Previa: CD Baio-Cordeiro CF

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1844

716

429

699

3029

3034

TOTAL LIGAS

1617

622

373

622

2588

2665

1ª AUTONÓMICA

445

176

120

149

670

645

Na vixésimooitava xornada da Primeira Galicia o CD Baio vai enfrontarse ao Cordeiro CF no Platas Reinoso. O club representativo do concello de Valga foi fundado en 1969, e cumpre na actual a súa 49ª temporada competindo. A pesar da súa condición de club pontevedrés, sempre disputou os campionatos encadrado na delegación de Santiago, polo que a Liga do Sar foi o seu espazo natural. Tras 13 campañas nesta liga (ou na xa denominada 2ª Rexional), vai ascender á 1ª Rexional semiprovincial, na que estará 4 temporadas, para seguir, logo da división deste grupo en dous (Costa e Santiago), na 1ª Rexional cinco campañas máis. Na 1990-91 desfanse estes grupos da 1ª Rexional e o Cordeiro encádrase na 2ª Rexional, na que vai xogar dúas temporadas, para caer ao inferno da 3ª Rexional na 1993-94. Volve subir ao ano seguinte e tras 11 campañas na 2ª Rexional, proclámase campión na 2004-05 e sobe á 1ª Rexional provincial. Non lle foron ben as cousas nesta categoría e é pechacancelas e volve descender. 7 campañas máis estivo na 2ª Autonómica ata que na 2012-13 se proclama de novo campión e ascende á 1ª Autonómica, de novo semiprovincial, na que suma coa actual a quinta temporada consecutiva. En definitiva, son 15 temporadas na 1ª Rexional (5 delas como Liga do Sar), 33 na 2ª Rexional e 1 na 3ª Rexional. Neste tempo conseguiu os campionatos de liga da 1ª Rexional Grupo 2A na 1987-88 (perdeu a promoción de ascenso á Preferente co Camariñas), e dous da 2ª Rexional (2004-05 e 2012-13).

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

11

7

1

3

16

13

Xogados en Baio

5

3

1

1

8

5

Esta é a sexta temporada na que coinciden os dous conxuntos, todas elas na 1ª Rexional. A primeira confrontación foi o 8 de xaneiro de 1984, e no campo do Balsiño o Baio impúxose por 3-0. Haberá que agardar ao novo século para a segunda visita dos de Valga a Baio, e foi na temporada 2005-06, na 1ª Rexional provincial, coa particularidade de que se xogou dúas veces o partido: a primeira o 23 de outubro, e rematara con empate (1-1), pero no encontro producírase un grave erro do colexiado -no minuto 65 co marcador 0-1-, ao anular un gol aos locais marcado de penalti sinalando libre indirecto contra os baieses, en vez do correcto que era a repetición do lanzamento. O Baio reclamou ante o Comité de Competición e este decretou a reanudación do partido o día 8 de decembro desde o minuto 65 co lanzamento do penalti por parte baiesa e o marcador que sinalaba naquel momento 0-1; pero o Baio erraría o penalti e recibiría dous goles máis (0-3), a pesar de ser o Cordeiro o colista, e para máis inri coa reclamación o Baio perdera o punto do empate e ese punto foi o que fixo que o equipo baiés descendese esa temporada polos arrastres tras quedar empatado co San Lorenzo de Berdillo pero con peor golaveraxe.

E despois deste anaco da nosa historia, volvemos aos enfrontamentos entre o Baio e o Cordeiro, os últimos deles máis recentes. Na 2013-14, na 1ª Autonómica semiprovincial, o Baio impúxose ao equipo de Valga por 3-1. Tamén se impuxo na temporada seguinte, na 2014-15, aínda que de maneira máis apertada (2-1) e na última vez que o Cordeiro xogou no Platas Reinoso, na campaña 2015-16, o partido rematou en empate (0-0). Polo tanto as estatísticas amosan un superioridade do Baio sobre o Cordeiro, tanto nos partidos xogados en Baio como en Valga.

O partido do domingo

O Cordeiro CF é un dos poucos conxuntos do grupo que xa ten cuberto o ano con creces, pois xa practicamente se pode dar como salvado do descenso, obxectivo básico co que afrontou esta campaña. O equipo ocupa actualmente o 10º posto tras a vitoria na última xornada ante o Tordoia, co que rompeu unha xeira de cinco partidos sen gañar. Suma un total de 35 puntos, colleitados de 9 vitorias, 8 empates e dez derrotas. Xogou 14 partidos como local, nos que sumou 20 puntos, pero tamén fixo moitos como visitante, pois nos 13 partidos sumou 15. Fóra de Valga gañou nos campos do At. Ribeira, Tordoia, Agolada e Fisterra, e sacou un empate da casa do Soneira, Lalín e Chaián; mentres que veu derrotado das súas visitas a Unión, Flavia, Piloño, San Lorenzo, Silleda e Bertamiráns.

José Luis González Eiras utilizou no que vai de temporada 23 xogadores sénior e 2 xuvenís. Tan só dous deles participaron en todos os encontros ligueiros: Gabriel Ferreiros, que ademais foi titular en todos eles, e Isaac, que saíu desde o banco nun terzo deles. Xunta eles outros xogadores son practicamente fixos nas aliñacións, como son o porteiro Pablo (o xuvenil Busto xogou 4), Tourís, Manuel, Rubén, Alexandre, Magariños ou Jesús. Tamén contan con bastantes titularidades Sergio, Xenxo, Yago ou Mateo aínda que ultimamente quen se están facendo un oco no once son Juanjo Touriño e o xuvenil Antón. O goleador Bustelo reparte titularidades e suplencias, e outros que teñen minutos son Castro, Portela, Álvaro, Christian e mesmo Anxo. O Cordeiro leva marcados ata o momento 42 goles, pero ollo, que leva máis fóra da casa que no Municipal de Baño (22 por 20), o que pode dar mostras do seu gusto por xogar á contra. En contra recibe tamén bastantes goles, pois os 46 que leva (20 na casa e 26 fóra) só son superados polos cinco últimos. O seu máximo goleador é Bustelo, con 7 goles, seguido de Jesús con 5, e con 4 están Rubén e Alexandre; con 3 están Castro, Gabriel, Mateo, Tourís e Xenxo; suman 2 Antón e Sergio, e para completar os trece xogadores que marcaron, levan 1 Isaac e Yago.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – CORDEIRO C.F.

Domingo 8 de abril; 18:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Álvaro Gil Soriano

Asistentes: Andrea Baneira Suárez / Jorge Silva Corral

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *