A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1886 |
740 |
438 |
708 |
3109 |
3087 |
|
TOTAL COPA DA COSTA |
|||||
|
206 |
89 |
49 |
68 |
421 |
335 |
|
SD SOFÁN NA COPA DA COSTA |
|||||
|
113 |
50 |
18 |
45 |
231 |
201 |
O sábado volve a Copa da Costa e o CD Baio, tras superar ao UD Corcubión na previa, encara os dezaseisavos de final enfrontándose ao gran favorito, a SD Sofán. O club carballés foi fundado en 1979 e disputa coa actual a súa 31ª temporada, pois deixou de participar entre a campaña 1988-89 e a 1996-97. Este ano xoga por terceira vez na Preferente, mentres que as demais repártense entre as 2 da 1ª Rexional, 21 da 2ª Rexional e as 5 da 3ª Rexional. En canto á Copa da Costa, esta vais ser a súa 31ª participación, polo que non deixou de disputala ningunha das temporadas nas que estivo en activo. Ocupa o 21º posto en canto a partidos xogados neste torneo, con 113 encontros disputados. Son 59 as eliminatorias ás que se enfrontou e saíu vencedor en 29 delas. Os rivais que máis veces coincidiron con el foron o Fisterra e o Xallas, con cinco eliminatorias, pero con distinta sorte, pois mentres cos fisterráns pasou tres veces cos xalleiros caeu nas cinco; en catro ocasións tivo diante ao Carnota e ao Dumbría, e mentres cos primeiros gañou tres cos dumbrieses só logrou clasificarse na última delas. Son ata o momento 33 os rivais que tivo na Copa da Costa e este sábado vai ser o 34 o CD Baio, pois estes dous conxuntos non se cruzaron nunca nesta competición.
Para o CD Baio está é a súa 49ª participación, e na que leva disputados 206 partidos, o que supón que sexa o 3º club que máis encontros suma nesta competición por detrás de Ponteceso SD (233) e UC Cee (213). Son xa 104 eliminatorias celebradas e 57 delas gañadas, contra 41 rivais distintos: o UC Cee e UD Carnota, en 7 ocasións, o Ponteceso SD, en 6, e o Xallas FC, SD Soneira e UD Corcubión, en 5, son os rivais aos que máis veces se enfrontou o CD Baio.
O partido do sábado
A SD Sofán compite actualmente no Grupo 1 da Preferente Galicia, e a súa boa campaña fai que se mantivese durante toda a liga nos postos medios, lonxe de calquera perigo de descenso. Mantendo a base do equipo que o ano pasado perdeu a final da Copa da Costa nos penaltis no Platas Reinoso, o míster Iván Cancela conta con 20 fichas sénior, aínda que ao longo da temporada tamén xogou o xuvenil Nacho. O xogador que máis participou na liga foi o baiés Pablo Domínguez, que o fixo en 33 partidos, todos eles como titular; un menos disputaron Iván Canedo, Sera e Raúl (o primeiro foi suplente unha vez, os outros dous en catro ocasións). O porteiro Rumbo, Antonio e Fabián saíron no once inicial en 29 encontros, catro máis que Alexandre ou Jacobo Eibe. O malpicán Camilo tamén foi da partida en moitas ocasións, e van repartindo presenzas no once con saídas desde o banco os Iván Rey, Rubén, Quintela, Jonathan ou Matías. Félix e Luis este ano acumulan menos partidos do que é habitual polas lesións, ao igual que Parafita, mentres que Juanjo sae habitualmente desde o banco e o xuvenil Nacho Moreno tivo minutos en sete encontros.
A día de hoxe o Sofán é 8º na Preferente, mercé a 14 vitorias, oito empates e 13 derrotas, o que dá un total de 50 puntos. Deses puntos a maior parte foron conseguidos no Carral, pois como visitante só logrou sumar 16 (4 vitorias: Puebla 0-1, Montañeiros 2-3, Castro 1-4 e Estudiantil 0-4; e 4 empates: Xallas 0-0, Noia 0-0, Arzúa 1-1 e San Tirso 1-1). Os seus bos números realizadores como local, tamén baixan como visitante. O Sofán leva 69 goles a favor e 55 en contra, pero cando xoga fóra da casa só logrou marcar 21 e encaixou 30. O seu máximo goleador é Raúl, con 13 goles, seguido de preto por Quintela, con 12. Alexandre, Fabián e Canedo suman 6, Matías leva 5, Jacobo ten 4, con 3 están Sera, Antonio e Iván Rey; con 2 Pablo e con 1 Rubén, Camilo, Jonathan, Luis e Parafita, e outro máis en propia meta.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – S.D. SOFÁN
Sábado 11 de maio; 18:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Bruno Méndez Castro.
Asistentes: David Vázquez Lema / Esteban Domínguez Lado.

