Previa: CD Baio-SD Tordoia

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1837

714

428

695

3024

3029

TOTAL LIGAS

1610

620

372

618

2583

2660

1ª AUTONÓMICA

438

174

119

145

665

640

O CD Baio recibe este domingo á SD Tordoia no Platas Reinoso, na 21ª xornada da 1ª Galicia Grupo 2º. O club tordoiés foi fundado en 1982, polo que está disputando a súa 36ª temporada consecutiva. Desde que comezou a competir na temporada 1982-83 na 3ª Rexional, estivo catro temporadas nesta categoría, ata que as reformas da 1ª Rexional, coa creación de catro grupos na provincia da Coruña, eliminou as terceiras, polo que a partir da 1986-87 vai competir na 2ª Rexional. Na 1988-89, aínda na 2ª Rexional, vai cambiar de zona competicional, pois pasa das Mariñas ao Sar. Na 1990-91 baixa para a 3ª Rexional, e nesta categoría vai botar as seguintes 16 temporadas, cando o subcampionato da 2005-06 o levou á Liga do Sar. Tres campañas nesta competición, e novo descenso á 3ª Autonómica. Na 2011-12 quedou cuarto clasificado, pero na promoción logrou ascender de novo á Liga do Sar. Outras tres temporadas seguidas na categoría, ata que o subcampionato da 2014-15 lle valeu para xogar a promoción de ascenso, na que foi segundo do seu grupo (con Palmeira e Sp. Zas) e ascendeu por vez primeira á 1ª Autonómica. Na 2015-16 foi 9º e na 2016-17 foi 12º neste grupo semiprovincial. Polo tanto, esta será a terceira campaña na 1ª Autonómica, tras 6 na Liga do Sar e as restantes 27 na categoría inferior.

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

03

02

01

00

06

01

Xogados en Baio

01

01

00

00

03

01

Esta é a segunda temporada que coinciden os dous conxuntos, as dúas na 1ª Autonómica, sendo a primeira delas na temporada 2015-16. O seu primeiro enfrontamento tivo lugar en Tordoia o 15 de novembro de 2015 e rematou sen goles. No partido da segunda volta xogado en Baio impuxéranse os baieses con facilidade (3-1), e no último enfrontamento desta temporada o Baio conseguiu levar os tres puntos de Gorgullos (0-3). Polo tanto, o Tordoia non conseguiu aínda impoñerse ao Baio nos tres enfrontamentos.

O partido do domingo

A SD Tordoia mantivo boa parte do plantel da temporada, na que comezou no banco o xalleiro Víctor Pazos, e que desde a xornada 12ª está ocupado polo bergantiñán Barca. Entres os dous usaron un total de 24 xogadores, tres deles xuvenís e algún tamén do Tordoia B. Nas 19 xornadas que levan disputadas (non xogaron o suspendido Silleda-Tordoia), tan só Maki estivo presente en todas elas, e ademais todas como titular. Un partido menos xogaron Toño e Nico, aínda que o primeiro foi sempre da partida e Nico estivo catro encontros no banco. Na portería é practicamente fixo Santi, aínda que Juanjo xogou un par de partidos; son tamén fixos no once Denís e Andrade. E o mesmo poderiamos dicir de Álex Varela, Alemán, Jorge Liñares ou Pombo; e tamén con moitas titularidades están Chino, Dubra, Che e José. Zalo e Pablo, máis utilizados desde o banco, completan o cadro de xogadores habituais do Tordoia. Con todo, este domingo contarán coas baixas de Pombo, Jorge Liñares e Denís, por sanción federativa.

Na actualidade a SD Tordoia figura no 16º posto, ao que caeu despois de cinco xornadas sen gañar, sumando só dous puntos de quince posibles, que contrasta coas tres vitorias consecutivas que conseguira anteriormente. Xogou dez partidos como local e nove como visitante, e curiosamente conseguiu máis puntos fóra de Gorgullos, 7 por 9. Como local conseguiu dúas vitorias (Soneira e At. Ribeira) e un empate (Sigüeiro), con sete derrotas (Flavia, Baio, Puebla, Bastavales, Cordeiro, Unión e Bertamiráns). Fóra da casa sumou os tres puntos dúas veces (Bertamiráns e San Lorenzo) e empatou en tres ocasións (Sigüeiro, Lalín e Chaián), caendo derrotado en catro visitas (Agolada, Piloño, Fisterra e Flavia). Polo tanto, puntuou máis veces que perdeu nos seus encontros como visitante. Posiblemente un dos males do equipo estea na faceta goleadora, pois é o menos goleador do grupo con só 14 goles, aínda que pola contra tampouco encaixa moitos dada a súa situación clasificatoria, pois leva 31 en contra. Os goles repártenos entre Maki (5), Che e Denís (3) e con un están Andrade, Dubra e Jorge Liñares.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – S.D. TORDOIA

Domingo 4 de febreiro; 16:15 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Gonzalo Belmonte Martell.

Asistentes: Juan J. Espiñeira Vara / Jorge Silva Corral

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *