Previa: CD Baio-CF Dumbría

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1854

721

432

701

3044

3049

TOTAL LIGAS

1625

626

376

623

2600

2676

1ª AUTONÓMICA

453

180

123

150

682

656

O CD Baio vai debutar esta temporada no Platas Reinoso recibindo a un equipo da Costa, o CF Dumbría. E, por incrible que pareza, esta vai ser a primeira vez que estes dous equipos se enfronten en partido de liga. Si o fixeron na Copa da Costa (en dúas eliminatorias, unha delas a final da temporada 2004-05), e tamén se enfrontou o Baio ao filial Dumbría B, pero nas 23 temporadas que leva competindo o club dumbriés non cadraron nunca. O CF Dumbría fundouse en 1996, e as catro primeiras campañas disputou a 3ª Rexional, para ascender á Liga da Costa logo da 1999-2000. Boas campañas na liga costeira do Dumbría pero non foi ata a 2005-06 cando se proclamou campión e ascendeu á 1ª Autonómica provincial. Cinco campañas estivo nesta categoría, ata que o subcampionato da temporada 2010-11 lle valeron o ascenso á Preferente. Outros cinco anos estivo nesta categoría ata que descendeu á 1ª Autonómica, logo da 2015-16. Pero só estivo unha campaña neste grupo semiprovincial, pois o título ligueiro valeulle para ascender de novo á Preferente. Pero a nova experiencia na Preferente tan só durou unha temporada, e descendeu outra vez para esta 1ª Galicia semiprovincial. En total, son 6 temporadas na Preferente, 4 na 3ª Rexional, 6 na 2ª Rexional e esta é a 7ª na 1ª. As súas vitrinas teñen dous campionatos ligueiros: a Liga da Costa (2005-06) e o da 1ª Autonómica (2016-17); pero no que si conseguiu grandes éxitos foi na Copa da Costa, con catro títulos (2000-01, 2004-05, 2009-10 e 2013-14), e dúas finais perdidas (2011-12 e 2016-17).

O partido do domingo

O CF Dumbría descendeu da Preferente e vive unha nova campaña na 1ª Galicia coa intención de apostar pola idea de darlle saída aos xogadores que desde o xuvenil da Liga Galega van saíndo. Unha ampla renovación no plantel, que empeza no banco coa volta de Julián Ferreiro, que ascendera o equipo hai dous anos. Tan só quedan 10 xogadores do equipo da temporada anterior, con baixas significativas, sobre todo as que se foron para o Fisterra (Iván Bouzón, Aarón, Julio e Adrián Makkay), que se unen ás de Pesco, Iván González, Esteban Capelo ou Raúl Lestón. As altas chegaron de xente procedente de equipos xuvenís: do Bergantiños chegaron Alberto Loureiro e Marcos Mouro, e do propio Dumbría subiron Jorge, Eloy, Pablo Paz, Borja e Xabi. Xunto a eles viñeron catro caras novas, o porteiro Iván Baña (Dubra), os centrocampistas David García (Mazaricos) e Darío Capelo (Negreira) e desde o Cee retornou o dianteiro Charly. Dos que permaneceron destacan os veteranos Iago (mariscal xeneral do equipo), David Carreira, Sergio ou Matías, que van marcar a liña a seguir polos máis novos, nos que podemos incluír grandes xogadores que continúan como Diego Cespón, Rivi, Marcote ou Kanario.

Tras a sorprendente derrota na primeira xornada no Conco ante o ascendido Esclavitud, intentará empezar a sumar na súa visita ao Platas Reinoso. Enfronte terá un CD Baio que sumou a súa primeira vitoria en terras teenses, e quererá celebrar ante o seu público as festas cun novo triunfo. E ademais terá o especial engadido de dedicarlles a vitoria a tres grandes do club que se retiraron a pasada temporada e que van recibir unha homenaxe na previa do partido. MARIO, MARTÍN e RAMÓN ben merecida que a teñen.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – C.F. DUMBRÍA

Domingo 9 de setembro; 18:30 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Ángel Acuña Piñeiro

Asistentes: Héctor Pérez Álvarez / Brais Núñez Guerreiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *