A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1851 |
720 |
430 |
701 |
3038 |
3044 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1622 |
625 |
374 |
623 |
2594 |
2671 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
450 |
179 |
121 |
150 |
676 |
651 |
O CD Baio vai viaxar na trixésimoterceira xornada da Primeira Galicia ata terras de Tabeirós para enfrontarse ao CF Silleda. O equipo silledense é un vello coñecido, pois estaba na 1ª Rexional cando o CD Baio ascendeu por vez primeira a esta categoría. Pasaron 35 temporadas desde aquela, nas que o Silleda se mantivo na 1ª Rexional Grupo 2 ata que este foi dividido en dous na campaña 1986-87, polo que continuou no grupo 2A, que corresponde á Liga do Sar. Catro anos neste grupo ata que descende á 2ª Rexional; na 1991-92 reestablécense as categorías e a Liga do Sar volve á 2ª Rexional, na que vai continuar o club silledense. Cinco temporadas continuas ata que descende á 3ª Rexional logo da 1995-96; na 1996-97 gaña a liga da 3ª Rexional e volve á Liga do Sar, na que estará catro temporadas ata que volve descender á 3ª Rexional; outra vez bota un ano no inferno e logra o ascenso ao ser campión. Tras catro campañas seguidas na última gaña a Liga do Sar e ascende á 1ª Rexional provincial, na que se aguantará tres anos, antes de volver á Liga do Sar. Dúas temporadas nela e volve descender á 3ª Autonómica, que novamente gaña nada máis baixar; tras unha campaña de asentamento á seguinte proclámase campión da Liga do Sar e ascende á 1ª Autonómica semiprovincial. Un só ano nesta categoría e descenso de categoría, para gañar de novo a Liga do Sar á campaña seguinte, e novo ascenso á 1ª Autonómica, na que cumpre a segunda temporada consecutiva. En definitiva, foron 9 temporadas na 1ª Rexional provincial ou semiprovincial, 22 na Liga do Sar e 4 na 3ª Rexional. Neste tempo conseguiu 3 Ligas do Sar (2005-06, 2013-14 e 2015-16) e 3 ligas da 3ª Rexional (1996-97, 2001-02 e 2011-12).
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
5 |
3 |
1 |
1 |
11 |
04 |
|
Xogados en Silleda |
|||||
|
2 |
1 |
0 |
1 |
02 |
02 |
Esta é a terceira temporada na que coinciden os dous conxuntos, todas elas na 1ª Rexional semiprovincial. Como dixemos, a primeira vez que cadraron foi na temporada 1983-84, e o 23 de outubro de 1983 o primeiro enfrontamento, en Silleda, e o cadro local impuxose por 2-0. Para a seguinte confrontación houbo que agardar máis de trinta anos, pois non sucedeu ata a campaña 2014-15, e nela o CD Baio conseguíu vencer polo mesmo marcador (0-2). Xa que logo, igualdade nas curtas estatísticas deste enfrontamento nos encontros disputados en Silleda, mentres que no aspecto xeral a vantaxe é para os baieses.
O partido do domingo
O Silleda fixo un mal campionato, cunha irregular primeira volta que empeorou na segunda, polo que desde hai varias xornadas xa descendeu de categoría sen posibilidade de escapar do último posto. Ocupa, pois, o 18º posto, con 16 puntos, colleitados en 4 vitorias e 4 empates, con 24 derrotas. Xogou 16 partidos como local e outros tantos como visitante, sumando 10 puntos na casa e 6 fóra do Outeiriño. As vitorias como local viñeron ante o Fisterra, Sigüeiro e Cordeiro, e empatou fronte ao Puebla. A súa segunda volta é desastrosa, pois só sumou catro puntos nela (vitoria ante o Cordeiro e sorprendente empate co Puebla), e acumula 10 derrotas seguidas.
No que vai de temporada utilizaron 24 xogadores sénior e 8 xuvenís, aínda que causou baixa o seu xogador máis destacado, Martín González, que fichou en xaneiro polo Arenteiro da 3ª División. Ningún xogador estivo nas 32 xornadas anteriores, aínda que o dianteiro Rubén Fernández estivo en 31 delas (29 como titular), e Álex e Alan estiveron en 30. Xunto a eles son seguros no once inicial Miguel, Richi, Manu e Gus. Na portería José Luis foi o porteiro máis utilizado (2/3 dos partidos) por diante de Marcos ou Cristian (este xogou máis como centrocampista). Os outros postos ocúpanos entre Souto, os xuvenís Moha e Iván, Vilas, Fondevila e as fichaxes de xaneiro Borja (Vilatuxe) e Manuel Fuentes (Bandeira). Ademais da baixa de Martín, outros xogadores desapareceron das aliñacións, como Asier, Pablo Nogueira, Esteban. Completa a convocatoria -cando a completa- con algún outro xogador procedente do equipo xuvenil, como Carlos ou Lois; e tamén con Pablo Fontao, xogador convocado en 25 partidos e que só participou algúns minutos en cinco deles. O Silleda leva marcados 34 goles, o que é a segunda cifra máis baixa do grupo, e lidera o apartado de goles encaixados, con 84. Dos 34 goles que marcou, 22 foron como local; mentres que no Outeiriño encaixou 37 dos 84 goles. O seu máximo goleador é Rubén Fernández, con 12 goles, seguido de Richi, con 5; o terceiro é Martín González -fóra desde xaneiro-, con 3, así ata completar 10 xogadores que lograron marcar.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.F. SILLEDA – C.D. BAIO
Domingo 13 de maio; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: Outeiriño (Silleda).
Árbitro: Miguel Ángel Vilas Lorenzo
Asistentes: Sergio García Otero / Juan Marcos Ríos Suárez

