A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1874 |
734 |
437 |
703 |
3084 |
3066 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1645 |
637 |
381 |
627 |
2634 |
2695 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
473 |
191 |
128 |
154 |
720 |
675 |
O domingo o CD Baio ten que viaxar ata terras de Oroso para xogar no Lino Balado contra o Sigüeiro FC, club cun amplo historial tal e como sinalamos xa na previa do partido da primeira volta.
Tan só dicir que esta é a sexta temporada que coinciden os dous conxuntos na mesma categoría e grupo, todas elas na Primeira Autonómica semiprovincial. O primeiro partido dos dous conxuntos foi en Sigüeiro o 15 de decembro de 2002, e nel o Baio impúxose por 1-3. Na temporada 2013-14 volveron coincidir despois de que os dous ascendesen na temporada anterior; en Sigüeiro produciuse un empate (1-1), mentres que nas dúas seguintes visitas do Baio ao Lino Balado volveu levar a vitoria (0-2 na 2014-15 e 1-2 na 2015-16). A última visita foi na 2017-18 e aí produciuse a primeira visita do Sigüeiro, por un apertado 3-2. Polo tanto, tres vitorias e un empate é o botín que levou o Baio das súas cinco visitas a terras orosás, con 10 goles a favor e 6 en contra. Nas estatísitcas xerais, o Baio venceu en 7 dos 11 partidos disputados, con 1 empate e 3 derrotas; 27 goles a favor e 15 en contra.
O partido do domingo
O Sigüeiro FC era o equipo chamado a gañar a liga si ou si, xa que tras varios anos intentando o ascenso esta temporada botaron a casa pola ventá e confeccionaron un bloque de xogadores moi ambicioso. Tras un inicio ligueiro fulgurante, con nove vitorias nos dez primeiros encontros -só a derrota en Baio- parecía que o era un camiño de rosas, pero un bache no tramo final da primeira volta fixo que mesmo perdesen o liderato e baixasen ata a terceira praza; co novo ano endereitaron o rumbo e volven liderar a clasificación. Con Tomás Mougán no banco, produciuse unha renovación no plantel, con oito fichaxes de nivel, case todas con pasado na 3ª División: Adán, Astray e Juan Castro (Negreira), Íñigo (Ordes), Jacobo (Estudiantil) e Juan Caneda (Dubra), e dous dos mellores xogadores da 1ª Galicia: Brais e Calderón (Flavia). Andando a temporada tamén se incorporou outro ex do Bertamiráns como Iván Orosa; mentres que causaron baixa antes do parón Álex Pri (Volantes) e Ferreiro (SD O Pino). Actualmente conta con 18 fichas de sénior, e o míster utilizou a 21 xogadores (contando as dúas baixas, e a participación testemuñal dun xuvenil). Só tres xogadores participaron nos 21 encontros disputados, aínda que ningún deles foi titular en todos: Astray saíu 2 veces desde o banco, e Adán e Brais fixérono tres veces. Xunto a eles son titulares fixos os defensas Aitor e Juan Caneda e o centrocampista Juan Castro. Case sempre saen de inicio tamén o porteiro Dani (Pablo Souto fíxoo 6 veces), os defensas Borja e Jacobo, e o medio Íñigo. Desde que chegou Iván foise facendo un sitio no once, e Chema tamén contou con moitas oportunidades. Repártense titularidades e suplencias o case cincuentenario Juanito e Jesús; e case sempre é un revulsivo Parcero desde o banco, mentres que Calderón e Bautista disputaron menos minutos.
Na actualidade ocupa o 1º posto, con 46 puntos, logrados mediante catorce vitorias (Chaián 0-2, Praíña 1-0, Dumbría 1-3, Esclavitud 2-0, Piloño 2-0, Val do Ulla 4-0, Bertamiráns 1-7, Esteirana 3-0, Bastavales 2-4, Soneira 2-3, Chaián 3-0, Praíña 0-3, Dumbría 2-0 e Esclavitud 0-2) e catro empates (na casa, Lalín 1-1, Flavia 1-1 Unión 0-0; fóra, Cordeiro 0-0), e perdeu tres partidos (Baio 2-0, Fisterra 1-0 e Tordoia 1-2). Son pois 24 os puntos que logrou como local, polos 22 como visitante, xogando un partido máis na súa casa. Nove puntos voiaron do Lino Balado nos 11 encontros que disputou, mais o que destaca dos seus partidos na casa é que marcou 20 goles e encaixou só 4, coa curiosidade engadida de que aquel equipo que logrou marcar alí acabou levando algo positivo (Lalín e Flavia empataron e Tordoia gañou). Como diciamos, tras un baixón nas últimas xornadas da primeira volta, acumula seis xornadas sen encaixar un gol, o que equivale a dous empates e catro vitorias; estas chegaron nas catro primeiras xornadas da segunda volta, algo semellante ao que lle sucede ao Baio. Leva marcados ata o momento un total de 44 goles (polo tanto, máis fóra que na casa) e é o conxunto menos batido, con tan só 13 goles en contra. O seu máximo goleador é Astray, con 12 goles -a metade nos últimos catro partidos-, ao que lle seguen Juna Caneda e Juan Castro, con 6; 5 goles suman Brais e Adán, e xa con 2 están Jorge Parcero, Íñigo e Juanito; e con 1 Aitor e Bautista; os dous que faltan para completar a cifra de 44 foron marcados polos seus rivais en propia porta.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
SIGÜEIRO F.C. – C.D. BAIO
Domingo 10 de febreiro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:00 horas.
Campo: Lino Balado (Sigüeiro).
Árbitro: Abel Fernández Lodeiro.
Asistentes: Iria García Liste / Alexandre García Mallo.

