Previa Fisterra SD-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1845

717

429

699

3030

3034

TOTAL LIGAS

1618

623

373

622

2589

2665

1ª AUTONÓMICA

446

177

120

149

671

645

Na vixésimonovena xornada da Primeira Galicia o CD Baio vaise desprazar ata Fisterra para enfrontarse ao Fisterra SD. O club fisterrán e, como o CD Baio, un dos fundadores da Liga da Costa, da que precisamente este sábado 12 de abril se cumpren 54 anos da súa xornada inaugural, que para o Baio fora en Laxe (3-1) e para o Fisterra en Carballo ante o Poniente (0-2). Desde esa temporada 1963-64, os fisterráns disputan coa actual a súa 51ª temporada, pois deixou de competir en catro campañas. Logo da súa fundación, o Fisterra compite en tres ligas da Costa, para retirarse na cuarta edición; volve na quinta, pero non disputará a sétima; de novo retorna na oitava, e dase de baixa na décima e undécima. A partir da 1974-75 xa competirá de xeito ininterrompido. As tres primeiras na Liga da Costa, para xogar na Preferente da 1977-78 á 1979-80. Por unha reforma das categorías logra o ascenso á 3ª División (é o segundo club da Costa que o logra, tras o Noia; despois virían Bergantiños, Malpica ou Santa Comba). Dous anos estivo en categoría nacional, para baixar para a Preferente na 1982-83, categoría na que estivo ata a 1987-88. As tres campañas seguintes estivo na Liga da Costa da 1ª Rexional, e as dúas seguintes na da 2ª Rexional. Na campaña 1993-93 volve xogar na 1ª Rexional provincial, categoría na que se mantería ata a temporada 1999-2000. Tras dous anos na Liga da Costa, volve xogar na 1ª Rexional provincial na 2002-03, pero volve para a liga costeira na que vai botar as seguintes nove campañas. Xoga na 2012-13 na 1ª Autonómica semiprovincial, pero xa volve descender para a seguinte a Liga da Costa, na que se mantivo ata que na 2015-16 logra o ascenso de novo á 1ª Autonómica na que milita por segundo ano consecutivo. En definitiva, o Fisterra SD competiu dúas temporadas na 3ª División, 8 na Preferente, 29 na Liga da Costa e leva 12 na 1ª Autonómica. Nestes anos foi campión da Liga da Costa en catro ocasións (1976-77, 1992-93, 2001-02 e 2015-16) e tres veces da Copa da Costa (1978-79, 1996-97 e 2016-17), sendo ademais finalista deste trofeo nas campañas 1963-64, 1969-70, 1975-76, 1992-93 e 1997-98.

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

51

19

11

21

097

114

Xogados en Fisterra

25

03

08

14

32

82

Esta é a vixesimosexta temporada na que coinciden os dous conxuntos, catro delas na Preferente, tres na 1ª Rexional provincial e o resto na Liga da Costa. O seu primeiro enfrontamento tivo lugar o 10 de maio de 1964 no campo do Cabo (ou tamén chamado do Faro), aquel no que o muro do cemiterio marcaba a liña de banda. O resultado foi abrumador para os locais (7-1), pero mellor que o que seu deu na temporada seguinte: 8-1; na 1965-66 nova goleada fisterrá (4-0), para non competir o equipo fisterrán na temporada seguinte. Volveu á competición ao ano seguinte, e mesmos resultados: 4-1 na 1967-68 e 4-0 na 1968-69. Nova temporada de descanso do Fisterra e na 1970-71 volta ao rego (4-0), pero na 1971-72 o Baio logrou vencer por vez primeira (1-3), e non só iso senón que lles deu o farol vermello aos fisterráns ao final da liga. A súa pobre campaña marcaba o inicio de dous anos sen competir e a volta foi na 1974-75 cun empate (3-3), pero axiña volverían as goleadas: nada menos que un 10-2 na 1975-76 e un 8-1 na 1976-77, campaña esta na que o Fisterra se proclamara campión por diante do potente Bergantiños e marcara o inicio do seu despegue que chegaría ata a 3ª División. Pasaron anos, logo, para volvérense atopar, e foi xa na Preferente: na 1984-85 o Baio gañou no Ara Solis (0-2), pero na 1985-86 os locais volverían impoñerse con claridade (4-1), para igualar na 1986-87 (2-2) e nova goleada local na 1987-88 (4-1), na que foi unha das dúas vitorias que conseguirían este ano os fisterráns. Volveron atoparse os dous na Liga da Costa 1989-90, e o Fisterra impúxose por 2-0, mentres que ao ano seguinte acabaron en empate (2-2). Novos anos de separación pola división da Liga da Costa en Norte e Sur, e reencontro na 1ª Rexional provincial na 1994-95, con empate (1-1). Logo dunhas temporadas baiesas na Preferente, na 1999-2000 volveron cadrar nesta 1ª Rexional e mesmo resultado (1-1); e na categoría provincial habían coincidir tamén na 2002-03 con vitoria baiesa (0-2). Os seguintes enfrontamentos xa serían na Liga da Costa, seis temporadas consecutivas: na 2006-07 vitoria local (2-1), empates nas dúas seguintes (0-0 e 1-1), novas vitorias locais nas dúas seguintes (4-3 e 4-1) e na última, na 2011-12 rematou en empate (2-2). Nestes últimos anos os dous equipos parece que se evitaban, pois cando un estaba na 1ª Autonómica o outro estaba na Liga da Costa, e viceversa. Con todo, as estatísticas dos partidos xogados en Fisterra son claramente favorables aos locais, con cifras goleadoras escandalosas, mentres que nas xerais pouco a pouco o Baio foise achegando.

O partido do domingo

O Fisterra SD, tras un frouxo comezo, foi mellorando ao longo da campaña e figura na actualidade no 12º posto. Suma un total de 32 puntos, colleitados de 9 vitorias e 5 empates, mentres que perdeu 14 partidos. Disputou o mesmo número de partidos como local e como visitante, sumando 20 puntos nos partidos da casa e 12 nos de fóra. No Ara Solis venceulle ao At. Ribeira, Tordoia, San Lorenzo, Silleda, Chaián e Bertamiráns; mentres que empatou con Sigüeiro e Lalín; seis equipos conseguiron levar a vitoria: Soneira, Unión, Flavia, Agolada, Piloño e Cordeiro. Xa que logo, o cadro fisterrán fíxose forte contra os equipos da parte baixa, aos que se impuxo a todos, sumando unha boa cifra de puntos, o que os separou da parte perigosa. De feito, os fisterráns gañaron os seus últimos partidos como locais.

Tras o inicio de Felipe Candamo, Noé fíxose cargo do banco hai exactamente unha volta e conseguiu recuperar xogadores para a causa. Ata un total de 23 sénior e 7 xuvenís foron utilizados no que vai de campionato, sen que ningún deles participase en todos os partidos. Quen máis se lle achega é Dani Marcote, que participou en 27, todos eles como titular, ao que igual que Piti, que lle segue con 26. Fixos na aliñación son tamén Roa ou Breixo, e na portería Paulo parece que lle gañou a partida a Joselu. Moitos partidos tamén no once para Robertín ou Jesús; mentres que os Pablo Lestón, os xuvenís Ezequiel e Isaac, Fabián, Gabi Pazos ou Andrés Vigo foron máis da metade dos encontros da partida. Nos últimos dous meses e medio o xuvenil Ayose tamén é un fixo, ao igual que o recuperado Roco. As “fichaxes” de Nacho e Edu tamén contan e moito para o técnico fisterrán, mentres que Víctor, Gabi Vigo, Noé, Javier ou Mané tiveron menos minutos. O Fisterra leva marcados ata o momento 32 goles, o que o converten no segundo equipo menos goleador do grupo (con cifras similares ao Baio, que leva 33), pero encaixou 46, penalizando neste aspecto nos partidos lonxe do Ara Solis. Os seus máximos realizadores son Roa e Víctor, con cadanseus 6 goles, seguidos polo xuvenil Isaac, con 4, e con 3 están o tamén xuvenil Ezequiel e Gabi Pazos, ata completar unha lista de 12 xogadores que lograron marcar.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

FISTERRA S.D. – C.D. BAIO

Domingo 15 de abril; 17:00 horas.

Saída de Baio ás 15:00 horas.

Campo: Ara Solis (Fisterra).

Árbitro: Arturo Díaz Álvarez

Asistentes: Óscar Manuel Vidal Balsa / Sergio García Otero

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *