A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1836 |
714 |
427 |
695 |
3024 |
3029 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1609 |
620 |
371 |
618 |
2583 |
2660 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
437 |
174 |
118 |
145 |
665 |
640 |
O CD Baio vai viaxar este domingo ata terras de Amaía para enfrontarse ao Bertamiráns FC, club con moitos anos de vida, pois foi fundado en 1933, pero non foi ata este século cando alcanzou os seus maiores logros. Ascendeu por vez primeira á 1ª Rexional na temporada 1994-95 e logo de tres temporadas volveu descender á Liga do Sar. Retornou á categoría provincial na 2008-09, e na 2009-10 proclamouse campión e ascendeu á Preferente. Estivo as tres seguintes campañas nesta categoría, ata que na 2012-13 queda terceiro e ascende á 3ª División. Botou dúas temporadas na categoría nacional, ata que os problemas económicos fixeron que fose perdendo peso na competición e descenda de novo á Preferente. Na 2015-16 conseguiu salvarse do descenso, pero na 2016-17 os moitos arrastres condenárono a baixar á 1ª Galicia, na que volve competir este ano. Foron logo 2 temporadas na 3ª División, 5 na Preferente e esta vai ser a sexta na 1ª Autonómica. Á parte do título provincial xa comentado, conseguiu gañar a Copa do Sar nas temporadas 1992-93 e 2009-10, ademais da conseguida na 2013-14 polo seu filial, o Bertamiráns B. Este conxunto filial competiu durante varias campañas desaparecendo na actual, e cun bo historial pois chegou a militar na 1ª Autonómica durante 4 temporadas. E é que as categorías de base son o alicerce do proxecto deste club, que leva varios anos sendo un dos tres clubs galegos con máis equipos en competición.
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
03 |
01 |
00 |
02 |
07 |
06 |
|
Xogados en Bertamiráns |
|||||
|
01 |
00 |
00 |
01 |
03 |
04 |
Esta é a segunda temporada que coinciden os dous conxuntos, as dúas na 1ª Autonómica, sendo a primeira delas na temporada 1994-95. O seu primeiro enfrontamento tivo lugar en Bertamiráns o 4 de setembro de 1994 e rematara con vitoria local por 4-3. No partido de volta xogado en Baio impuxéranse os baieses con facilidade (4-1), e no último enfrontamento desta temporada o Bertamiráns conseguiu levar os tres puntos do Platas Reinoso (0-1). Á parte dos enfrontamentos co equipo A, durante tres campañas o CD Baio tamén se enfrontou na 1ª Autonómica co equipo B.
O partido do domingo
O Bertamiráns FC podería ser un dos chamados a estar nos postos altos da clasificación, dada a súa condición de descendido da Preferente, pero a súa renovación do plantel fíxoo algo irregular, e na actualidade ocupa postos intermedios. Ata un total de 24 xogadores sénior e outros catro xuvenís utilizou no que vai de temporada Moscoso, aínda que dous deles xa non están no plantel. Pola contra, recentemente foron fichados dous xogadores de nivel contrastado, os dous con pasado no cadro aurinegro: o xa veterano Iván, que estaba sen xogar tras militar a pasada campaña no Val do Ulla, pero cunha traxectoria de varios anos en 3ª Divisón e Preferente (Bertamiráns, Estudiantil, Estradense…); e o máis novo Emilio, que a pesar de contar só con 24 anos xa conta cun historial completo tamén entre Preferente e 3ª, pois logo de saír dos xuvenís do Conxo, pasou polo Grixoa, Bertamiráns, Estudiantil, Villestro e Noia, no que estivo ata finais do mes do outubro, sendo titular na maioría dos partidos. Nun cadro no que se combina veteranía con xuventude, son dous rapaces chegados de categoría xuvenil os únicos que participaron en todos os partidos, Julio Díaz e Juan Vázquez, coa diferenza de que o primeiro foi titular en todos eles. Son case fixos xunto a Julio no once os Pinaque, Sande, Kevin, Pablo Souto, Cacho, Álex Boo ou Meijide. A portería parecía cousa de Pouso, pero ultimamente Martín estivo xogando bastante; o resto dos postos repártenos entre Saúl, Adrián Alvite, Juan Vázquez ou Diego Vidal, e evidentemente agora as novas fichaxes. Menos minutos teñen os Moscoso, Ces, Xenxo, Erik ou Sergio.
O 9º posto que ocupa o Bertamiráns pode ser enganoso, pois nas últimas xornadas apertouse moito a clasificación, e cos seus 30 puntos está a só oito do líder. Xogou os mesmos partidos como local que coma visitante, e sacou deles os mesmos puntos, quince. Na casa gañou catro partidos (Agolada, Lalín, Fisterra e Sigüeiro) e empatou tres (San Lorenzo, Silleda e Chaián), perdendo con Tordoia e Piloño. Fóra da casa impúxose a Sigüeiro, Baio, Cordeiro, Ribeira e Tordoia; mentres que perdeu co Puebla, Bastavales, Soneira e Flavia. É dicir, como local non foi quen de gañarlles a catro equipos que figuran nos postos baixos. Leva ata o momento marcados 29 goles e encaixou 24; repartindo os goles entre Pinaque (7), Cacho (6), Álex Boo (5), Julio Díaz (4) e cinco xogadores máis con un único gol e dous máis marcados polos rivais.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
BERTAMIRÁNS F.C. – C.D. BAIO
Domingo 28 de xaneiro; 16:45 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: Municipal (Bertamiráns).
Árbitro: Enrique Refojo Ferreiros.
Asistentes: Sergio Silva Mella / Bárbara Ana Álvarez Castro

