornada, na que o CD Baio recibe á SD Sofán. Tras a magnífica vitoria da semana pasada na Rocheira ante un potente rival como o Coristanco, os rapaces de Bieito-MC terán a oportunidade de mostrar a súa recuperación ante o conxunto carballés, que os segue na clasificación. É que o equipo sofanista acumula sete partidos seguidos perdendo, que son dez dos últimos once, o que os levou ata a 14ª posición, con 16 puntos. Leva aínda así unha boa cifra realizadora, con 45 goles a favor, por 55 en contra. O seu home perigoso é David, que con 22 goles, suma case a metade do equipo. Como dixemos en anteriores semanas, o Baio ten que intentar engancharse cos equipos que figuran na zona media da clasificación, para non quedar descolgados en terra de ninguén. E para iso é imprescindible facerse forte como locais, e sobre todo, ante rivais parellos.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
C.D. BAIO – S.D. SOFÁN
Sábado 20 de xaneiro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Daniel Martínez Ferreiro.

