A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1866 |
728 |
436 |
702 |
3062 |
3060 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1637 |
631 |
380 |
626 |
2612 |
2689 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
465 |
185 |
127 |
153 |
698 |
669 |
Na décimocuarta xornada da Primeira Galicia o CD Baio viaxa ata a comarca de Ordes para enfrontarse coa SD Tordoia. O club tordoiés foi fundado en 1982, polo que está disputando a súa 37ª temporada consecutiva. Desde que comezou a competir na temporada 1982-83 na 3ª Rexional, estivo catro temporadas nesta categoría, ata que as reformas da 1ª Rexional, coa creación de catro grupos na provincia da Coruña, eliminou as terceiras, polo que a partir da 1986-87 vai competir na 2ª Rexional. Na 1988-89, aínda na 2ª Rexional, vai cambiar de zona competicional, pois pasa das Mariñas ao Sar. Na 1990-91 baixa para a 3ª Rexional, e nesta categoría vai botar as seguintes 16 temporadas, cando o subcampionato da 2005-06 o levou á Liga do Sar. Tres campañas nesta competición, e novo descenso á 3ª Autonómica. Na 2011-12 quedou cuarto clasificado, pero na promoción logrou ascender de novo á Liga do Sar. Outras tres temporadas seguidas na categoría, ata que o subcampionato da 2014-15 lle valeu para xogar a promoción de ascenso, na que foi segundo do seu grupo (con Palmeira e Sp. Zas) e ascendeu por vez primeira á 1ª Autonómica. Na 2015-16 foi 9º, na 2016-17 foi 12º e na 2017-18 foi 14º neste grupo semiprovincial. Polo tanto, esta é a cuarta campaña na 1ª Autonómica, tras 6 na Liga do Sar e as restantes 27 na categoría inferior.
Esta é a terceira temporada que coinciden os dous conxuntos, as tres na 1ª Autonómica, sendo a primeira delas na temporada 2015-16. O seu primeiro enfrontamento tivo lugar en Tordoia o 15 de novembro de 2015 e rematou sen goles. Na temporada seguinte o Baio logrou impoñerse en Gorgullos por 0-3, polo que o equipo baiés logrou puntuar nas dúas visitas anteriores sen recibir ningún gol. Nas estatísticas xerais, o Baio gañou dous partidos, empatou un e perdeu outro, con seis goles a favor e dous en contra.
O partido do domingo
A SD Tordoia está sorprendendo a propios e estraños neste inicio de competición, pois este verán sufriu a baixa de varios dos seus homes claves nas temporadas anteriores como pode ser o caso dos Alemán, Álex Varela, Toño, Andrade, Baba ou Dieguito. Pero baixo o mando do novo míster Dani Calvete logrou unha serie de fichaxes de xente nova que está demostrando moita valía. É o caso de Dani Pena (San Lorenzo), Miguel Mallo (Coristanco), Martín Torres e Damián Lois (Cerceda Xuv.), Juanjo Freire (Dumbría Xuv.), Daniel Padín (Sofán Xuv.); do Encrobas chegaron Rubén Fariña e Prego, e do filial Tordoia B subiron Eloy Señarís, Juanjo Rey e Silveira; aos que hai que sumar o oleiro Elías, que estaba sen xogar, e coa temporada empezada chegou Seo (Sofán). Un total de 24 fichas sénior conta o míster, entre as que mantén os Santi, Dubra, Che, Jorge Liñares, Maki ou Denís. Ata o momento utilizou un total de 21 xogadores, sendo Damián Lois e Denís os únicos que foron titulares nos 13 encontros; tamén xogaron todos os partidos Miguel Mallo e Nico. Maki foi titular en 12 encontros, e un menos saíron de inicio o propio Miguel Mallo e o capitán Jorge Liñares. Tamén podemos considerar titulares ao porteiro Santi (aínda que Juanjo Cornes xogou 3 partidos), a Dubra, Nico e Martín Torres. Seo foi da partida desde que chegou hai 9 xornadas, e Rubén Fariña e Dani Pena tamén o foron en moitas ocasións. Menos ocasións tiveron Che, Elías, Dani Padín e Prego. Juanjo Freire saíu en 12 ocasións desde o banco, e tamén saíron algunha vez desde o banco Eloy, Chino e Juanjo Rey.
Na actualidade ocupa o 6º posto, con 22 puntos, empatado con 4º e 5º, Piloño e Baio, respectivamente. Os puntos foron logrados mediante seis vitorias (Bastavales 1-4, Flavia 1-0, Soneira 1-2, Cordeiro 3-2, Chaián 2-1 e Dumbría 1-0) e catro empates (Esteirana 1-1 como local; e Fisterra 2-2, Piloño 0-0 e Praíña 2-2 como visitante), e tan só perdeu tres partidos (Lalín 2-3, Unión 4-1 e Esclavitud 2-0). Polo tanto conta con grandes resultados colleitados contra os chamados grandes, como Flavia, Dumbría, Fisterra ou Piloño. Como local suma 13 deses 22 puntos, a pesar de xogar un partido menos, pois só cedeu puntos contra o Lalín e a Esteirana, e todas as súas vitorias como local foron pola mínima. En Gorgullos marcou 10 goles e encaixou só 7, dos 21 que leva a favor e 19 en contra no total. O seu máximo goleador é Maki, con 7 goles, seguido de Denís, con 4, e o capitán Jorge Liñares, que leva 3 (dous deles de penalti); con dous goles está Juanjo Freire, e suman só 1 Martín Torres, Rubén Fariña, Seo e Che, ademais de outro en propia meta.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
S.D. TORDOIA – C.D. BAIO
Domingo 2 de decembro; 16:00 horas.
Saída de Baio ás 14:00 horas.
Campo: Gorgullos (Santaia-Tordoia).
Árbitro: Enrique Refojo Ferreirós.
Asistentes: Rodrigo Nieto Abelenda / Alexandre García Mallo.

