Previa CD Baio-CD Unión

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1852

720

431

701

3039

3045

TOTAL LIGAS

1623

625

375

623

2595

2672

1ª AUTONÓMICA

451

179

122

150

677

652

O CD Baio vai recibir no Platas Reinoso, na última xornada do Grupo 2 da Primeira Galicia, ao CD Unión de Asados. O equipo rianxeiro, fundado en 1969, disputa coa actual a súa 48ª temporada, logo de que se retirase na 1996-97. Tras once anos na Liga do Sar, ascende á 1ª Rexional na 1981-82, na que vai botar cinco temporadas, cumpridas elas ascende á Preferente, na que botará dúas campañas. Descende á 1ª Rexional na que se encadraba a Liga do Sar, na que está tres campañas para continuar na 1ª Rexional provincial as dúas seguintes. Descende á Liga do Sar e tras tres campañas baixa á 3ª Rexional, pero o club retírase nesa 1996-97. Volve competir na temporada 1997-98 na 3ª Rexional, e tras tres temporadas volve á Liga do Sar para a 2000-01, campaña na que queda campión, pero renuncia ao ascenso. Logo de tres temporadas máis, volve quedar campión na 2003-04 e agora si ascende á 1ª Rexional provincial. Cinco campañas botará nesta categoría para descender de novo á Liga do Sar, pero pouco duraría aquí pois proclámase campión nesa 2009-10 e regresa á 1ª Autonómica, e pouco duraría aquí porque acto seguido sobe á Preferente. A súa estancia aquí foi cousa dun ano, e volveu á 1ª Autonómica semiprovincial, na que acumula seis campañas consecutivas. Xa que logo, nesas 48 temporadas disputou tres ligas da 3ª Rexional, 23 da Liga do Sar, 3 da Preferente e esta é a súa 19ª campaña na 1ª Rexional. Nestes anos acumula 3 Ligas do Sar (2000-01, 2003-04 e 2009-10) e 1 Liga da 1ª Rexional semiprovincial (1985-86); así como 2 Copas do Sar (1974-75 e 1999-2000), sendo finalista tamén na 2007-08.

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

17

5

3

9

14

29

Xogados en Baio

8

3

1

4

08

15

Esta é a novena temporada na que coinciden os dous conxuntos, as tres primeiras na Rexional Preferente e as demais na 1ª Rexional. O primeiro enfrontamento foi o 16 de outubro de 1983, no Balsiño, con vitoria local por 3-2. Volveron cadrar na mesma categoría na temporada 1986-87 e desta volta os rianxeiros lograron vencer (0-1), pero os baieses tomaron o desquite na campaña seguinte (2-1). A seguinte confrontación foi no novo século, na temporada 2004-05, na 1ª Rexional provincial, e o partido acabou en empate. Repetiron na campaña 2005-06 e o Baio impúxose pola mínima (1-0). As tres últimas confrontacións no Platas Reinoso foron na 1ª Autonómica semiprovincial e nelas impúxose sempre o equipo de Asados: na 2013-14 venceron por 1-2, e na 2014-15 e 2015-16 golearon polo mesmo marcador (0-4). Polo tanto, lixeira vantaxe para o Unión nos partidos xogados en Baio, mentres que nas estatísticas xerais a vantaxe é maior.

O partido do domingo

O CD Unión realizou unha gran temporada e mantívose todo o ano nos postos altos, ocupando na actualidade o 5º posto, con 61 puntos. 18 vitorias, 7 empates e 8 derrotas son os números que leva ata o momento, cunha regularidade manifesta. Dos 17 partidos xogados como local sumou 32 puntos, e nos 16 como visitante leva 29; fixo 33 puntos na primeira volta e leva 28 na segunda. Como visitante logrou nove vitorias (Agolada, Fisterra, Silleda, Flavia, Tordoia, Cordeiro, At. Ribeira, Sigüeiro e Bertamiráns), 2 empates (Piloño e Bastavales) e cinco derrotas (Lalín, San Lorenzo, Puebla, Soneira e Chaián).

No que vai de temporada o adestrador Óscar Suárez Pimentel, Pimen, utilizou 20 xogadores sénior -aínda que catro foron baixa ao longo da campaña- e 5 xuvenís. Na actualidade ten 16 fichas sénior, e 14 deles repártense principlamente no equipo titular, o que dá mostra da igualdade do plantel. Tan só un xogador participou nos 33 partidos: o dianteiro Saviola (28 como titular), mentres que tres xogadores faltaron a dous partidos: o porteiro Eloy, o xuvenil Jorge (21 como titular) e o dianteiro Juanma (23 titularidades). Despois de Eloy, os que máis veces foron titulares son o propio Saviola e Óscar Galván, con 28, seguidos de Óscar Blanco, con 26, e Cristian, con 25. Tamén pasan de 20 titularidades Álex Conde, Juanma, Jorge, Bebeto e Xabier; mentres que teñen menos titularidades Chicho, Borja, Pablo Reboiras, Néstor e Mauro. Rebollido sae habitualmente do banco, e Manu Vigo é o menos utilizado dos xogadores sénior. O Unión marcou ata o momento 59 goles, o que o converten no 3º máis goleador do grupo, dos cales 30 foron logrados como visitante; mentres que encaixou 39 goles -o 4º menos goleado empatado co Baio-, dos que dous terzos foron como visitante -26-. O seu máximo goleador é Saviola, con 14 goles, seguido de Juanma con 12; Néstor leva 6, e con 5 están Chicho e Bebeto, ata completar os 13 xogadores que lograron marcar.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – C.D. UNIÓN

Domingo 20 de maio; 18:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Ángel Acuña Piñeiro

Asistentes: Carlos Martínez Rodríguez / Daniel Naya Rey

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *