A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1861 |
726 |
434 |
701 |
3055 |
3055 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1632 |
629 |
378 |
625 |
2605 |
2684 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
460 |
183 |
125 |
152 |
691 |
664 |
Na novena xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao Bastavales UD, club que disputa a súa segunda temporada na 1ª Galicia tras moitos anos na Liga do Sar. Despois do intento da temporada 2015-16, na que quedou ás portas do ascenso na liguiña de promoción co Sp. Zas, a temporada 2016-17 converteuse nun paseo para eles no Grupo 4º da 2ª Galicia, proclamándose campión con varias xornadas de adianto. A temporada do seu debut na 1ª Galicia foi o equipo revelación, manténdose toda a campaña nos postos altos, para rematar na 6ª posición. Ademais dese título ligueiro, o Bastavales UD foi dúas veces finalista da Copa da Sar, sen conseguir lograr o título; a primeira vez foi na 1977-78 (perdeu co Padrón SD) e a segunda na 1916-17 (perdeu co Piloño SD).
Xa que logo, esta é a segunda temporada que CD Baio e Bastavales UD coinciden. Na campaña pasada o primeiro partido xogouse en Brión (1-1) e o segundo foi no Platas Reinoso, o 18 de marzo de 2018, con vitoria do Baio por 2-0.
O partido do domingo
O Bastavales UD mantén boa parte do seu bloque da temporada pasada, por iso sorprende tanto a súa clasificación a estas alturas. Fundamentalmente as baixas dos dous Adrián, Pereira e Beiroa, ten que notarse arriba, que se completan coas de Dani Santos, Toni, Lito, Sergio ou Róber Villaverde. Tamén deixou o banco Pika, ocupando o seu posto Álex Romero, que a campaña pasada logrou gañar a Liga da Costa coa SD Esteirana. 17 xogadores continúan da pasada campaña, aos que se suman catro fichaxes para completar as 21 fichas que actualmente ten. Richi, desde o Ordes, Roberto Prendes (Chaián), Eloy Campos (Esteirana) e Farrah (Araño), son as novidades, aos que inicialmente se sumaba o defensa Rúa (Ordes), pero causou baixa para fichar polo Arzúa. Ata o momento o míster utilizou 25 xogadores, incluíndo 7 xuvenís. Unicamente Viti foi titular nas 8 xornadas, xogando tamén os oito partidos Julián Nieto, o xuvenil Gabriel Mirazo e Álex Vila. En 7 partidos foi da partida Richi, e en 6 Emilio Mariño e Xaco. Na portería Minfonti xogou máis que David Insua; e canda eles tamén foron moi utilizados Óscar Rodríguez e Baliño. Polos outros postos foron pasando Fran García, Laba, Eloy Campos ou Raúl Insua.
Na actualidade ocupa o 15º posto, con 6 puntos, logrados mediante dúas vitorias (Unión 2-1 e Chaián 1-2), mentres que perdeu os outros seis partidos (Soneira 1-0, Tordoia 1-4, Cordeiro 2-0, Praíña 2-3, Dumbría 2-1 e Esclavitud 1-2). Como vemos, a maior parte dos seus partidos son disputados e decididos pola mínima, e así leva marcados 9 goles e encaixados 16. Como visitante marcou 3 goles e tan só recibiu 6; con sete realizadores de ditos tantos: Laba e Julián Nieto suman 2, e con 1 están Baliño, Xaco, Raúl Insua, Eloy Campos e Farrah.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – BASTAVALES U.D.
Domingo 28 de outubro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Álvaro Gil Soriano.
Asistentes: Álvaro Rodríguez Souto / Samuel Yuste Vázquez.

