Este sábado temos en xogo a Liga da Costa Xuvenil e o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao terceiro clasificado, a SD San Lorenzo. Despois do gran partido da semana pasada no campo do Cabana, onde os rapaces de MC-Bieito conseguiron unha gran vitoria, o que posibilitou encadear dúas seguidas e achegarse aos postos medios da táboa. Pero esta semana terá un duro contrincante, pois os verdilleses están na loita pola segunda praza de promoción con Esteirana e Fisterra e non pode volver tropezar logo do empate da semana pasada no derby co Sofán. Aínda así o San Lorenzo leva cinco partidos sen perder e suma nesta segunda volta seis vitorias, dous empates e só unha derrota co líder Corme. A mellor cualidade dos verdilleses é a defensa, pois só encaixaron 22 goles na liga, a mellor cifra do grupo, pero tamén son goleadores, pois xa superaron o centenar. Aarón é o seu máximo goleador con 31 goles, seguido por Iván Cancela, con 15. Polo tanto, para lograr algo positivo no choque os baieses deben ser moi resolutivos nas dúas áreas, pois o rival non vai dar concesións na busca do seu obxectivo.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
C.D. BAIO – S.D. SAN LORENZO
Sábado 10 de marzo; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Iván Ferreiro Santos.

