A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1849 |
719 |
430 |
700 |
3036 |
3039 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1621 |
624 |
374 |
623 |
2592 |
2670 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
449 |
178 |
121 |
150 |
674 |
650 |
O CD Baio vai recibir na trixésimosegunda xornada da Primeira Galicia ao Atlético Ribeira no Platas Reinoso, no que vai ser unha auténtica final para os dous conxuntos, que buscan evitar o descenso de categoría. O Atlético Ribeira é un club fundado en 1968, que celebra coa actual a súa temporada 50ª, e que comezou a súa andadura no grupo do Barbanza da Liga do Sar na campaña 1968-69, e catro temporadas despois lograba o ascenso á Preferente, na que botou un ano, para volver á Liga da Sar de novo só unha temporada. Na 1974-75 xogaba na Preferente e nesta categoría botaría cinco anos ata que logra o ascenso á 3ª División. Outras cinco campañas na categoría nacional (da 1979-80 á 1983-84), para volver ao seu terreo natural que era a Preferente, na que botaría as seguintes nove campañas. Na 1993-94 xoga na 1ª Rexional provincial, e igualmente nas seguintes seis temporadas, logo das cales volve á Preferente. Cinco temporadas máis na división biprovincial, para volver caer á 1ª Rexional, na que está tres anos antes de descender para a Liga do Sar. Dúas campañas na liga local do Barbanza e volve á 1ª Autonómica e outras dúas tempadas despois volve á Preferente. Da 2013-14 á 2015-16 xoga na Preferente, para descender de novo á 1ª Autonómica semiprovincial, categoría na que se atopa actualmente. En definitiva, o At. Ribeira leva disputadas 7 temporadas na Liga do Sar, 5 na 3ª División, 23 na Preferente e coa actual son 15 na 1ª Rexional. Neste tempo conseguiu 4 Ligas do Sar (1968-69, 1971-72, 1973-74 e 2010-11), 1 liga da 1ª Rexional (2000-01) e 1 liga da Preferente (1978-79); así como 1 Copa do Sar (2010-11), sendo finalista na temporada 1969-70.
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
17 |
6 |
6 |
5 |
18 |
14 |
|
Xogados en Baio |
|||||
|
8 |
6 |
1 |
1 |
11 |
03 |
Esta é a novena temporada na que coinciden os dous conxuntos, as cinco primeiras na Preferente e as catro restantes na 1ª Rexional provincial. O seu primeiro enfrontamento en terras baiesas foi o 3 de febreiro de 1985, e o Baio impúxose por 2-0. Na temporada seguinte nova vitoria dos baieses (1-0), para conseguir empatar o Ribeira na 1986-87 (0-0). Novamente se deu un 1-0 na campaña 1987-88 e na última na Preferente o Baio venceu no Balsiño por 3-1. Houbo que agardar uns aniños, para que coincidisen na 1ª Rexional, e o Baio volveuse impoñer cun marcador axustado (2-1), nunha temporada na que foi campión. Tras descender da Preferente o Baio volviu cadrar co At. Ribeira na temporada 1999-2000, e nova vitoria baiesa por 2-0. A 2000-01 foi a última vez que cadraron e os ribeirenses levaron por vez primeira a vitoria de Baio ao vencer no Platas Reinoso por 0-1, nunha campaña na que eles foron os campións ligueiros. Polo tanto, as estatísticas mostran unha clara superioridade do Baio nos partidos que xogou como local, mentres que no global os números están moi igualados.
O partido do domingo
O Atlético Ribeira xoga en Baio as súas posibilidades de saír de postos de descenso tras os seus triunfos nas dúas últimas xornadas. Ocupa a 16ª praza, con 29 puntos, a só un do posto de salvación (sen contar posibles arrastres) e a seis do CD Baio. 8 vitorias e 5 empates, con 18 derrotas, son os seus números ata o momento. Xogou 16 partidos como local, nos que sumou 18 puntos, e 15 como visitante, nos que sacou 11 puntos. As súas vitorias fóra da Fieiteira chegaron nos campos do San Lorenzo, Silleda e Bertamiráns (estas dúas nas súas dúas últimas saídas), e os empates viñeron nos terreos do Flavia e Chaián, mentres que caeu nos partidos co Lalín, Piloño, Fisterra, Unión, Tordoia, Agolada, Bastavales, Cordeiro, Soneira e Sigüeiro.
Con Pedro Yugueros no banco, foron 19 os xogadores sénior utilizados, aínda que catro xa causaron baixa e chegou nas últimas xornadas o dianteiro Vicente. Con 15 fichas actualmente, a axuda do equipo xuvenil é fundamental, e ata 14 xogadores desta categoría chegaron a xogar co primeiro equipo, algúns deles, como Juan ou Yago, xa fixos nas convocatorias. Ningún deles participou na totalidade dos partidos, aínda que Adam só faltou a un. Xunto a el, son fixos das aliñacións os defensas Marcos, Esteban e David; os centrocampistas Fran Pena e Josema e o dianteiro Madiop. Na portería Sergio foi o titular case en toda a campaña, pero ata catro porteiros defenderon a meta ribeirense, nas últimas xornadas faino o xuvenil Adrián Pérez. Xunto a estes, Álvaro e Gude son case sempre da partida, e tamén contan con moitos minutos o xuvenís Juan, no lateral, e Yago, na dianteira, e nas últimas xornadas o recuperado Cameán e a fichaxe Vicente (ex do Palmeira). Treus e os demais xuvenís adoitan saír desde o banco. O At. Ribeira leva marcados 41 goles, o que é unha boa cifra para o posto que ocupa, pero págao cos 73 encaixados, o que supón o segundo máis goleado do grupo tras o Silleda. Destaca que marcou máis goles como forasteiro que como local (22 por 19), aínda que tamén encaixa máis como visitante (41 por 32). Conta cun dos máximos goleadores do grupo, o africano Madiop, que leva 16 goles. Máis lonxe están Fran Pena, con 6, e Josema, con 5; e xa con 3, Juan e Vicente, así ata completar os doce xogadores que lograron marcar.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – AT. RIBEIRA
Domingo 6 de maio; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Brais Rosende Cancela
Asistentes: Iván Miño Rojas / Santiago Lobón Martínez

