A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1877 |
735 |
437 |
705 |
3089 |
3072 |
|
CD BAIO NA COPA DA COSTA |
|||||
|
205 |
88 |
49 |
68 |
413 |
334 |
|
UD CORCUBIÓN NA COPA DA COSTA |
|||||
|
155 |
60 |
37 |
58 |
297 |
300 |
O domingo o CD Baio inicia a súa participación na Copa da Costa, e faino nesta 56ª edición xogando a fase previa. Aínda que poida parecer habitual, é tan só a cuarta vez que a xoga nas trece ocasións que tivo que celebrarse esta eliminatoria previa neste século, e non o facía desde a 2011-12. Unha Copa da Costa que para o CD Baio vai ser a súa 49ª participación, e na que leva disputados 205 partidos, o que supón que sexa o 3º club que máis encontros suma nesta competición por detrás de Ponteceso SD (233) e UC Cee (213). Son xa 103 eliminatorias celebradas e 56 delas gañadas, contra 41 rivais distintos: o UC Cee e UD Carnota, en 7 ocasións, o Ponteceso SD, en 6, e o Xallas FC e SD Soneira, en 5, son os rivais aos que máis veces se enfrontou o CD Baio. Este ano, a UD Corcubión iguala na cuarta posición con 5 eliminatorias da Copa da Costa como rival.
Para a UD Corcubión esta é a súa 41ª edición da Copa, con 155 partidos disputados, o que o converte no 12º equipo en número de encontros xogados na competición. Disputou 79 eliminatorias, das cales gañou 41, contra 38 rivais distintos, sendo Esteirana e Laxe, en 5 ocasións, e Cee, Lira, Baio e San Lorenzo, en 4, aos que máis veces se enfrontou. A UD Corcubión fundouse en 1972, e desde aquela leva competindo as 47 temporadas de xeito consecutivo, o que o converten no 8º equipo en número de partidos na Costa. Comeza na Liga da Costa, que axiña pasa a ser a 2ª Rexional, e tras sete campañas ascende -por renuncia do Camariñas- a unha 1ª Rexional que nesta temporada 1979-80 estaba composta por equipos da provincia da Coruña e Lugo (unha Preferente de agora), na que queda na 10ª posición, pero coa reforma da 3ª División, hai prazas libres na Preferente e o Corcubión é un dos catro equipos que acepta o ascenso. Compite na 1980-81 nunha Preferente que era unha 3ª División de prata, pois no grupo estaban equipos de toda Galicia. Para a seguinte campaña, a 1981-82, a Preferente xa era como hoxe a coñecemos, cos grupos Norte e Sur, e o Corcubión estaría esta e a vindeira nesta categoría. Descende na 1983-84 para a 1ª Rexional (Grupo 2 Santiago-Barbanza-Costa), no que está ata que este grupo se divide en dous coa temporada 1986-87 e pasa a encadrarse nel a Liga da Costa. Na campaña 1989-90 descende para a 2ª Rexional (o que hoxe sería a 3ª), pero ao ano seguinte a Liga da Costa volve para a 2ª Rexional e fórmanse dous grupos, Norte e Sur, durante dúas temporadas. Na temporada 1993-94 créase a 3ª Rexional, pero o Corcubión compite na 2ª Rexional, ata que na 1996-97 descende á 3ª Rexional. A partir de aquí vai ser un equipo ascensor, combinando campañas na 3ª e na 2ª, non pasando máis de dúas consecutivas en cada unha das categorías. Na actual, a 2018-19, repite na 3ª Galicia, o que dá un total de 13 nesta división; son 23 na 2ª Rexional, 8 na 1ª Rexional (cadro delas dentro da Liga da Costa) e 3 na Rexional Preferente. Ten nas súas vitrinas 3 ligas: unha da 1ª Rexional da Costa (1988-89) e dúas da 3ª Rexional (1999-2000 e 2002-03); e dúas Copas da Costa, as dúas consecutivas gañadas ao Laxe na final (1987-88: 2-2/1-2 e 1988-89: 0-0/0-0 e vitoria nos penaltis), con dúas finais máis perdidas: co Fisterra (1978-79: 0-2/0-0) e co Cee (1979-80: 2-3/1-1).
Como dixemos esta vai ser a quinta vez que se enfrontan nunha eliminatoria o CD Baio e a UD Corcubión, e nas catro anteriores sempre acabou vencedor o equipo baiés. De feito, o Corcubión, non foi quen de gañar ningún dos oito partidos disputados, e tan só empatou en dúas ocasións. A primeira confrontación foi na temporada 1991-92, nos dezaseisavos de final, e o Baio venceu nos dous partidos: 2-3 en Corcubión e 5-3 en Baio. As tres seguintes foron nos oitavos de final: na 2004-05 o Baio resolveu na ida ao vencer na casa por 6-0, o que deixou en anécdota o empate da volta (2-2); e ao ano seguinte o Corcubión logrou empatar na ida en Baio (1-1), pero os baieses lograron impoñerse na volta (1-2). O último enfrontamento foi na 2008-09, e o Baio foi mellor nos dous encontros, cun claro 5-1 na ida e un 0-2 na volta. Polo tanto, seis vitorias e dous empates para os baieses, con 26 goles a favor e 10 en contra.
O partido do domingo
A UD Corcubión leva dúas temporadas consecutivas na 3ª Galicia, e este ano está pagando a xuventude do seu plantel, pois quitando os porteiros Beto e Fía, os máis veteranos son o ex-ceense Chiru, o ex-dumbriés Roi e o capitán Iago Lema, que andan polos 25 anos. Tras a marcha de Emilio Corzón no verán, fíxose cargo do equipo Sergio Salgueiros, nunha especie de intercambio de cromos co Baíñas. Actualmente contan con 24 fichas de xogadores, das que cinco corresponden a xuvenís (Marcos, Oca, Rodri, Martín e Evaristo). Non houbo ningún xogador que participase nos 20 partidos de liga que levan disputados, pero en 19 participaron Chiru (unha vez suplente), Álex e Evaristo (estes dúas veces suplentes). Xunto a eles pódense considerar titulares Pablo Castro, Mario e Iago Lema, así como na portería Marcos (aínda que Beto xogou 5 partidos, e os outros porteiros -Fía e Abelleira- disputaron partidos como xogadores de campo). Ángel, Rodri, Lagoa, Oca, Castillo e Tito sairon moitas veces no once inicial, mentres que Álex Agulleiro ou Martín suman menos minutos que eles, ao igual que Diego, que normalmente sae desde o banco, ou Roi. A presenza dos demais é máis testemuñal no que vai de temporada.
Na actualidade ocupa o penúltimo posto do seu grupo, con 8 puntos, logrados mediante unha vitoria (Outes 3-4) e cinco empates (na casa, Outes 2-2; fóra, Camariñas 0-0, Laxe 1-1, As Baleas 2-2 e Castrelo 2-2), e perdeu os outros 14 partidos. Destacan os seus números como local, pois tan só conseguiu un punto na súa casa (aínda que gañara o partido co Camelle da 2ª xornada, pero por aliñación indebida acabou perdéndoo). Ademais, no Novo Cubaleiro só marcou 7 goles dos 22 que leva na campaña, e encaixou 31 dos 58 que acumula. O seu máximo goleador é Iago Lema, con 6 goles, seguido de Álex Agulleiro, con 5. Roi suma 3, e con dous están Álex Castro, Lagoa e Mario, mentres que Rodri e Chiru levan un.
COPA DA COSTA – ROLDA PREVIA
U.D. CORCUBIÓN – C.D. BAIO
Domingo 3 de marzo; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:15 horas.
Campo: Novo Cubaleiro (Corcubión).
Árbitro: David Vázquez Lema.
Asistentes: Luis M. Insua Lago / Breogán Rey Fariña.

