Previa Xuvenil CD Baio-Ponteceso SD

Dispútase este sábado a 14ª xornada da Liga da Costa Xuvenil, na que o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao Ponteceso SD. Tras a vitoria da pasada semana en Muxía, aínda que con máis apuros dos previstos, os rapaces de Bieito-MC teñen unha nova oportunidade de seguir subindo postos na clasificación. Para iso teñen que impoñerse a un Ponteceso que leva unha boa xeira nas últimas xornadas, e que ocupa actualmente a oitava posición, con 19 puntos, tras 12 partidos disputados. Manteñen unha sólida defensa como tarefa primordial para sacar adiante os partidos, e boa mostras diso son os 19 goles encaixados, que o converten no quinto menos goleado do grupo. Na parte ofensiva levan 34 goles a favor, sendo o seu máximo goleador Iván, que suma 12 goles, seguido de Carlos, con 6. Chega a este partido tras golear a semana pasada ao Sofán, e impoñerse anteriormente con solvencia na súa visita a Coristanco. Ademais, o cadro pontecesán foi capaz de impoñerse a algún dos equipos punteiros, como Corme ou Esteirana. É polo tanto unha boa pedra de toque para un CD Baio que debe mostrar o seu poderío durante os noventa minutos e intentar non ver como lle remontan o encontro, como sucedeu algunha vez esta temporada.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL (GRUPO 2º)

C.D. BAIO – PONTECESO S.D.

Sábado 18 de novembro; 16:15 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio)

Árbitro: Adrián Pérez Rellán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *