Previa Xuvenil: CD Baio-Corme CF

Encara a Liga da Costa Xuvenil as súas tres últimas xornadas, e para o CD Baio faino recibindo ao campión Corme CF, que con solvencia se impuxo nesta primeira liga unificada. Tras o meritorio empate colleitado a semana pasada no Pinguel ante o Ponteceso, os rapaces de Bieito e MC subiron un posto na clasificación, alacanzando o 11º posto, polo que deben marcarse como obxectivo quedar entre os 10 primeiros nestas tres últimas xornadas. Para iso terán rivais difíciles, pero xa demostraron que contra os equipos punteiros sempre deron a cara e completaron excelentes encontros. Evidentemente, o Corme vai ser un óso duro, pois só en tres partidos non logrou vencer, con dúas derrotas e un empate. Da última derrota xa non se acorda, pois foi no mes de outubro, pero os rapaces baieses poñerán todo da súa parte para levar o partido. Do equipo cormelán asustan as súas cifras goleadoras, pois levan nada menos que 145 goles, o que dá unha media superior a 5 por partido, e tan só encaixaron 35. O seu máximo goleador é Samuel, con 33 goles, seguido do maior dos Bermúdez, José M., con 27, os dous xa habituais no equipo sénior estes anos, seguidos por Manuel, con 16, e doutro titular fixo dos maiores hai varias temporadas como Eloy, con 12.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

C.D. BAIO – CORME C.F.

Sábado 14 de abril; 17:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Alberto Baña Tajes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *