Previa CD Baio-SD Esteirana

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1878

736

437

705

3097

3073

TOTAL LIGAS

1648

638

381

629

2639

2701

1ª AUTONÓMICA

476

192

128

156

725

681

O domingo o CD Baio recibe no Platas Reinoso á SD Esteirana, club fundado en 1971 e que acumula ata hoxe 48 temporadas ininterrompidas competindo. Xa falamos no encontro de ida da súa traxectoria, agora só reiteramos os seus títulos: tres Ligas da Costa (1977-78, 2012-13 e 2017-18) e unha Copa da Costa (1974-75), con dúas finais perdidas deste torneo (1973-74 e 1976-77).

Esta é a décimosexta temporada que coinciden os dous conxuntos, tres delas na 1ª Autonómica e o resto na Liga da Costa. A primeira vez foi na temporada 1971-72, e o 27 de febreiro de 1972, no Campo do Artón o Baio vencía por 2-4; a primeira en Baio foi no Balsiño o 20 de abril de 1972 e tamén gañou o Baio (1-0). Mesmo resultado que se deu ao ano seguinte, mentres que na 1973-74 se impón a Esteirana (2-3). Volveu gañar o Baio na seguinte temporada (3-2), pero na 1975-76 goleada dos esteiráns no Balsiño (1-6), para empatar na seguinte (2-2) antes de que a división da Liga da Costa en dous grupos os deixase sen enfrontarse ata a 1982-83. Nesta, e a pesar do liderato baiés, a Esteirana levou o triunfo do Balsiño (2-3) e xa habería que agardar ata o novo século para que volvesen cadrar. Na 2007-08 o Baio impúxose por 4-2, e tras un ano no inferno dos esteiráns, volveron verse as caras na 2009-10 cun contundente 7-0. Vingouse a Esteirana gañando ao ano seguinte (0-1), pero o Baio venceu nas dúas seguintes oportunidades: 5-0 e 2-0. Tras o ascenso dos dous esta última temporada na 2013-14 coincidiron na 1ª Autonómica semiprovincial, con vitoria clara baiesa (4-1), triunfo que se repetiu na seguinte campaña (1-0). Baixaron os dous á Liga da Costa e na 2016-17 foi o último enfrontamento no Platas Reinoso, con vitoria dos de Baio por 3-1. Xa que logo, nos 15 partidos xogados en Baio os locais venceron en 10 e perderon en 4, con 38 goles a favor e 21 en contra. Se miramos as estatísticas xerais, o Baio gañou en 15 dos 31 partidos, con 4 empates e 12 derrotas, suma 61 goles a favor e encaixou 59.

O partido do domingo

A SD Esteirana, tras o seu ascenso da temporada pasada, comezou a liga dun xeito bastante irregular, e custoulle moito meterse na competición. As dez xornadas nas que estivo sen gañar (sumou só 3 puntos), parecía que a ían condenar nesta competida categoría, pero soubo reaccionar moi ben e ir pouco a pouco saíndo dos postos baixos. A pesar da situación Uxío García “Geno” mantívose no banco e logrou endereitar o rumbo dun plantel que comezou a liga con poucas fichaxes, mantendo o bloque da temporada anterior, e incorporando dous xogadores do Outes (Maroñas e Elías) e a volta de Raúl Lestón (Dumbría), ademais de subir desde os xuvenís a Álex de Yi e Íker. Andando a campaña recuperou ao “retirado” Dani Rama e ultimamente fichou outro ex, o porteiro MJ (Noia), á vez que deixaban o equipo en busca de minutos Cristian, Roberto ou Íker. Actualmente contan con 22 fichas sénior, e Geno usou no que vai de campaña un total de 24 xogadores (un deles xuvenil). O único que estivo en todos, e en todos titular, foi Álex Rama, con 24 partidos, un máis que Codesido. Eles dous, xunto con Simón, con 21 partidos, son os únicos que superan as 20 titularidades. Xogaron dous terzos do campionato no once inicial, Maroñas, Elías, Dani Rama, Josiño Alves, Pablo Rama, Josiño Barreiro, Raúl Lestón ou Róber Pladur. O porteiro máis usado foi Álex de Yi (titular en 14 partidos), pero desde que chegou MJ fíxose coa titularidade (7 partidos). Outros que tamén xogaron moitos partidos no once foron Samu Pensado, e Adrián, aínda que este entrou máis veces desde o banco. Pachi e Manuel Fernández saen case fixo desde o banco, e outros futbolistas tiveron menos minutos, como é o caso de Rafael, Ramiro, o xuvenil Xián, Eloy ou David Pais.

Na actualidade ocupa o 15º posto, con 25 puntos, logrados mediante seis vitorias (Cordeiro 2-1, Bastavales 4-1, Tordoia 2-0, Cordeiro 0-1, Chaián 0-1 e Esclavitud 5-0) e sete empates (na casa, Baio 1-1, Piloño 0-0, Soneira 3-3, Unión 0-0 e Praíña 1-1; fóra, Tordoia 1-1 e Esclavitud 2-2), e perdeu once partidos (Unión 2-1, Chaián 0-1, Praíña 1-0, Dumbría 1-6, Sigüeiro 3-0, Val do Ulla 2-3, Bastavales 3-1, Lalín 1-0, Fisterra 1-2, Flavia 4-0 e Dumbría 3-1). Nas últimas sete xornadas, desde a chegada de MJ, suma 14 puntos, con catro vitorias e dous empates, e tan só encaixou catro goles (3 deles no partido perdido en Dumbría), o que demostra a melloría sobre todo na zona defensiva. Ademais chegaron nestes sete partidos as dúas únicas vitorias que conta como visitante, onde os seus números falan de 8 puntos colleitados lonxe do Xosé Luís Vara en once partidos, con tan só 8 goles a favor e 20 en contra. No global suma 30 goles a favor e 39 en contra, o que os equipara con equipos da zona baixa como Praíña ou Cordeiro, pero tamén co Esclavitud, da zona medio-alta. O seu máximo goleador é Róber Pladur, con 9 goles, seguido por Elías con 5; con 4 están Álex Rama e Raúl Lestón, e con 3 Josiño Barreiro; suman 1 Codesido, Samu Pensado, Pablo Rama, Tobío e Maroñas.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – S.D. ESTEIRANA

Domingo 10 de marzo; 17:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Alberto Baña Tajes.

Asistentes: Carlos Señarís Balsas / Breogán Rey Fariña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *