A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1886 |
740 |
438 |
708 |
3109 |
3087 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1656 |
642 |
382 |
632 |
2651 |
2715 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
484 |
196 |
129 |
159 |
737 |
695 |
O CD Baio recibe este domingo ao CD Unión no último partido ligueiro no Platas Reinoso desta temporada. O conxunto rianxeiro celebra este ano o seu 50º aniversario, aínda que esta é a súa 49º temporada en activo pois non disputou a 1996-97. Nestas temporadas disputou tres ligas da 3ª Rexional, 23 da Liga do Sar, 3 da Preferente e esta é a súa 20ª campaña na 1ª Rexional, e os seus títulos son 3 Ligas do Sar (2000-01, 2003-04 e 2009-10) e 1 Liga da 1ª Rexional semiprovincial (1985-86); así como 2 Copas do Sar (1974-75 e 1999-2000), sendo finalista tamén na 2007-08.
Esta é a décima temporada na que coinciden os dous conxuntos, as tres primeiras na Rexional Preferente e as demais na 1ª Rexional. O primeiro enfrontamento foi o 16 de outubro de 1983, no Balsiño, con vitoria local por 3-2. Volveron cadrar na mesma categoría na temporada 1986-87 e desta volta os rianxeiros lograron vencer (0-1), pero os baieses tomaron o desquite na campaña seguinte (2-1). A seguinte confrontación foi no novo século, na temporada 2004-05, na 1ª Rexional provincial, e o partido acabou en empate. Repetiron na campaña 2005-06 e o Baio impúxose pola mínima (1-0). As catro últimas confrontacións no Platas Reinoso foron na 1ª Autonómica semiprovincial e nas tres primeiras impúxose sempre o equipo de Asados: na 2013-14 venceron por 1-2, e na 2014-15 e 2015-16 golearon polo mesmo marcador (0-4); a temporada pasada puxeron fin á liga cun empate (4-4). Polo tanto, lixeira vantaxe para o Unión nos partidos xogados en Baio, con catro vitorias rianxeiras e tres baiesas, por dous empates; no que respecta ás estatísticas xerais a vantaxe é maior, con 9 vitorias do Unión, e 5 vitorias baiesas e outros tantos empates.
O partido do domingo
O CD Unión contaba con estar nos postos cabeceiros pero a irregularidade coa que comezou a liga foino deixando na parte central, e a súa mellora na segunda volta levouno a ter asegurada a categoría de posibles arrastres. Un conxunto que tivo baixas antes de comezar e apenas foron cubertas, pero conta cun bo conxunto xuvenil que cubre moitas prazas. Conta o míster Miguéns con tan só 16 fichas sénior, aínda que xa leva utilizados 24 xogadores no que vai de campionato (tres baixas: Jorge Martínez -Flavia-, Óscar Blanco -Sp. Lampón- e Villa -Ordes- e o resto xuvenís). Tan só un xogador participou en todos os partidos, Pablo Reboiras, pero saíu moitos encontros desde o banco. O porteiro Eloy e Cristian foron titulares en 30 partidos, e xunto a eles podemos considerar fixos no once a Óscar Galbán, Mauro, Álex Conde, Jony ou Chicho. Pero están moi repartidas as titularidades e case todos os membros do primeiro equipo saíron máis de dez veces no once. Manu Vigo, Juanma, Eduardo Carou ou Nacho fixérono máis veces. Rebollido, Borja ou Néstor repartíronse as titularidades coas suplencias. O xuvenil Sergio Ramos dispuxo de moitos partidos, e Pablo Souto acaba de recuperarse dunha longa lesión.
Na actualidade ocupa o 6º posto, con 46 puntos, logrados mediante trece vitorias (Esteirana 2-1, Lalín 1-0, Flavia 2-1, Tordoia 4-1, Praíña 1-3, Val do Ulla 1-3, Bastavales 3-1, Lalín 0-1, Tordoia 1-2, Cordeiro 2-1, Chaián 0-1, Dumbría 1-2 e Esclavitud 2-0) e sete empates (na casa, Val do Ulla 0-0 e Baio 0-0; fóra, Bertamiráns 0-0, Piloño 1-1, Esclavitud 0-0, Sigüeiro 0-0 e Esteirana 0-0), e perdeu doce partidos (Bastavales 2-1, Fisterra 3-0, Soneira 2-1, Cordeiro 3-0, Chaián 0-2, Dumbría 1-2, Bertamiráns 0-1, Fisterra 0-3, Flavia 3-1, Soneira 1-2, Piloño 1-3 e Praíña 0-2). Sumou os mesmos puntos como local que como visitante, 23. Fóra da súa casa gañou os seus tres últimos partidos, e e nos últimos once de liga tan só perdeu un, con catro empates, o que dá mostra da súa melloría no treito final. A súa carencia principal ao longo do campionato foi a falta de gol, pois tan só leva 35 a favor, sendo o segundo que menos marcou do grupo; pola contra, tampouco recibe moitos, pois só encaixou 38. Fóra de Asados marcou 16 e recibiu 18. En 10 partidos non recibiu ningún gol e en 12 non foi quen de marcar. O seu máximo goleador é Mauro, con 6 goles, seguido, con 5, por Juanma, Cristian e o xuvenil Ramos; levan 3, Néstor e Pablo Reboiras, con 2 está Borja, e con 1 Rebollido, Jony, Chicho, Manu Vigo, Villa e o xuvenil Isma, ademais de dous goles que marcaron en propia meta xogadores rivais.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – C.D. UNIÓN
Domingo 12 de maio; 18:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (BaIo).
Árbitro: Marco García Vázquez.
Asistentes: Miguel Antonio González Rey / Andrés López López.

