Previa Bastavales UD-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1879

737

437

705

3099

3073

TOTAL LIGAS

1649

639

381

629

2641

2701

1ª AUTONÓMICA

477

193

128

156

727

681

O domingo o CD Baio viaxa ata Brión para enfrontarse ao Bastavales UD, club que alcanzou hai dúas temporadas o seu teito ascendendo á 1ª Galicia tras proclamarse campión do seu grupo da 2ª Galicia na 2016-17. Non tivo o mesmo éxito na Copa do Sar, na que foi subcampión esa mesma temporada (perdeu co Piloño SD), como xa o fora na 1977-78 (caeu co Padrón SD).

Esta é a segunda temporada que coinciden Bastavales e Baio, tras coñecerse por vez primeira a campaña pasada. O 29 de outubro enfrontáronse no Campo Municipal de Brión, e o partido rematou en empate (1-1), mentres que no da segunda volta en Baio impuxéronse os locais (2-0). Esta campaña tocoulles xogar primeiro no Platas Reinoso e o conxunto brionés levou un punto ao empatar 1-1.

O partido do domingo

O Bastavales UD, tras ser o equipo revelación da campaña pasada, está pasando un mal ano, pois non logrou endereitar o rumbo e non dá saído dos postos baixos da clasificación. A pesar de contar con boa parte do plantel da temporada anterior (ata 18 xogadores seguiron no club), o equipo non logrou os mesmos resultados. Iso si, tivo baixas importantes como as dos seus dianteiros Adrián Pereira e Adrián Beiroa, así como o adestrador que os levara da 3ª Galicia á 1ª, como era Pika. Esta temporada confiaron o labor técnico en Álex Romero, que o ano pasado gañara a Liga da Costa coa Esteirana, pero as cousas non foron ben e foi substituído por Manuel Pereiro Turrisi, que este ano xa iniciara a liga co Chaián CF. Actualmente conta o equipo con 23 fichas sénior, logo de dúas baixas: Eloy Campos (Outes) e Roberto Prendes, que se compensaron con outras chegadas xa iniciada a temporada como Jacobo Estévez e Brais Otero (Bertamiráns) ou a recente de Picallos (Belvís). Os dous adestradores usaron ata o momento 31 xogadores, 7 deles xuvenís, sen que ningún deles participase en todos os partidos. Ao dianteiro Julián Nieto faltoulle un, pois foi titular 23 veces e unha suplente; xunto a el Richi, Emilio Mariño, Baliño, Álex Vila e Xaco son habitualmente da partida. Outros que saíron moitas veces no once son o xuvenil Gabriel Mirazo, Viti, Fran García, Laba e David Mirazo, repartíndose practicamente a titularidade os porteiros David Insua e Minifonti. Menos partidos xogou Raúl Insua, Óscar Feijoo, Villaverde, Óscar Rodríguez ou Jacobo Estévez. Desde o banco adoitan saír Farrah, Miguel Castro, Luis Rey, Brais ou Mintes.

Na actualidade ocupa o 17º posto, con 22 puntos, logrados mediante seis vitorias (Unión 2-1, Chaián 1-2, Val do Ulla 1-3, Piloño 2-1, Chaián 2-0 e Dumbría 2-0) e catro empates (na casa, Bertamiráns 1-1, Lalín 0-0 e Cordeiro 1-1; fóra, Baio 1-1), e perdeu quince partidos (Soneira 1-0, Tordoia 1-4, Cordeiro 2-0, Praíña 2-3, Dumbría 2-1, Esclavitud 1-2, Sigüeiro 2-4, Esteirana 4-1, Fisterra 3-0, Flavia 1-3, Soneira 0-3, Tordoia 3-2, Unión 3-1, Praíña 2-1 e Esclavitud 2-0). Sete xornadas seguidas sen vencer afundírono na táboa, e agora polo menos gañou os seus dous últimos partidos como local, que o manteñen a tiro de pedra da salvación. Como local conseguiu 15 dos 22 puntos que ten, marcando na casa a maioría dos seus goles (17 de 29), e encaixando 23 do 48, cifra esta que os coloca como o terceiro máis goleado do grupo. O seu máximo goleador é Julián Nieto, con 8 goles, seguido xa lonxe por Laba e Richi, con 3. Levan dous Baliño, eloy Campos, Raúl Insua, Farrah e Villaverde, mentres que con un están Emilio, Xaco, Viti, David Mirazo e Brais.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

BASTAVALES U.D. – C.D. BAIO

Domingo 17 de marzo; 17:00 horas.

Saída de Baio ás 15:00 horas.

Campo: Municipal de Brión (Brión).

Árbitro: Daniel Val Castro.

Asistentes: José Luis Miguélez Granja / Bruno Iglesias Penela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *