Previa: Val do Ulla UD-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1858

723

433

702

3048

3052

TOTAL LIGAS

1629

628

377

624

2604

2679

1ª AUTONÓMICA

457

182

124

151

686

659

Na sexta xornada da Primeira Galicia o CD Baio viaxa ata Santa Cruz de Ribadulla para visitar ao Val do Ulla UD. Despois da desaparición nos primeiros anos desta década de dous históricos como o At. Ponte Ulla e o Airiños do Ulla (este xa fusionado co Boqueixón había varios anos), fundouse nesta parroquia vedrense un novo club, o Val do Ulla Unión Deportiva. Comezou a competir na temporada 2007-08 na 3ª Autonómica, categoría na que estivo tres campañas, ata que o subcampionato da campaña 2009-10 lle valeu o ascenso á 2ª Autonómica. Aquí estivo tres campañas nos postos medio-altos, pero na 2013-14 foi subcampión do seu grupo e xogou a liga de ascenso contra o Sofán e o Slávora, e pola golaveraxe non logrou ascender en beneficio do Sofán. Si o logrou na temporada 2014-15 na que se proclamou campión de liga e ascendeu á 1ª Autonómica Grupo II. Boa temporada nesta categoría na 2015-16, na que rematou cuarto, pero o 14º posto colleitado na 2016-17 supuxo o seu descenso polos arrastres. A temporada pasada, a 2017-18, volveu proclamarse campión e de novo subiu á 1ª Galicia, na que está competindo este ano. En total, son 12 as temporadas que leva en competición, con tres delas na 3ª Autonómica, seis na 2ª Autonómica e esta é a terceira na 1ª Autonómica semiprovincial. Os seus títulos son os dous campionatos ligueiros da 2ª Autonómica (2014-15 e 2017-18).

Esta é a segunda temporada na que coinciden os dous conxuntos, as dúas na 1ª Autonómica. A primeira foi na temporada 2015-16, e o 25 de outubro de 2015 o equipo vedrense visitaba o Platas Reinoso, con vitoria visitante por 0-1. O partido disputado no Coto tivo lugar o 28 de febreiro de 2016 e o Val do Ulla volveu gañar por un contundente 4-0. Polo tanto, o Baio non logrou non só puntuar senón que non puido nin marcarlle un gol ao equipo ullés.

O partido do domingo

Despois do ascenso logrado a temporada pasada, na que o Val do Ulla se impuxo ao veciño San Mamede, o cadro adestrado por Raviña mantén boa parte do plantel na presente. Con todo, destacan as baixas dos seus tres máximos goleadores como foron Capís (13), Daniel Nogueira (12) e Coria (10), que sumaron case a metade dos tantos logrados. Para paliar estas baixas chegaron catro fichaxes, como son Antonio Arnejo (Villestro), Sanín (Touro), Pepe Cidranes (Sigüeiro) e a volta de Cristian Ingelmo (Negreira); ademais de botar man do seu filial da 3ª Galicia (Julio Souto, Aldrey, Óscar López, Ezequiel, Gonzalo Hermida…). Ata o momento o técnico utilizou 19 xogadores, pero oito deles son fixos no once inicial, como o veterano porteiro Pedreira, xunto con Carlos, Álex Neira, Adrián Barrio, Franqueiro, Julio Souto, Ingelmo e Jaco. Para os outros tres postos usou a Martín Gómez e Magariños nos tres primeiros, pero logo foron entrando Gonzalo Hermida, Isma Estévez, Matew e o veterano dianteiro Pepe Cidranes. Nas cinco primeiras xornadas o Val do Ulla logrou sumar 8 puntos, conseguidos grazas a dous triunfos (Chaián 1-0 e Dumbría 4-2) e dous empates (Unión 0-0 e Esclavitud 2-2), mentres que só perdeu un (Praíña 2-1). Polo tanto, venceu nos seus dous encontros como local, sabedor do importante que é nesta liga facerse forte na casa. Leva oito goles a favor, e seis en contra, sendo Jaco o seu máximo goleador con 4 goles; con un están Carlos, Ingelmo, Gonzalo e Cidranes.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

VAL DO ULLA U.D. – C.D. BAIO

Domingo 7 de outubro; 17:00 horas.

Saída de Baio ás 14:45 horas.

Campo: O Coto (Tomonde-Santa Cruz de Ribadulla).

Árbitro: Manuel Paz Hermida.

Asistentes: Óscar Couto Mendoza / José Luis Miguélez Granja.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *