Previa CD Baio-Bertamiráns FC

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1859

725

433

701

3052

3053

TOTAL LIGAS

1630

628

377

625

2602

2682

1ª AUTONÓMICA

458

182

124

152

688

662

Na sétima xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao Bertamiráns FC, club con moitos anos de vida, pois foi fundado en 1933, pero non foi ata este século cando alcanzou os seus maiores logros. Ascendeu por vez primeira á 1ª Rexional na temporada 1994-95 e logo de tres temporadas volveu descender á Liga do Sar. Retornou á categoría provincial na 2008-09, e na 2009-10 proclamouse campión e ascendeu á Preferente. Estivo as tres seguintes campañas nesta categoría, ata que na 2012-13 queda terceiro e ascende á 3ª División. Botou dúas temporadas na categoría nacional, ata que os problemas económicos fixeron que fose perdendo peso na competición e descenda de novo á Preferente. Na 2015-16 conseguiu salvarse do descenso, pero na 2016-17 os moitos arrastres condenárono a baixar á 1ª Galicia, categoría na que segue este ano. Foron logo 2 temporadas na 3ª División, 5 na Preferente e esta é a sétima na 1ª Autonómica. Á parte do título provincial xa comentado, conseguiu gañar a Copa do Sar nas temporadas 1992-93 e 2009-10, ademais da conseguida na 2013-14 polo seu filial, o Bertamiráns B. Este conxunto filial competiu durante varias campañas desaparecendo na actual, e cun bo historial pois chegou a militar na 1ª Autonómica durante 4 temporadas.

Esta é a terceira temporada que coinciden os dous conxuntos, todas elas na 1ª Autonómica. A primeira vez foi na temporada 1994-95, e o 4 de setembro de 1994, en Bertamiráns, o equipo local venceu por 4-3. O seu primeiro enfrontamento en Baio tivo lugar o 30 de xaneiro de 1995 e impuxéranse os baieses con facilidade (4-1). A temporada pasada volveron coincidir os dous conxuntos e o Bertamiráns logrou levar os tres puntos do Platas Reinoso (0-1). Á parte dos enfrontamentos co equipo A, durante tres campañas o CD Baio tamén se enfrontou na 1ª Autonómica co Bertamiráns B.

O partido do domingo

O Bertamiráns FC experimentou esta temporada un cambio radical, pois dos 20 xogadores que compoñen o primeiro plantel, tan só 8 continúan da campaña pasada. Con Juan Manuel Romero no banco chegaron ata 12 fichaxes, a maioría delas procedente do Chaián CF, como é o caso de Ángel, Jacobo, Daniel, Jorge Paz ou Cea; do Amio veu o dianteiro Jairo, Borja Márquez do Sigüeiro, Torres do Belvís ou Álex do Zona Vella, ademais de Bouzas e Miller do xuvenil e Brais, que estaba sen equipo. Actualmente ocupan o 16º posto, con catro puntos, todos eles colleitados na casa (gañoulle ao Praíña, empatou co Unión e perdeu co Esclavitud), mentres que fóra perdeu os tres (Cordeiro, Chaián e Dumbría). Na portería alternaron os tres porteiros do equipo xuvenil (Alfonso, Adrián e Alberto), mentres que outros 22 xogadores participaron xa no que vai de liga, tres deles tamén xuvenís. Xogaron de titulares en todos os encontros disputados Jorge Paz, Juan Vázquez, Ángel e Julio Díaz, e un menos saíron Saúl, Alvite, Martín e Jairo. Bouzas tamén disputou todos os encontros, pero case sempre saíndo do banco, e en cinco estiveron Cea e Ricardo, repartindo titularidades e suplencias no caso do primeiro, sempre desde o banco o segundo. Marcou o Bertamiráns nestes seis partidos un total de 4 goles (2 de Martín e 1 de Ángel e Julio Díaz) e recibiu 9 tantos.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – BERTAMIRÁNS F.C.

Domingo 14 de outubro; 16:30 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Ángel Acuña Piñeiro.

Asistentes: Andrés Méndez Couceiro / Maikol Andrés Cabana Braida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *