A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1847 |
718 |
430 |
699 |
3033 |
3036 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1620 |
624 |
374 |
622 |
2592 |
2667 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
448 |
178 |
121 |
149 |
674 |
647 |
Na trixésimoprimeira xornada da Primeira Galicia o CD Baio viaxa ata Berdillo para enfrontarse á SD San Lorenzo. O club verdillés foi fundado en 1979, polo que esta é a súa 39ª temporada competindo de maneira ininterrompida. Tras debutar na Liga da Costa 1979-80 estivo nesta competición sete temporadas seguidas, para descender á 2ª Rexional logo da 1986-87. Aquí estivo as catro campañas seguintes, para volver á Liga da Costa logo da recomposición dos grupos na 1991-92; dous anos na Liga da Costa para descender á 3ª Rexional logo da 1992-93. O ano no inferno superouno con nota, pois proclamouse campión e ascendeu á Liga da Costa de novo. Dez anos seguidos estivo na Liga da Costa ata que na 2003-04 queda subcampión e ascende á 1ª Rexional pola renuncia do campión Camariñas. Catro temporadas estivo na 1ª Rexional provincial, para volver xogar na Liga da Costa na 2008-09; nesta categoría estaría outras nove campañas consecutivas, para proclamarse subcampión na 2016-17 e lograr na promoción de ascenso subir á 1ª Autonómica semiprovincial na que milita actualmente. Polo tanto, nesas 39 campañas estivo 29 na Liga da Costa, 5 na categoría mínima (2ª ou 3ª Rexional) e coa actual leva 5 na 1ª Autonómica. Nas súas vitrinas só hai un título ligueiro, o que conseguiu na 3ª Rexional da temporada 1993-94; na Copa da Costa chegou a dúas finais consecutivas: 1994-95 (perdeu co Camariñas) e 1995-96 (perdeu co Lira).
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
29 |
12 |
7 |
10 |
50 |
41 |
|
Xogados en Verdillo |
|||||
|
14 |
3 |
4 |
7 |
16 |
22 |
Esta é a decimoquinta temporada na que coinciden os dous conxuntos, tres delas na 1ª Rexional e o resto na Liga da Costa. O seu primeiro enfrontamento en Verdillo tivo lugar o 6 de abril de 1980 e o San Lorenzo impúxose por 2-1. Na temporada seguinte, a 1980-81, acabaron en empate (1-1), e nas dúas que continuaron o Baio levou a vitoria de terras bergantiñás (1-2 e 0-1). Tiveron que agardar ata a campaña 1991-92 para que volvesen coincidir e o Baio volveu gañar (1-3), na que foi a súa última vitoria en terreo verdillés. Na 1992-93 o San Lorenzo gañou pola mínima (2-1), e novamente máis dunha década sen cadrar os dous conxuntos. Fixérono na 1ª Rexional provinicial na 2004-05 e remataron en empate (1-1), mentres que ao ano seguinte, na mesma categoría, o San Lorenzo goleou (3-0). Co descenso dos dous conxuntos, a partir da temporada 2008-09 estiveron competindo xuntos cinco temporadas, con vitoria local as tres primeiras campañas (2-1, 1-0 e 1-0) e dous empates nas seguintes (1-1 e 2-2). A última visita ás Pedreiras do Baio foi a comezos da campaña pasada e o triunfo quedou no equipo da casa, que se impuxo por 4-2. Polo tanto, o San Lorenzo impúxose na metede dos partidos que xogou como local, polo que as estatísticas son favorables aos carballeses, mentres que no conxunto xeral a lixeira vantaxe corre de parte do Baio.
O partido do domingo
A SD San Lorenzo non está tendo unha boa temporada e mantívose sempre nos postos baixos da clasificación. Na actualidade figura no 17º posto, con 22 puntos, colleitados de 6 vitorias e 4 empates, mentres que perdeu 20 partidos. Disputou os mesmos partidos como local que como visitante, 15, e neles suma 14 na casa e 8 fóra. Nas Pedreiras gañáronlle a Unión, Cordeiro, Soneira e Silleda, mentres que empataron con Piloño e Flavia; pola contra, levaron os tres puntos Fisterra, Sigüeiro, At. Ribeira, Tordoia, Agolada, Lalín, Bastavales, Chaián e Bertamiráns. O San Lorenzo perdeu os catro últimos encontros, que fixo que os postos de salvación se lle escapasen un pouco.
Tras a presenza durante boa parte da liga de Óscar Suárez, nas últimas xornadas fíxose cargo do equipo Pablo Mallón. Entre eles utilizaron 22 xogadores sénior e 6 xuvenís, e tan só Diego Varela estivo presente en todos eles (26 como titular). Tamén foron fixos ao longo da temproada, Javi Souto na portería, Luciano, Pablo Díaz e Juanjo, na parte defensiva, e Mario no centro do campo. Xunto a eles tamén poderiamos incluír a Dani Pena e Parafita, que foron indiscutibles desde novembro. Os restantes postos fóronos ocupando entre Samu, Baneira, Aitor, Adrián e nos últimos tres meses polo xuvenil Pablo Garrido. Do banco adoitan saír os Brais Cancela, Anxo, Yago, Cotelo, Puñal, Lorenzo, ou a última fichaxe, Joaquín. O San Lorenzo leva marcados ata o momento 34 goles, mentres que encaixou 64; deles 19 foron marcados como local e 33 foron os encaixados nas Pedreiras. O máixmo goleador é Parafita, a pesar de só intervir en 20 partidos, con 14 goles; tras el están Diego Varela e Mario, con 6, e Brais Cancela, con 3.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
S.D. SAN LORENZO – C.D. BAIO
Domingo 29 de abril; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: As Pedreiras (Verdillo).
Árbitro: David Vázquez Lema
Asistentes: Óscar Rey Sánchez / Sebastián Pérez Rellán

