A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1838 |
714 |
428 |
696 |
3024 |
3030 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1611 |
620 |
372 |
619 |
2583 |
2661 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
439 |
174 |
119 |
146 |
665 |
641 |
O CD Baio recibe no Platas Reinoso o próximo domingo ao Sigüeiro FC, na xornada 22ª do Grupo 2 da 1ª Galicia. O equipo orosán disputa coa actual a súa 14ª temporada na 1ª Rexional, categoría máxima que disputou. O resto da súa traxectoria hai que situala na Liga do Sar e na 3ª Rexional. A primeira vez que competiu na 1ª Rexional foi na campaña 1984-85, na que foi subcampión do Grupo II, o que supón a súa mellor clasificación da súa historia. Repetiu na 1985-86 no mesmo grupo, para despois continuar as cinco seguintes no Grupo II-A, unha especie de Liga do Sar na 1ª Rexional. Xa con esta categoría cun único grupo provincial na temporada 1991-92 o Sigüeiro foi penúltimo e descendeu. Volvería á 1ª Rexional provincial na 2002-03, pero volveu descender nesa campaña. E as cinco últimas temporadas, desde a 2013-14 ata a actualidade, participa na 1ª Autonómica semiprovincial. No seu palmarés figuran dúas Ligas da 2ª Rexional, nas temporadas 2001-02 e 2012-13, e unha Copa do Sar, na 1996-97 (ao gañarlle ao Conxo, 1-0).
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
9 |
6 |
1 |
2 |
25 |
14 |
|
Xogados en Baio |
|||||
|
4 |
3 |
0 |
1 |
15 |
08 |
Esta é a quinta temporada na que coinciden os dous clubs, todas elas na 1ª Autonómica. A primeira foi na temporada 2002-03, no Grupo I provincial, e as catro últimas no Grupo II semiprovincial. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 15 de decembro de 2002, en Sigüeiro, con vitoria baiesa (1-3); e a primeira vez que xogaron en Baio foi o 27 de abril de 2003, e o equipo baiés goleou a un xa descendido Sigüeiro (8-2). Na temporada 2013-14 volveron coincidir despois de que os dous ascendesen na temporada anterior, e o Sigüeiro levou a vitoria de Baio (0-2). Moitos goles no enfrontamento da temporada 2014-15, con vitoria local (4-3), e nova vitoria do Baio (2-1) na temporada 2015-16 nun partido disputado no campo de San Andrés por obras no Platas Reinoso. Polo tanto, tres vitorias baiesas e unha orosá nos catro enfrontamentos disputados co Baio como local, mentres que as estatísticas xerais tamén amosan a superioridade do cadro baiés.
O partido do domingo
O Sigüeiro FC leva varios anos na 1ª Autonómica con intencións de conseguir figurar nos postos altos, pero na presente temporada non o está logrando. Con varias fichaxes de renome, a veteranía de moitos dos seus homes mesturada coa xuventude doutros non lle está axudando a conseguir os resultados agardados. Diego González, o míster que subiu desde o xuvenil Xuventude de Oroso, aliñou no que vai de campaña 31 xogadores distintos, 24 sénior e 7 xuvenís. Ningún deles participou en todos os partidos, sendo Aitor e Fer os que máis se achegan, con 19 partidos. Na portería releváronse Pablo Souto e Dani, e aínda que o primeiro xogou máis partidos ultimamente aposta o míster pola veteranía do ex do Xallas. Aitor, na defensa, e Borja, no medio do campo, adoitan ser fixos no once; polo demais están bastante repartidas as titularidades. Guti, Fer, Chema, Pablo Mato, Pepe Cidranes, Juanito, Álex Pri, Jesús e Arturo son os que máis veces saíron de inicio. Tamén o fixeron en varias ocasións Ale, Jorge ou Felipe. Nos últimos encontros o xuvenil Rubén fíxose cun sitio no once, e o tamén xuvenil Eduardo adoita saír desde o banco, ao igual que o vetarano Bautista, Borja ou Óscar Maroño, así como o recuperado Isma.
O Sigüeiro FC figura actualmente na 15ª posición, ocupando o posto de arrastre que acarrearía o descenso do Dumbría. Suma 20 puntos, mercede a 5 vitorias e cinco empates; conseguiu once puntos como local e nove como visitante. No seu campo impúxose ao Baio, Bastavales e Flavia, e empatou co Tordoia e Lalín, mentres que sacaron os tres puntos do Lino Balado o Bertamiráns, Agolada, Puebla, Piloño, Fisterra e Soneira. Fóra da casa foi quen de gañar nos campos do San Lorenzo e Chaián, e sacou un empata das súas visitas ao Fisterra, Soneira e Tordoia, mentres que veu de baleiro tras xogar co At. Ribeira, Silleda, Unión, Cordeiro e Bertamiráns. Conseguiu marcar un total de 25 goles e encaixou 34, o que supón unhas cifras normais dentro da zona media-baixa. O seu máximo goleador é Pepe Cidranes, con 6 goles, con catro están Juanito, Pablo Mato e Álex Pri; suman dous Hugo Arnejo e Chema, mentres que con un gol están Ale, Adán e Arturo.
O domingo o CD Baio ten un rival directísimo diante, ao que ten que distanciar para respirar algo tras varias xornadas sen gañar. O Sigüeiro tamén acumula seis partidos sen vencer, sumando un só punto dos últimos 18 en xogo. Polo tanto, hai moito en xogo nun encontro que pode ser unha final.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – SIGÜEIRO F.C.
Domingo 11 de febreiro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Sergio Bermúdez Seoane.
Asistentes: Álvaro Puga Noriega / Óscar Núñez Mayo.

