A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1828 |
712 |
423 |
693 |
3011 |
3020 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1601 |
618 |
367 |
616 |
2570 |
2651 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
429 |
172 |
114 |
143 |
652 |
631 |
O CD Baio vaise enfrontar na duodécima xornada da Primeira Galicia ao Fisterra SD, no primeiro dos tres derbys que vai disputar. O club fisterrán e, como o CD Baio, un dos fundadores da Liga da Costa, alá pola temporada 1963-64, e esta vai actual é a súa 51ª temporada, pois deixou de competir en catro campañas. Logo da súa fundación, o Fisterra compite en tres ligas da Costa, para retirarse na cuarta edición; volve na quinta, pero non disputará a sétima; de novo retorna na oitava, e dase de baixa na décima e undécima. A partir da 1974-75 xa competirá de xeito ininterrompido. As tres primeiras na Liga da Costa, para xogar na Preferente da 1977-78 á 1979-80. Por unha reforma das categorías logra o ascenso á 3ª División (é o segundo club da Costa que o logra, tras o Noia; despois virían Bergantiños, Malpica ou Santa Comba). Dous anos estivo en categoría nacional, para baixar para a Preferente na 1982-83, categoría na que estivo ata a 1987-88. As tres campañas seguintes estivo na Liga da Costa da 1ª Rexional, e as dúas seguintes na da 2ª Rexional. Na campaña 1993-93 volve xogar na 1ª Rexional provincial, categoría na que se mantería ata a temporada 1999-2000. Tras dous anos na Liga da Costa, volve xogar na 1ª Rexional provincial na 2002-03, pero volve para a liga costeira na que vai botar as seguintes nove campañas. Xoga na 2012-13 na 1ª Autonómica semiprovincial, pero xa volve descender para a seguinte a Liga da Costa, na que se mantivo ata que na 2015-16 logra o ascenso de novo á 1ª Autonómica na que milita por segundo ano consecutivo. En definitiva, o Fisterra SD competiu dúas temporadas na 3ª División, 8 na Preferente, 29 na Liga da Costa e leva 12 na 1ª Autonómica. Nestes anos foi campión da Liga da Costa en catro ocasións (1976-77, 1992-93, 2001-02 e 2015-16) e tres veces da Copa da Costa (1978-79, 1996-97 e 2016-17), sendo ademais finalista deste trofeo nas campañas 1963-64, 1969-70, 1975-76, 1992-93 e 1997-98.
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
50 |
19 |
10 |
21 |
096 |
113 |
|
Xogados en Baio |
|||||
|
25 |
16 |
02 |
07 |
064 |
031 |
Esta será a vixesimosexta temporada na que coincidan os dous conxuntos, catro delas na Preferente, tres na 1ª Rexional provincial e o resto na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 10 de maio de 1964 en terras fisterrás, con clara vitoria local (7-1), para xogarse o primeiro partido en Baio o 28 de xuño dese ano e con vitoria tamén local (1-0). Nas súas dúas seguintes visitas o Fisterra gañou no Balsiño, para empatar na seguinte. Despois virían catro triunfos consecutivos dos baieses, entre eles un categórico 10-2 da temporada 1970-71 (habíao devolver o Fisterra na 75-76). Nesta última e na seguinte os fisterráns marcharon cos puntos de Baio para emprender o seu meteórico ascenso de categorías. Non volveron cadrar os dous equipos ata a 1984-85, na Preferente, con vitoria baiesa; nas dúas seguintes gañou o Fisterra, e na cuarta e definitiva nesta categoría volveu impoñerse o Baio. Na 1989-90 e 90-91 o Baio goleou na Liga da Costa da 1ª Rexional, igual que no primeiro enfrontamento da 1ª Rexional, que tivo lugar na 1994-95; os dous seguintes anos que cadraron foi nesta categoría e o Baio volver vencer (1999-2000 e 2002-03). Xa todos os demais enfrontamentos foron na Liga da Costa, de xeito consecutivo desde a campaña 2006-07, na que gañou o Baio, un empate deuse na seguinte, e vitorias dos baieses nas tres seguintes, para golear o Fisterra na 2011-12, que foi a última vez que coincidiron os dous históricos clubs costeiros. En definitiva, as estatísticas dos partidos xogados en campo baiés amosan que o Baio saíu vitorioso nuns dous terzos das veces que se enfrontaron, pero se nos atemos aos enfrontamentos totais as tornas viran un pouco a favor do Fisterra.
O partido do domingo
O Fisterra SD, tras as súas dúas últimas grandes campañas, coa consecución da Liga da Costa na 2015-16 e da Copa da Costa na 2016-17, afronta esta campaña con renovadas ilusións. Moitos trocos no equipo, que comezaron coa marcha do adestrador baiés Nacho Barreiro, e de moitos xogadores que deixaron o club tanto a comezos da pasada campaña como desta. Nesta actual un equipo moi novo é o que presenta o cadro fisterrán, coa presenza dalgún ilustre veterano. As fichaxes foron poucas, e tres delas chegaron desde o UC Cee: o porteiro Paulo, ademais de Gabriel Pazos e Noé; do Baíñas chegou o dianteiro Víctor Agulleiro, e dos xuvenís subiu Andrés. Fíxose cargo do banco o muradán Felipe Candamo, pero logo da décima xornada abandonou o equipo e agora o barco está nas mans dun fisterrán de honra como é Noé, o xogador con máis partidos na 3ª División galega.
Nesas once xornadas a base do equipo estivo formado pola presenza como fixos no once inicial de Dani e Piti na defensa, e de Roa e do xuvenil de primeiro ano Ezequiel no centro do campo. Para a portería fóronse alternando Paulo e Joselu; Breixo, Robertín e Pablo Lestón tamén xogaron case todos os partidos de titulares, podendo ter esta consideración tamén Fabián e Tati. Na dianteira Víctor é seguro desde que se incorporou ao equipo, e fóronse relevando no once homes como Jesús, Grabriel Pazos ou Andrés. Menos minutos tiveron Isma Leis, Mané ou Noé, así como os xuvenís Dani Martínez ou Aarón, sendo tamén o xuvenil Isaac titular nas dúas últimas xornadas.
O Fisterra está situado na 14ª posición, con 11 puntos, conseguidos tras tres vitorias e dous empates. Tras empatar nas dúas primeiras xornadas (en Valga e co Sigüeiro), perdeu na casa co Soneira, pero despois sumou dous triunfos en Berdillo e co At. Ribeira. Despois estivo cinco xornadas perdendo (en Silleda, Chaián e Bertamiráns, e na casa con Unión e Flavia), para volver á senda dos triunfos na pasada semana, ao impoñerse ao pechacancelas Tordoia. O equipo suma unha boa cantidade de goles, 19, por 22 en contra. O seu máximo goleador é Víctor, con 5 goles, seguido por Roa con 4, Ezequiel con 3 e Pablo Lestón con 2.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – FISTERRA S.D.
Domingo 19 de novembro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (BaIo).
Árbitro: Miguel Suárez Carnota
Asistentes: Marco García Vázquez / Daniel Naya Rey

