A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1835 |
714 |
426 |
695 |
3023 |
3028 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1608 |
620 |
370 |
618 |
2582 |
2659 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
436 |
174 |
117 |
145 |
664 |
639 |
O CD Baio vai recibir este domingo no Platas Reinoso a un dos clásicos do fútbol galego, o Flavia SD. O equipo padronés foi fundado en 1964 baixo a denominación Padrón Frente de Juventudes, que en 1967 mudou por Padrón S.D., e xa desde 1979 adoptou o actual nome en recordo do antigo club desta vila. Participou sempre na Liga do Sar ata que se converteu en Flavia SD, que comezou a subir de categoría. Foron 14 temporadas na Liga do Sar ata que se produce unha subida fulgurante: na 1978-79 xoga na 1ª Rexional, na 1979-80 na Preferente, e na 1980-81 está xa na 3ª División, categoría na que vai botar catro anos seguidos. Volve descender á Preferente, pero axiña volve á 3ª División, na que estará tres anos. Tres temporadas máis na Preferente e na 1991-92 xoga de novo na 3ª División, mais será esa campaña pois volve á Preferente outros tres anos, para xogar por última vez na 3ª División na 1995-96. A partir de aquí descenso seguido, primeiro á Preferente e despois á 1ª Rexional; nesta categoría provincial bota cinco temporadas ata que descende á Liga do Sar. Xoga nesta liga na 2002-03, pero á seguinte xa está na 1ª Rexional e á seguinte outra vez na Preferente, na que durará sete campañas. Na 2011-12 xoga na 1ª Autonómica provincial e a partir da seguinte na semiprovincial, na que acumula seis campañas coa actual. En resumo o Flavia SD leva 9 temporadas competindo na 3ª División, 16 na Prefetente, 1 na 2ª Rexional e esta será a 12ª campaña na 1ª Rexional ou Autonómica. Ten un gran palmarés, pois gañou unha liga de Preferente (1984-85), outra de 1ª Rexional (2003-04) e tres Ligas do Sar (1967-68, 1969-70 e 2002-03); pero onde destacou foi na Copa do Sar, xa que é o club con máis títulos, nada menos que oito (67-68, 77-78, 78-79, 03-04, 06-07, 07-08, 14-15 e 15-16).
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
19 |
08 |
04 |
07 |
22 |
25 |
|
Xogados en Baio |
|||||
|
09 |
05 |
01 |
03 |
11 |
10 |
Esta é a décima temporada que coinciden os dous conxuntos, as tres primeiras na Preferente e as restantes na 1ª Rexional, tanto provincial como semiprovincial. O primeiro enfrontamento entre eles tivo lugar o 9 de setembro de 1984, en Padrón, con vitoria local, mentres que o primeiro partido que disputaron en Baio foi o 20 de xaneiro de 1985, é dicir hai xustamente 33 anos, e nel o Flavia volveuse impor por 1-3 -o conxunto padronés ascendería á 3ª División, da que acaba de baixar-. A seguinte confrontación foi na temporada 1988-89, e no Balsiño produciuse un empate (1-1); e a terceira na Preferente foi na campaña 1996-97, e aquí gañou o Baio, xa no Platas Reinoso, por 2-1. Os tres seguintes enfrontamentos foron na 1ª Rexional provincial, e as tres consecutivas: na 1999-2000 gañou o Baio (2-0), na 2000-01 volveu gañar o Baio (1-0) e na 2001-02 impúxose o Flavia (0-1). Haberá que esperar ata a campaña 2013-14 para que se volvesen atopar, na 1ª Autonómica semiprovincial, e novamente serían tres temporadas seguidas: nesa primeira gañou o Baio (2-1), ao igual que na seguinte (2-0), mentres que os padroneses se impuxeron na última visita (0-3). Xa que logo, as estatísticas mostran uns datos favorables ao Baio nos encontros disputados como local, aínda que nas xerais a cousa está máis igualada.
O partido do domingo
O Flavia SD é un dos grandes equipos deste Grupo 2 da 1ª Galicia, e, polo tanto, un dos favoritos a conseguir o título. Ata 21 homes utilizou no que vai de campionato Camilo Perol, nun cadro de xogadores moi completo e competitivo. Ata o momento, dous homes foron titulares en todos os encontros, o porteiro Diego e o central Triñanes, e practicamente poderiamos engadir a Carlos Padín e a Brais, que só faltaron a unha titularidade. Víctor e Andrés tamén son habituais nos onces, como o é Esparís nos últimos once partidos. José Enrique e Gabi, na parte de atrás contan tamén moito, e para a zona media-dianteira, foron buscando o sitio os García, Calderón, Álex Pérez (estivo varias xornadas de baixa), Damián ou David Pérez. Máis habituais desde o banco son Kevin e Salva, mentres que a recente fichaxe Juancar apenas contou con minutos.
O Flavia actualmente ocupa a 3ª posición, con 32 puntos, a cinco do líder Agolada, e a dous do Piloño, que ocupa postos de promoción. Os puntos viñeron de dez vitorias e dous empates, con nove partidos disputados como local, nos que conseguiu 19 puntos, e oito como visitante, con 13 puntos sumados. Como visitante, gañou nos campos do Tordoia, Lalín, Fisterra e Silleda, empatou no do San Lorenzo, e perdeu con Agolada, Piloño e Sigüeiro. Leva un total de 28 goles a favor, e encaixou só 18, o que o converte no 3º que menos goles recibe do grupo. No apartado goleador, destacan Brais, con 6 goles, David Pérez, con 5, Álex Pérez, con 4, Padín, con 3, e con 2 están Calderón e Juancar, mentres que ata seis xogadores suman un gol, o que fai que sexan doce os que conseguiron marcar no que vai de liga.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – FLAVIA S.D.
Domingo 21 de xaneiro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Diego Seoane Sánchez.
Asistentes: Juan J. Espeiñera Vara / Diego Cusset Ramírez

