Previa CD Baio-Val do Ulla UD

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1875

734

437

704

3084

3068

TOTAL LIGAS

1646

637

381

628

2634

2697

1ª AUTONÓMICA

474

191

128

155

720

677

Esta xornada o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao Val do Ulla UD, un club creado relativamente hai pouco, pois na 2007-08 debutou na 3ª Autonómica, como club continuador do Airiños do Ulla e At. Ponte Ulla.

Esta é a segunda temporada que coinciden CD Baio e o Val do Ulla UD no mesmo grupo competitivo. A primeira vez acontecera na temporada 2015-16, tamén na 1ª Autonómica semiprovincial, e o 25 de outubro de 2015 xogaban o seu primeiro encontro. Foi no Platas Reinoso e o conxunto de Vedra levaba os tres puntos, grazas a un solitario gol (0-1). Vitoria contundente na segunda volta desa temporada (4-0), e tamén vitoria no encontro xogado na campaña actual (3-2), polo que as estatísticas amosan uns contundentes números para os da Ulla.

O partido do domingo

O Val do Ulla UD volveu ascender tras o descenso de hai dúas campañas e esta temporada mantense afastado dos postos de descenso, pero non consegue despegarse deles. Tras un bo inicio ligueiro que o levou a postos altos (11 puntos nas 6 primeiras xornadas), o equipo sufriu un bache no tramo final da primeira volta (1 punto nas súas últimas 6 xornadas), que o levou a coquetear co descenso. Un equipo que mantén o bloque da temporada pasada, pero cun número escaso de xogadores que complementa coa presenza dalgún reforzo do equipo B, que milita na 3ª Galicia. As fichaxes da pretemporada foran as de Antonio Arnejo (Villestro), Sanín (Touro), Cristian Ingelmo (Negreira) e Pepe Cidranes (Sigüeiro), mais os dous primeiros xa causaron baixa, ao igual que fixeron Magariños e Pedreira. Para contrarrestalo incorporaron a un ex como o uruguaio Coria (EF Boqueixón) e ao porteiro Pouso (Bertamiráns) xa ben iniciada a liga. Actualmente, o míster Francisco Raviña conta con 16 fichas sénior, aínda que foron xa 28 os xogadores utilizados. Deste número 5 foron baixa e 9 pertencen ao equipo B, algúns dos cales xa son fixos no primeiro equipo, como é o caso de Julio Souto. O único que disputou todas as xornadas -e todas como titular- foi Franqueiro, mentres que Julio Souto xogou en 21 partidos, todos tamén titular, os mesmos nos que participou Hermida -tamén con pasado no B-, pero esta saiu varios desde o banco. Jacobo e Carlos tamén foron titulares todos os partidos que xogaron (20), e xunto a eles poderiamos considerar fixos no once a Mattew, Cristian e Zubi na portería (sobre todo unha vez que Pedreira marchou e aínda non debutou Pouso). Adrián Barrio e Martín tamén levan un bo número de partidos desde o inicio, pero os demais postos están moi repartidos. Alberto, Ismael e Pepe Cidranes combinaron o banco coa titularidade, e desde que chegou Coria fíxose cun sitio no once. Óscar López, Pereira, Álex Neira ou Miguel son outros dos que saíron de inicio, pero con minutos moi repartidos entre todos.

Na actualidade ocupa o 12º posto, con 23 puntos, logrados mediante seis vitorias (Chaián 1-0, Dumbría 4-2, Baio 3-2, Esteirana 2-3, Cordeiro 3-2 e Praíña 3-0) e cinco empates (na casa, Bertamiráns 3-3, Soneira 0-0 e Esclavitud 1-1; fóra, Unión 0-0 e Esclavitud 2-2), e perdeu once partidos (Praíña 2-1, Sigüeiro 4-0, Piloño 1-3, Bastavales 1-3, Lalín 1-0, Fisterra 1-3, Flavia 4-0, Tordoia 3-1, Unión 1-3, Chaián 1-0 e Dumbría 2-1). Tan só logrou 5 puntos como visitante nos dez partidos que xogou fóra do Coto, cunha vitoria e dous empates. Neses partidos marcou 8 goles e encaixou 22, o que dá mostras da súa debilidade como forasteiro, aínda que eses empates foron en terreos complicados como os do Unión ou Esclavitud. Con todo, na casa logra marcar con facilidade pois leva un total de 30 goles a favor no total, por 43 en contra, dato este que o converte no terceiro máis goleado do grupo. Os seus máximos goleadores son Carlos e Jacobo, con seis, seguidos de Hermida e Coria -este en 7 partidos- con cinco goles; máis lonxe quedan Cristian, Franqueiro e Pepe Cidranes, con 2, e con 1 están Julio Souto e Pereira.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – VAL DO ULLA U.D.

Domingo 17 de febreiro; 16:30 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Iván Miño Rojas.

Asistentes: Álvaro Rodríguez Souto / Antonio Aranda Hualda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *