A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1884 |
739 |
438 |
707 |
3105 |
3082 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1654 |
641 |
382 |
631 |
2647 |
2710 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
482 |
195 |
129 |
158 |
733 |
690 |
O CD Baio recibe este sábado á SD Tordoia no Platas Reinoso tras o parón da Semana Santa. O club tordoiés foi fundado en 1982, polo que esta é a súa 37ª temporada competindo, a cuarta na 1ª Autonómica.
Esta é a terceira temporada que coinciden os dous conxuntos, as tres na 1ª Autonómica, sendo a primeira delas na temporada 2015-16. O seu primeiro enfrontamento tivo lugar en Tordoia o 15 de novembro de 2015 e rematou sen goles; na segunda volta, en Baio o conxunto local impúxose por 3-1. A segunda vez foi na temporada 2017-18, e o Tordoia logrou vencer no Platas Reinoso pola mínima (0-1), polo que as estatísticas dos partidos xogados en Baio amosan unha igualdade que non se dá nas xerais, pois os baieses lograron vencer en tres dos cinco partidos disputados entre eles, con un empate e unha derrota; en canto aos goles, o Baio logrou marcar 9 e o Tordoia tan só 2.
O partido do sábado
A SD Tordoia está tendo unha boa temporada, aínda que as boas sensacións da primeira volta, na que chegou a merodear cos postos altos está deixando unha segunda menos regular, e veuse relegado á zona media, sen que teña asegurada aínda ao 100% a tranquilidade de verse metido nos postos de arrastre, aínda que tampouco parece correr moito perigo. Mantén o bloque da primeira volta, coa incorporación de Felipe, ex-xogador de Sofán ou Sigüeiro. O adestrador oleiro Daniel Calvete conta actualmente con 25 fichas sénior, aínda que no que vai de campaña só utilizou 23 xogadores (1 deles do filial). O único xogador que participou en todos os partidos, e en todos titular, foi o ex-xuvenil cercedense Damián Lois, mentres que o dianteiro Denís xogou un menos. O porteiro Santi foi titular na maioría deles (Cornes foino só en 5), e xunto a el podemos considerar titulares aos Maki, Dubra, Seo, Nico, Dani Pena e Jorge Liñares. O mesmo poderiamos dicir de Rubén Fariña e Martín Torres, aínda que só foron da partida en dous terzos da competición. Menos oportunidades tiveron os Che, Miguel Mallo, Elías, Prego ou Felipe. Juanjo Freire, Dani Padín, Eloy ou Juanjo Rey, con maior ou menor presenza, adoitan saír desde o banco.
Na actualidade ocupa o 10º posto, con 38 puntos, logrados mediante dez vitorias (Bastavales 1-4, Flavia 1-0, Soneira 1-2, Cordeiro 3-2, Chaián 2-1, Dumbría 1-0, Sigüeiro 1-2, Val do Ulla 3-1, Bastavales 3-2 e Chaián 0-4) e oito empates (na casa, Esteirana 1-1, Fisterra 0-0, Soneira 1-1 e Praíña 0-0; fóra, Fisterra 2-2, Piloño 0-0, Praíña 2-2 e Dumbría 1-1), e perdeu doce partidos (Lalín 2-3, Unión 4-1, Esclavitud 2-0, Baio 0-3, Bertamiráns 2-0, Esteirana 2-0, Lalín 2-1, Flavia 2-1, Piloño 0-2, Cordeiro 3-1, Unión 1-2 e Esclavitud 1-2). Sumou 16 puntos como visitante por 22 como local nos mesmos partidos, aínda que marcou máis goles como forasteiro que como local (21 por 19), mais tamén encaixou máis fóra da casa (25 por 20). Lonxe de Gorgullos destacan algúns resultados como a vitoria no Lino Balado, ou o empate en Ara Solis, mais como dixemos a súa segunda volta non está sendo tan efectiva como a primeira, e dos últimos 11 partidos só gañou en Chaián, sumando sete dos últimos 33 puntos. Leva marcados 40 goles e encaixou 45 no que vai de campaña, sendo Maki, con 12 goles, o seu máximo realizador. Séguelle na táboa de goleadores Denís, con 9, Jorge Liñares suma 5, Rubén Fariña 4, Dani Pena 3, Juanjo Freire 2, e con 1 están Elías, Che, Martín Torres e Seo, xunto con outro que foi marcado en propia meta.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – S.D. TORDOIA
Sábado 27 de abril; 18:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Sergio Sánchez Martínez.
Asistentes: Diego Cusset Ramírez / Alberto Montero Couto.

