A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1862 |
726 |
435 |
701 |
3056 |
3056 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1633 |
629 |
379 |
625 |
2606 |
2685 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
461 |
183 |
126 |
152 |
692 |
665 |
Na décima xornada da Primeira Galicia o CD Baio viaxa ata o Deza para enfrontase no Manuel Anxo Cortizo ao CD Lalín. Fundado en 1974, o equipo lalinense converteuse nun dos clásicos do fútbol galego, polas súas moitas temporadas na 2ªB, a onde chegou grazas a un adestrador que daba os seus primeiros pasos, como Fernando Vázquez. A pesar do seu importante historial o CD Lalín non comezou a competir ata a temporada 1976-77, na 2ª Rexional, categoría na que botou tres temporadas. Tras un meteórico ascenso pasou á 1ª Rexional, á Preferente e á 3ª División en só tres anos. Desde a campaña 1981-82 á 2009-10 estivo ininterrompidamente en categoría nacional, combinando a 3ª División con algunha campañas na 2ª División B. Tras o descenso á Preferente e novo ascenso á 3ª División, chegou un novo descenso que mantivo o Lalín catro temporadas na Preferente ata que descendeu á 1ª Autonómica, categoría na que cumpre a terceira campaña consecutiva.
É esta, pois a súa 43ª temporada, que se dividen nas 3 iniciais na 2ª Rexional, 6 na 2ª División B, 24 na 3ª División, 6 na Preferente, e esta é a cuarta na 1ª Autonómica. Temos que destacar que o CD Lalín figura na 10ª posición entre os clubs galegos que máis partidos xogaron na 3ª División, na que suma 912 encontros. Os seus títulos veñen dados de 2 ligas da 3ª División (1984-85 e 1990-91), 1 liga da Preferente (2010-11) e 1 liga da 2ª Rexional (1978-79), sumando ademais 7 fases de ascenso á 2ª División B.
Esta é a segunda temporada que CD Baio e CD Lalín coinciden, despois de coñecérense na pasada campaña, na que os dous partidos se saldaron con senllos empates. O 22 de outubro de 2017 xogaron no Platas Reinoso con empate con moitos goles (4-4), e o 11 de marzo de 2018, no Anexo ao Cortizo, o empate foi sen goles (0-0).
O partido do domingo
O CD Lalín sufriu unha boa transformación esta temporada en todos os seus estamentos, desde a directiva, cadro de xogadores ata o adestrador. Con Moncho Salgado no banco, tan só seis xogadores se manteñen do ano anterior, polo que ata 11 incorparacións tivo o equipo esta temporada. As baixas dos Moncho, Nuno, Ocampo, Pituso, Xairo, Pitu, Brais ou Camba tiveron que ser suplidas coas chegadas de Penela (Laro), Dani Gómez (Bandeira), Abraham (Monterrei), Rucho (Arzúa), You (Allariz), Cubi (Val do Ulla), Guillermo (Vilalonga), Sergio Bolaño (At. Arnoia) e os que subiron desde a E.F. Lalín: Ernesto, Rubén García e Rubi. O adestrador dezabo usou no que vai de campaña 20 xogadores, tres deles xuvenís, que completaron as 17 fichas sénior das que dispón. Sete deses xogadores participaron nos nove partidos pero só catro foron titulares en todos eles: Rucho -que xogou todos os minutos-, o xuvenil Tibu, Richi e Rego; mentres que Cubi foi titular en oito deles. Xunto a eles son habitualmente da partida o porteiro Penela (aínda que DJ tamén xogou un par de partidos), xunto con Dani Gómez, Ferreiro e Rubén García, como o era Xocas ata que se lesionou. O resto dos postos adoitan ocupalos You, Guillermo, Fer, Rubi ou Ernesto, aínda que estes dous saen máis desde o banco, ao igual que Abraham ou Bolaño.
Na actualidade ocupa o 10º posto, con 12 puntos, logrados mediante tres vitorias (Soneira 1-0, Tordoia 2-3 e Chaián 4-1) e tres empates (Flavia 1-1, Cordeiro 1-1 e Praíña 1-1), perdendo outros tres partidos (Unión 1-0, Dumbría 0-1 e Esclavitud 1-0), coa curiosidade de todos os empates e todas as derrotas foron co mesmo marcador. Destaca logo destes marcadores os poucos goles que encaixa, pois só o Tordoia foi que marcarlle máis de un, pero tamén vemos que só puido manter a porta a cero co Soneira. Tampouco é un equipo moi realizador, a pesar de contar co pichichi da temporada pasada neste grupo, pero na actualidade leva 11 goles, dous máis que os recibidos. Como local gañou dous partidos e empatou co Cordeiro, marcando seis goles e encaixando tres. Suma tres semanas sen gañar, co empate en Praíña e as seguintes derrotas con Dumbría e Esclavitud. O seu máximo goleador é Rego, con 4 goles, mentres Richi suma 3; con 1 gol están Xocas, Rubén García e o xuvenil Eloy Ferreira, ademais doutro en propia meta.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. LALÍN – C.D. BAIO
Domingo 4 de novembro; 16:30 horas.
Campo: Manuel Anxo Cortizo (Lalín).
Árbitro: José Luis Rego Rodríguez.
Asistentes: Agustín Hernández Giadáns / Sergio García Otero.

