A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1869 |
730 |
437 |
702 |
3070 |
3061 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1640 |
633 |
381 |
626 |
2620 |
2690 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
468 |
187 |
128 |
153 |
706 |
670 |
Na décimosétima xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao Chaián CF para pechar o ano 2018 e tamén a primeira volta da competición. O equipo do concello de Trazo compite desde hai 34 temporadas. Tras botar as súas primeiras trece campañas na categoría máis baixa (3ª Rexional, ou 2ª cando a Liga do Sar pasou á 1ª) ascendeu á Liga do Sar tras proclamarse campión da 3ª na 1997-98. Tres temporadas na Liga do Sar, e o subcampionato na 2000-01 valéronlle para subir á 1ª Rexional provincial, categoría na que botaría catro temporadas. Dúas temporadas na Liga do Sar, a segunda delas, a 2006-07, como campión e novo ascenso á 1ª Autonómica provincial. Mais só estaría un ano nela, para iniciar un descenso, primeiro á Liga do Sar e despois á 3ª Autonómica. No segundo ano nesta proclámase campión e sobe de novo á Liga do Sar. Tras seis temporadas consegue o campionato na 2016-17 e ascende á 1ª Galicia semiprovincial, na que se atopa nestes momentos. Son, logo, 12 temporadas na Liga do Sar, 15 na 3ª Rexional, e coa actual 7 na 1ª Rexional. Nas súas vitrinas figuran dúas Ligas do Sar (2006-07 e 2016-17) e outras dúas da 3ª Rexional (1997-98 e 2010-11); e a maiores o subcampionato da Copa do Sar da 2014-15 (perdeuna co Flavia, 2-0).
Esta é a sexta temporada na que coincidan os dous conxuntos, todas elas na 1ª Rexional. As catro primeiras foron consecutivas entre a campaña 2001-02 e a 2004-05. O primeiro enfrontamento foi o 11 de novembro de 2001, no Platas Reinoso, con vitoria baiesa por 3-2. Na temporada seguinte o Chaián gañaría en Baio (0-2), para empatar 1-1 na 2003-04 e gañar de novo o Baio na 2004-05 (2-1). Tras moitas temporadas volveron coincidir a temporada pasada, e no Platas Reinoso inauguraron a campaña 2017-18 con empate no marcador final (0-0). As estatísticas amosan unha igualdade entre os dous equipos, que son lixeiramente favorables aos baieses nos partidos xogados como local (dúas vitorias, dous empate e unha derrota); e lixeiramente favorables ao Chaián nas totais (dúas vitorias baiesas e tres do Chaián, con cinco empates).
O partido do domingo
O Chaián CF compite unha temporada máis na 1ª Galicia, e faino cun profundo cambio no seu cadro de xogadores, pois só mantén sete membros da campaña pasada. Polo tanto, o equipo tivo que reforzarse e fíxoo con ata 16 fichaxes, moitas delas procedente do Zona Vella, do que chegaron cinco xogadores: Jacobo Álvarez, Paco, Rodrigo, Losada e Sergio Varela. As outras foron Botana (Arzúa), Giadás (Esclavitud), Adrián García e Puga (Milladoiro), Guille e Antonio (O Pino), Barreira (San Lázaro), Adrián Cabado (Belvís), Isidro (ADM Peleteiro), Dani (Amio) e Sergio López que estaba sen equipo. Manuel Pereiro Turrisi foi relevado do banco hai un mes e o seu lugar foi ocupado por Marcos Donnici, que o ano pasado estivo nos xuvenís da SD Compostela. Das 23 fichas sénior das que dispoñen os dous adestradores utilizaron ata o momento 22 xogadores (o gardameta Carlos Giadás foi o único que non xogou). O seu xogador máis destacado, o centrocampista Martín González, é o único que disputou os 16 partidos, e fíxoo ademais disputando todos os minutos. Un partido menos disputaron como titulares o porteiro Peri e os defensas Jacobo Álvarez e Rubén Pájaro. Adrián Cabado, Losada e Botana tamén son habituais nos onces iniciais; para as outras prazas habitualmente escolleron os místers a Raúl, Rodrigo e Jaco López. Isidro, Adrián García, Sergio Varela e Paco foron titulares na metade dos encontros e suplentes no resto. Menos oportunidades tiveron o porteiro Gabi Puga, Dani García, Javi Carracedo, Antonio, Pablo Franco, Sergio López ou Barreira.
Na actualidade ocupa o 14º posto, con 16 puntos, logrados mediante cinco vitorias (Bertamiráns 1-0, Esteirana 0-1, Cordeiro 3-0, Unión 0-2 e Praíña 1-0) e un empate (Soneira 0-0 como local), e perdeu dez partidos (Sigüeiro 0-2, Val do Ulla 1-0, Bastavales 1-2, Lalín 4-1, Fisterra 0-3, Flavia 3-1, Tordoia 2-1, Piloño 1-0, Dumbría 4-2 e Esclavitud 0-3). As dez derrotas convérteno, xunto coa Esteirana, no equipo que máis partidos perdeu, e tan só suma 1 empate. Como visitante tan só sumou 6 puntos, coas súas vitorias en Esteiro e Asados. Os seus rexistros goleadores sitúano como o máis pobre do grupo, pois tan só marcou 14 goles, e encaixou 25; mais curiosamente marcou máis goles como visitante que como local (8 por 6); e 15 goles recibiu fóra de Augas Santas. Os seus goles repártense entre seis xogadores: con 3 están Jaco López, Isidro e Adrián García; 2 goles suman Adrián Cabado e Paco, e Raúl, con 1, completa a súa particular táboa de goleadores.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – CHAIÁN C.F.
Domingo 23 de decembro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Alejandro García Mosquera.
Asistentes: Daniel Naya Rey / Víctor Jacobo Rodríguez Bernal.

