Previa CD Unión-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1833

714

425

694

3022

3025

TOTAL LIGAS

1606

620

369

617

2581

2656

1ª AUTONÓMICA

434

174

116

144

663

636

O CD Baio vaise enfrontar na decimosétima xornada da Primeira Galicia ao UD Unión no campo das Vilas de Asados, despois da derrota no partido da semana pasada en Ribeira que fora suspendido polo temporal. O equipo rianxeiro, fundado en 1969, disputa coa actual a súa 48ª temporada, logo de que se retirase na 1996-97. Tras once anos na Liga do Sar, ascende á 1ª Rexional na 1981-82, na que vai botar cinco temporadas, cumpridas elas ascende á Preferente, na que botará dúas campañas. Descende á 1ª Rexional na que se encadraba a Liga do Sar, na que está tres campañas para continuar na 1ª Rexional provincial as dúas seguintes. Descende á Liga do Sar e tras tres campañas baixa á 3ª Rexional, pero o club retírase nesa 1996-97. Volve competir na temporada 1997-98 na 3ª Rexional, e tras tres temporadas volve á Liga do Sar para a 2000-01, campaña na que queda campión, pero renuncia ao ascenso. Logo de tres temporadas máis, volve quedar campión na 2003-04 e agora si ascende á 1ª Rexional provincial. Cinco campañas botará nesta categoría para descender de novo á Liga do Sar, pero pouco duraría aquí pois proclámase campión nesa 2009-10 e regresa á 1ª Autonómica, e pouco duraría aquí porque acto seguido sobe á Preferente. A súa estancia aquí foi cousa dun ano, e volveu á 1ª Autonómica semiprovincial, na que acumula seis campañas consecutivas. Xa que logo, nesas 48 temporadas disputou tres ligas da 3ª Rexional, 23 da Liga do Sar, 3 da Preferente e esta é a súa 19ª campaña na 1ª Rexional. Nestes anos acumula 3 Ligas do Sar (2000-01, 2003-04 e 2009-10) e 1 Liga da 1ª Rexional semiprovincial (1985-86); así como 2 Copas do Sar (1974-75 e 1999-2000), sendo finalista tamén na 2007-08.

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

16

5

2

9

14

29

Xogados en Asados

08

2

1

5

06

14

Esta será a novena temporada na que coincidan os dous conxuntos, dúas delas na Preferente e o resto na 1ª Rexional. O primeiro enfrontamento foi na 1ª Rexional semiprovincial o 16 de outubro de 1983, no Balsiño, con vitoria local (3-2), mesmo resultado para os locais que se deu no primeiro encontro xogado en Asados, o 11 de marzo de 1984. Os seguintes enfrontamentos serían na Preferente, e na 1986-87 non houbo goles e na seguinte o Baio impoñeríase na súa visita a Asados (0-1). Houbo que agardar ata a campaña 2004-05 para que volvesen coincidir, neste caso na 1ª Rexional provincial, e o Unión impúxose por 3-1, pero na seguinte temporada o Baio gañou en terras barbanzanas (0-1). As tres seguintes veces foron na 1ª Autonómica semiprovincial, e nas tres se impuxo o Unión: na 2013-14 por 4-1, na 2014-15 por 1-0 e na 2015-16 por 3-0. As estatísticas, tanto as dos partidos xogados en Asados como as xerais, son favorables ao Unión, que gañou máis da metade dos partidos disputados, colleitando ademais unha boa cantidade de goles máis.

O partido do domingo

O CD Unión é, por méritos propios, un dos grandes da 1ª Autonómica nos últimos anos, acabando sempre en postos altos, pero non puido volver ascender á Preferente. Esta temporada afrontou un cambio de plantexamento, iniciado polo cambio da directiva, coa aposta por Pimen no banco, e un cadro de xogadores nos que reina a xuventude, apoiados polo seu equipo xuvenil, que compite na Liga Galega. As altas viñeron polas fichaxes dos dianteiros Bebeto e Manu Vigo, procedentes do Dodro, e a subida desde o xuvenil de Xabi, Néstor e Pablo Reboiras. Con só 18 fichas sénior compite este equipo, que conta ademais co apoio do xuvenil Jorge, habitual nas convocatorias. Ningún xogador do plantel foi titular nas 15 xornadas disputadas, e tan só ese mérito llo poderiamos dar ao porteiro Eloy, que xogou 14, non podendo facelo na última xornada (xogou o xuvenil Marcos). Iso si, Pimen aposta por unha serie de xogadores que son titulares as máis das veces, como é o caso de Óscar Blanco, Borja, Saviola, Bouzas, Álex Conde, Cristian, Chicho, Óscar Galbán ou Bebeto. Xabi e Pablo Reboiras xogaron moitos partidos de titulares, e Juanma e o xuvenil Jorge repartiron titularidades e saídas desde o banco, e case o mesmo poderiamos dicir de Rebollido. Menos minutos acumulan Diego Ramos, Mauro, Manu Vigo ou Néstor.

Actualmente ocupa o Unión o 3º posto no grupo, con 29 puntos, a dous dos líderes. Nove vitorias e dous empates danlle eses puntos, caendo en catro ocasións. Como local venceulle ao Puebla, Cordeiro, Ribeira e Sigüeiro; empatando co Chaián, e perdeu con Bastavales e Soneira; fóra da casa, saíu vitorioso dos campos do Agolada, Fisterra, Silleda, Flavia e Tordoia, empatou co Piloño e perdeu con Lalín e San Lorenzo. Por culpa do partido suspendido contra o Bertamiráns, suma un menos como local, polo que os seus números como visitante son superiores (16 puntos fronte a 13). Suma 29 goles a favor, o que o converten no segundo máximo goleador do grupo, e os 17 que encaixou fano o terceiro que menos recibiu. Ata once xogadores conseguiron marcar no que vai de temporada, sendo Saviola, con 8 goles, o que máis anotou; tras el figuran Chicho (5), Juanma (4), Bebeto (3), e con 2 Néstor e Pablo.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. UNIÓN – C.D. BAIO

Domingo 7 de xaneiro; 16:30 horas.

Campo: As Vilas (Asados).

Árbitro: Adrián Casal Barreiro

Asistentes: Félix Queija Pérez / Iván Martínez Sequedo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *