Previa CD Unión-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1868

730

436

702

3070

3061

TOTAL LIGAS

1639

633

380

626

2620

2690

1ª AUTONÓMICA

467

187

127

153

706

670

Na décimosexta xornada da Primeira Galicia o CD Baio viaxa ata o concello de Rianxo para enfrontarse ao CD Unión de Asados, club que foi fundado en 1969, e que disputa coa actual a súa 49ª temporada, logo de que se retirase na 1996-97. Tras once anos na Liga do Sar, ascende á 1ª Rexional na 1981-82, na que vai botar cinco temporadas, cumpridas elas ascende á Preferente, na que botará dúas campañas. Descende á 1ª Rexional na que se encadraba a Liga do Sar, na que está tres campañas para continuar na 1ª Rexional provincial as dúas seguintes. Descende á Liga do Sar e tras tres campañas baixa á 3ª Rexional, pero o club retírase nesa 1996-97. Volve competir na temporada 1997-98 na 3ª Rexional, e tras tres temporadas volve á Liga do Sar para a 2000-01, campaña na que queda campión, pero renuncia ao ascenso. Logo de tres temporadas máis, volve quedar campión na 2003-04 e agora si ascende á 1ª Rexional provincial. Cinco campañas botará nesta categoría para descender de novo á Liga do Sar, pero pouco duraría aquí pois proclámase campión nesa 2009-10 e regresa á 1ª Autonómica, e pouco duraría aquí porque acto seguido sobe á Preferente. A súa estancia aquí foi cousa dun ano, e volveu á 1ª Autonómica semiprovincial, na que acumula sete campañas consecutivas. Xa que logo, nesas 49 temporadas disputou tres ligas da 3ª Rexional, 23 da Liga do Sar, 3 da Preferente e esta é a súa 20ª campaña na 1ª Rexional. Nestes anos acumula 3 Ligas do Sar (2000-01, 2003-04 e 2009-10) e 1 Liga da 1ª Rexional semiprovincial (1985-86); así como 2 Copas do Sar (1974-75 e 1999-2000), sendo finalista tamén na 2007-08.

Esta será a décima temporada na que coincidan os dous conxuntos, dúas delas na Preferente e o resto na 1ª Rexional. O primeiro enfrontamento foi na 1ª Rexional semiprovincial o 16 de outubro de 1983, no Balsiño, con vitoria local (3-2), mesmo resultado para os locais que se deu no primeiro encontro xogado en Asados, o 11 de marzo de 1984. Os seguintes enfrontamentos serían na Preferente: na 1986-87 non houbo goles e na seguinte o Baio impoñeríase na súa visita a Asados (0-1). Houbo que agardar ata a campaña 2004-05 para que volvesen coincidir, neste caso na 1ª Rexional provincial, e o Unión impúxose por 3-1, pero na seguinte temporada o Baio gañou en terras barbanzanas (0-1). As seguintes veces foron na 1ª Autonómica semiprovincial, e nas tres primeiras impúxose o Unión: na 2013-14 por 4-1, na 2014-15 por 1-0 e na 2015-16 por 3-0; mentres que na última, na temporada 2017-18 acabaron en empate (0-0). As estatísticas, tanto as dos partidos xogados en Asados son favorables ao Unión, que gañou máis da metade dos partidos disputados (5 dos 9), con dous empates e dúas vitorias baiesas, e ademais os baieses apenas lograron marcar como visitantes, pois só foron quen de bater en 6 ocasións a meta rianxeira, por 14 goles recibidos nos nove partidos. Nas estatísticas xerais, o Unión gañou a metade dos 18 partidos, con catro empates e cinco triunfos baieses, con 33 marcados polo equipo de Asados e 18 polo de Baio.

O partido do domingo

O CD Unión mantense unha temporada máis na 1ª Galicia, e faino mantendo a regularidade que o caracteriza. Continúa co bloque do ano anterior con 13 xogadores dos 18 que compoñen o cadro do equipo sénior. Tan só algunhas baixas significativas, como as de Xavi Castiñeiras, Saviola, Bebeto ou Manuel Bouzas, e xa iniciada a temporada a de Jorge Martínez (Flavia). Cinco incorporacións sumaron calidade ao conxunto, como foron as do ex do Puebla, Jony, que estaba sen xogar, do Dubra chegou Villaverde, do Bertamiráns Pablo Souto, e desde o Araño incorporáronse Nacho e Eduardo Carou. Un total de 20 xogadores foron utilizados ata o momento polo míster, José Manuel Miguéns, dous deles xuvenís (o porteiro Sergio Romero e o dianteiro Ramos), e dos séniro aínda non debutou Pablo Souto e xa nos está Jorge Martínez. O único que estivo presente nas 15 xornadas foi Pablo Reboiras, aínda que só foi titular en 10 delas. O porteiro Eloy e Cristian foron da partida en 14 encontros, e os seguintes na lista de titularidades atopámolos con 11 veces: Óscar Blanco, Óscar Galbán, Villaverde e Ramos; mentres que con 10 están Nacho, Álex Conde e Chicho. Pero se algo destaca no conxunto rianxeiro é que a maioría dos xogadores pode ser titular, pois está moi repartidos os postos no once, e tamén calquera pode ser suplente.

Na actualidade ocupa o 10º posto, con 19 puntos, logrados mediante cinco vitorias (Esteirana 2-1, Lalín 1-0, Flavia 2-1, Tordoia 4-1 e Praíña 1-3) e catro empates (Val do Ulla 0-0 como local; e Bertamiráns 0-0, Piloño 1-1 e Esclavitud 0-0 como visitante), e perdeu seis partidos (Bastavales 2-1, Fisterra 3-0, Soneira 2-1, Cordeiro 3-0, Chaián 0-2 e Dumbría 1-2). Aínda que comezou ben sufriu un parón nas últimas xornadas, pois só sumou 5 dos últimos 18 puntos en xogo, o que fixo que baixase posicións na táboa. Aí chegaron as súas derrotas na casa, onde mantiña unha boa xeira e conseguía a maioría dos seus puntos, pois 13 dos 19 foron logrados no Municipal de Vilas. Ademias marcou como local 10 dos seu 16 goles e tan só encaixou 7, cando como visitante leva unha ducia. O seu máximo goleador é o xuvenil Ramos, con 4 goles; con 2 están Pablo Reboiras, Néstor e Mauro; e con 1 figuran Cristian, Villaverde, Óscar Galbán e Juanma, con outros dous en propia meta.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. UNIÓN – C.D. BAIO

Domingo 16 de decembro; 16:30 horas.

Saída de Baio ás 14:00 horas

Campo: Municipal de Vilas (Asados-Rianxo).

Árbitro: Daniel Rodríguez Munín.

Asistentes: Bárbara Ana Álvarez Castro / Mateo Hermida Santos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *