Previa CD Lalín-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1841

714

428

699

3024

3034

TOTAL LIGAS

1614

620

372

622

2583

2665

1ª AUTONÓMICA

442

174

119

149

665

645

Na vixésimoquinta xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe viaxa ata terras do Deza para xogar por vez primeira no Manuel Anxo Cortizo ante o C.D. Lalín. Fundado en 1974, o equipo lalinense converteuse nun dos clásicos do fútbol galego, polas súas moitas temporadas na 2ªB, a onde chegou grazas a un adestrador que daba os seus primeiros pasos, como Fernando Vázquez. A pesar do seu importante historial o CD Lalín non comezou a competir ata a temporada 1976-77, na 2ª Rexional, categoría na que botou tres temporadas. Tras un meteórico ascenso pasou á 1ª Rexional, á Preferente e á 3ª División en só tres anos. Desde a campaña 1981-82 á 2009-10 estivo ininterrompidamente en categoría nacional, combinando a 3ª División con algunha campañas na 2ª División B. Tras o descenso á Preferente e novo ascenso á 3ª División, chegou un novo descenso que mantivo o Lalín catro temporadas na Preferente ata que descendeu á 1ª Autonómica, categoría na que cumpre a segunda campaña consecutiva.

É esta, pois a súa 42ª temporada, que se dividen nas 3 iniciais na 2ª Rexional, 6 na 2ª División B, 24 na 3ª División, 6 na Preferente, e esta é a terceira na 1ª Autonómica. Temos que destacar que o CD Lalín figura na 10ª posición entre os clubs galegos que máis partidos xogaron na 3ª División, na que suma 912 encontros. Os seus títulos veñen dados de 2 ligas da 3ª División (1984-85 e 1990-91), 1 liga da Preferente (2010-11) e 1 liga da 2ª Rexional (1978-79), sumando ademais 7 fases de ascenso á 2ª División B.

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

1

0

1

0

4

4

Xogados en Lalín

0

0

0

0

0

0

O partido do domingo

A pesar de ser un dos grandes favoritos o CD Lalín non está obtendo os resultados agardados e ocupa neste momento a 8ª posición, con 39 puntos, a 15 do líder e a 12 do posto de promoción. Moi difícil vai telo para poder chegar aos postos cabeceiros nestas dez xornadas que faltan, agora que vén de encadear tres xornadas seguidas sen gañar. O troco de adestrador, coa marcha de Manu Cerón e a chegada dun clásico das cores lalinenses como Nando non reverteu a situación de momento. Ata un total de 20 xogadores sénior e varios xuvenís que puntualmente subiron ao primeiro equipo foron os empregados no que vai de temporada. Catro xogadores disputaron todas as xornadas: o defensa Nuno disputou todos os minutos, Richi e Brais tamén foron titulares todos os partidos, e Rubén só estivo unha vez no banco (na última xornada). Xunto a estes catro, son habituais no once inicial Ocampo, Xairo e Camba. Diego acabou sendo un fixo nas últimas xornadas e Xocas, logo da súa lesión, volve entrar nos onces. Na portería relévanse Marcos e Moncho, mentres que polos outros postos loitan os Matelo, Ferreiro, Rego, Pituso ou a recente fichaxe Agra. Do banco saen habitualmente Fer, Jorge ou o xuvenil Martín.

Como dixemos a oitava praza non colma as aspiracións do cadro lalinista, e nos 24 partidos só sumou 39 puntos, mercé a 11 vitorias e seis empates, con sete derrotas. No Cortizo só xogou 11 encontros, e aí sumou 20 puntos, con 6 triunfos (Ribeira, Unión, Bastavales, Soneira, Silleda e Chaián), 2 empates (Tordoia e Cordeiro) e 3 derrotas (Flavia, Agolada e Bertamiráns). É de destacar que o Lalín é o equipo máis goleador do grupo, pois leva nada menos que 52 goles, pero evidentemente tamén encaixa moitos (36 goles). Os goles repártense fundamentalmente entre tres homes: Richi (19 goles), Camba (16) -que son os máximos goleadores do grupo- e Brais (7). Os outros dez goles foron obra de Matelo (4), Petrabich e Rubén (2), e Ocampo e Pituso (1).

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. LALÍN – C.D. BAIO

Domingo 11 de marzo; 16:30 horas.

Saída de Baio ás 13:45 horas.

Campo: Anexo Manuel Anxo Cortizo (Lalín).

Árbitro: Roberto Couñago Ricón

Asistentes: Jorge García Pintos / Elisabet Brea Cumplido

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *