A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1876 |
734 |
437 |
705 |
3085 |
3070 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1647 |
637 |
381 |
629 |
2635 |
2699 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
475 |
191 |
128 |
156 |
721 |
679 |
O domingo o CD Baio viaxa ata o concello de Ames para enfrontarse ao Bertamiráns FC, un club histórico pois fundouse xa en 1933 a pesar de que esta poboación non se converteu na vila que hoxe coñecemos ata a última década do século XX. O gran volume poboacional que ten este concello fixo do Bertamiráns FC un dos clubs de referencia nas categorías de base, sendo un dos que máis equipos ten en Galicia, e iso tamén se reflectiu no primeiro equipo que chegou a militar na 3ª División. Pero as últimas temporadas este equipo sénior sufriu unha transformación e acabou descendendo ata a 1ª Galicia, categoría na que milita agora.
Esta é a terceira temporada que coinciden os dous conxuntos, todas elas na 1ª Autonómica. A primeira vez foi na temporada 1994-95, e o 4 de setembro de 1994, en Bertamiráns, o equipo local venceu por 4-3. A temporada pasada volveron coincidir os dous conxuntos e no Municipal de Bertamiráns non houbo goles (0-0). Polo tanto, o Baio non logrou vencer aínda en Bertamiráns, mentres que nas estatísticas xerais están igualados. Á parte dos enfrontamentos co equipo A, durante tres campañas o CD Baio tamén se enfrontou na 1ª Autonómica co Bertamiráns B.
O partido do domingo
O Bertamiráns FC, como diciamos, está nunha transformación na que parece apostar por xente da nova, e froito diso é o cambio no seu plantel, no que quedan agora mesmo tan só sete xogadores da campaña pasada. Moitas fichaxes a comezo de temporada, moitos deles procedentes do Chaián CF, que se viron incrementadas durante o transcurso da competición, mais tamén houbo baixas neste tempo. Esta situación fixo que o equipo se vise sempre en postos baixos da clasificación e que non lograse encadear unha serie de resultados que os sacase do perigo de descenso. Os cambios tamén chegaron ao banco, pois Juanma Romero abandonou o banco tras 21 xornadas, e agora é o director deportivo Álex Parada quen se fixo cargo do equipo. Durante a temporada catro fichaxes do verán abandonaron o equipo (Jacobo Estévez e Brais para o Bastavales, Miller para o Agrón e Jonhatan para o Urdilde), xunto con outras máis recentes como a de Kevin. Pola contra, incorporaron a Cacho, que exercía de 2º adestrador, e ao porteiro Rubén Santos (Cacheiras), pero sobre todo boraton man do conxunto xuvenil. Actualmente contan con 17 fichas sénior, pero xa foron 32 os xogadores utilizados -catro deles baixas xa, e 11 son xuvenís, algúns deles xa fixos nas convocatorias-. O único xogador que participou nas 23 xornadas foi Julio Díaz, titular todas elas; un partido menos interveu Juan Castro, aínda que foi titular en 21 partidos, os mesmos que Martín Meijide, e un máis que Adrián Alvite. Xunto a eles, o dianteiro Jairo e os defensas Jorge Paz e Álex Espiña son habituais no once inicial. Na portería ata catro cérberos puxeron os guantes, tres deles xuvenís, pero é Alfonso Pouso o que interveu na metade dos encontros. Outros xogadore moi utilizados foron Cea, Manu Bouzas, Ángel Casalderrey ou Saúl; combinan o once e as saídas desde o banco os xuvenís Joel e Ángel Muñiz, ou Daniel López e Cacho; mentres que Ricardo Martín e o xuvenil Pablo Vila adoitan saír desde o banco.
Na actualidade ocupa o 17º posto, con 20 puntos, logrados mediante cinco vitorias (Praíña 2-0, Esteirana 3-1, Lalín 3-1, Tordoia 2-0 e Unión 0-1) e cinco empates (na casa, Unión 0-0, Flavia 1-1 e Chaián 1-1; fóra, Val do Ulla 3-3 e Bastavales 1-1), e perdeu trece partidos (Cordeiro 2-1, Chaián 1-0, Dumbría 4-0, Esclavitud 1-2, Baio 2-1, Sigüeiro 1-7, Piloño 3-5, Fisterra 3-0, Soneira 2-1, Cordeiro 1-2, Praíña 5-0, Dumbría 0-5 e Esclavitud 2-1). Nas últimas xornadas acumula tres derrotas seguidas, mais hai que ter en conta que en sete partidos perdeu pola mínima, o que dá mostras da competitividade, e que foi quen de impoñerse a equipos como o Tordoia e Unión e empatar co Flavia no Municipal. O seu máximo goleador é Julio Día, con 8 goles, seguido de Jairo con 6, con 3 está M. Meijide; suman 2 Ángel, Muñiz e Cacho, mentres que con 1 figuran Juan Vázquez, Jorge Paz, Cea e Joel.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
BERTAMIRÁNS F.C. – C.D. BAIO
Domingo 24 de febreiro; 17:30 horas.
Saída de Baio ás 15:30 horas.
Campo: Municpal (Bertamiráns).
Árbitro: Alejandro Romero Pardo.
Asistentes: Rodrigo Nieto Abelenda / Ana Bárbara Álvarez Castro.

