O que queda, que non é pouco!!!

Esta semana púxose ao día a competición do Grupo 2 da 1ª Galicia, coa disputa dos dous partidos suspendidos no seu día polo temporal. O pasado xoves un interesante duelo entre dous dos favoritos ao título de liga, entre o Puebla e o Agolada, que se resolveu de lado local grazas a dous goles de Changui no segundo tempo, un deles olímpico, para Álex Diéguez igualar a golaveraxe particular co seu gol nos minutos finais. E este domingo o Bastavales impúxose con dificultades a un combativo Tordoia, que viu como os locais se adiantaban con dous goles de Pereira e Viti, pero un penalti transformado por Liñares antes do descanso, dáballe emoción ao segundo tempo. Neste un rebumbio na área local trouxo o empate de Dubra, pero axiña reaccionaron os locais e Mirazo de cabeza puxo o definitivo 3-2; curiosamente os dous últimos goleadores serían expulsados pouco despois. Con estes marcadores o Puebla e o Bastavales achéganse perigosamente ao Piloño e Agolada e poñen moita emoción ao tramo final da liga.

Pola súa parte, pola parte baixa o Tordoia segue no posto de arrastre, con dous de vantaxe sobre o At. Ribeira e San Lorenzo, e a catro do seguinte na táboa, o CD Baio. Aquí vos deixamos o que nos queda de liga pola parte baixa e pola parte alta para que vaiades botando as vosas contas, pero lembrade que as contas da feira nunca coinciden coas do mercado. En primeiro lugar, o calendario do CD Baio, que este vindeiro domingo recibe no Platas Reinoso ao Cordeiro CF.

14º                   CD BAIO             (28 PUNTOS)
Casa Fóra
CORDEIRO CF FISTERRA SD
SONEIRA SD SD SAN LORENZO
AT. RIBEIRA SILLEDA CF
CD UNIÓN

Os demais equipos implicados no descenso teñen o seguinte calendario, descartando xa o Silleda CF, que con 16 puntos ten moi complicado saír desa situación:

11º    FISTERRA SD  (32 PUNTOS) 12º       SIGÜEIRO CF   (32 PUNTOS) 13º      CHAIÁN CF      (29 PUNTOS)
Casa Fóra Casa Fóra Casa Fóra
TORDOIA LALÍN SILLEDA
BAIO AGOLADA UNIÓN BASTAVALES AT. RIBEIRA SIGÜEIRO
PUEBLA LALÍN CHAIÁN PILOÑO UNIÓN FLAVIA
BASTAVALES PILOÑO CORDEIRO FLAVIA BERTAMIRÁNS TORDOIA
15º    SD TORDOIA   (24 PUNTOS) 16º   AT. RIBEIRA   (22 PUNTOS) 17º  SD SAN LORENZO  (22 PUNTOS)
Casa Fóra Casa Fóra Casa Fóra
FISTERRA SONEIRA CHAIÁN FLAVIA
S. LORENZO AT. RIBEIRA FLAVIA BERTAMIRÁNS BERTAMIRÁNS TORDOIA
SILLEDA UNIÓN TORDOIA BAIO BAIO AGOLADA
CHAIÁN AGOLADA PUEBLA PUEBLA LALÍN

E xa postos, imos analizar a loita polo título e a promoción de ascenso entre os seis principais candidatos, que teñen este calendario:

1º  SD PILOÑO   (55 PUNTOS) 2º   SD AGOLADA    (54 PUNTOS)    PUEBLA CF   (52 PUNTOS)
Casa Fóra Casa Fóra Casa Fóra
PUEBLA AGOLADA PILOÑO CORDEIRO BASTAVALES PILOÑO
BASTAVALES LALÍN FISTERRA SONEIRA CORDEIRO FISTERRA
SIGÜEIRO CORDEIRO SAN LORENZO AT. RIBEIRA SONEIRA SAN LORENZO
FISTERRA SILLEDA AT. RIBEIRA
4º   UD BASTAVALES   (51 PUNTOS)     SD FLAVIA    (49 PUNTOS)    CD UNIÓN    (48 PUNTOS)
Casa Fóra Casa Fóra Casa Fóra
LALÍN PUEBLA SAN LORENZO AT. RIBEIRA SIGÜEIRO
SIGÜEIRO PILOÑO SILLEDA UNIÓN SILLEDA CHAIÁN
CORDEIRO FISTERRA CHAIÁN BERTAMIRÁNS FLAVIA BERTAMIRÁNS
SONEIRA SIGÜEIRO TORDOIA BAIO

A vindeira semana impresionante xornada con dobre enfrontamento entre os implicados na parte alta. No Hospitalillo os dous primeiros dirimirán a loita polo liderato, cun SD Agolada que vén de tres derrotas consecutivas, e un SD Piloño que tampouco gañou nas dúas últimas xornadas. E na Alta, o Puebla CF, que acumula 16 xornadas sen perder recibe á revelación do grupo, a UD Bastavales, que quere prolongar o seu soño. Os outsiders Flavia e Unión poden aproveitarse dos resultados dos catro primeiros para achegarse a eles se vencen nos seus partidos contra os dous últimos da clasificación, San Lorenzo e Silleda, respectivamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *