Previa CD Baio-SD Esclavitud

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1872

732

437

703

3077

3066

TOTAL LIGAS

1643

635

381

627

2627

2695

1ª AUTONÓMICA

471

189

128

154

713

675

Volve o domingo o fútbol ao Platas Reinoso e recibiremos na vixésima xornada da Primeira Galicia á SD Esclavitud, equipo fundado na parroquia padronesa da Escravitude en 1968. Acaban de cumprirse 35 anos da primeira e única visita do equipo do Doce a Baio, pois foi o 11 de decembro de 1983 cando se disputou no Campo do Balsiño a única confrontación entre estes dous conxuntos, tamén na 1ª Rexional semiprovincial, e a vitoria foi para os baieses (4-1). Esta foi a única vitoria nos tres enfrontamentos entre os dous equipos, pois nos partidos xogados na Escravitude houbo un empate (1-1, na 1983-84) e unha derrota (2-0, no partido da primeira volta).

O partido do domingo

A SD Esclavitud está sorprendendo a todo o mundo coa gran campaña que está realizando, pois sendo un ascendido mantense durante toda a temporada nos postos altos da clasificación. E todo isto mantendo practicamente o bloque do ano anterior, con apenas fichaxes, destacando estas na portería, coa volta de Couso (Negreira), e as chegadas de Alexandre (Xuventú de Aguiño) e Sergio. Do Ordes B veu Estévez e do Boiro Xuvenil Miguel, e recentemente ficharon a Flori, o ex-gardameta do At. Ribeira que agora modificou de posición por outras máis adiantadas como facía no Sálvora. Na actualidade o míster, Juanvi Cameán, conta con 25 fichas sénior, e xa os utilizou a todos e incluso un xuvenil a maiores. Ningún dos xogadores disputou os 19 partidos, pero en 18 foi titular Iván Angueira; Yaki e Pichi disputaron os mesmos partidos, pero foron titulares 16 e 15 veces, respectivamente. Tamén 16 veces saíu de inicio o porteiro Couso e o medio Álex Gallego, unha vez máis que Estévez. Borja, Gonzalo, Juanito e Darío poderiamos dicir que serían os que completarían o once, con vantaxe sobre Fon, que participou tamén en 18 encontros, pero só dez de titular. Reparten titularidades e suplencias Jimmy, Álex Fariñas ou Jorge, mentres que Javi Merluzo e mesmo Miguel é habitual que saían desde o banco. Menos minutos suman os Hugo, Sergio, Andrés, Flori, Xenxo, Carlos ou o xuvenil Julio.

Na actualidade ocupa o 5º posto, con 34 puntos, logrados mediante dez vitorias (Dumbría 0-2, Baio 2-0, Bertamiráns 1-2, Bastavales 1-2, Lalín 1-0, Tordoia 2-0, Cordeiro 1-2, Chaián 0-3, Praíña 1-0 e Dumbría 2-1) e catro empates (na casa, Val do Ulla 2-2, Esteirana 2-2 e Unión 0-0; fóra, Piloño 2-2), e perdeu cinco partidos (Piloño 0-4, Sigüeiro 2-0, Fisterra 3-1, Flavia 1-2 e Soneira 5-2). Os seus puntos foron practicamente conseguidos tanto no seu campo como fóra, pois na casa leva 18 e fóra 16, disputando un encontro máis como local. Hai que destacar que das cinco derrotas tres foron cos tres primeiros e as outras dúas con equipos que poderían estar aí arriba. Como visitante marcou 16 goles e encaixou 15, e en tan só un deles -en Sigüeiro- non logrou marcar. Acumula na actualidade sete xornadas sen perder (5 vitorias e 2 empates), o que fixo que estea loitando co Baio pola cuarta praza. O seu máximo goleador é Darío, con 7 goles, seguido de Juanito e Pichy, con 3; levan 2 Fon, Abel, Javi Merluzo, Gonzalo e Álex Fariñas, mentres que con 1 están Estévez, Jimmy, Jorge, Flori, Hugo e Julio.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – S.D. ESCLAVITUD

Domingo 27 de xaneiro; 16:15 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Denís Añón Salgueiro.

Asistentes: Brian Agüero Seoane / Aitor Escourido Álvarez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *